A Universidá de Uviéu pide un glotónimo respectuoso pra el galego de Asturias

Posición de AXUNTAR, Asociación prá Normalización del Galego de Asturias, en relación coa recién publicada Declaración del Grupo Acreditado de Investigación Seminariu de Filoloxía Asturiana  da Universidá de Uviéu coel título:

Discrepancia ideológica y rigor intelectual en el debate público sobre la lengua en Asturias”:

Consideramos un paso de enorme relevancia el feito de que desde a Universidá salia un comunicado nel que se reconoce a filiación galego-portuguesa da nosa variedá dialectal e tamén que se reconozan en termos de igualdá as dúas linguas de Asturias que tán en proceso de oficialidá.

Vemos tamén como positivas as afirmaciois en relación coa igualdá cognitiva das linguas e a dignidá dos sous falantes correspondentes.

Parécenos especialmente significativo el comentario acerca da denominación da nosa lingua, prá que -dicen- se tein utilizado úa serie de glotónimos con matices ás veces de “alcance muy local” e outras de “naturaleza limitante o despectiva”. 

Valoramos como un gran avance que se recomende úa denominación que contemple a súa plena dignidá idiomática e a súa inequívoca tipoloxía galego-portuguesa.

Desde Axuntar entendemos que el reconocemento da filiación galego-portuguesa da lingua del Eo-Navia desautoriza, por indefendibles con criterios científicos, denominaciois alternativas como a de “fala eo-naviega” e defendemos el Glotónimo de galego de Asturias porque eso é lo que é, por muitas voltas e reviravoltas que se lle queira dar.

Esperamos que Asturias sía capaz de asumir el reto de preservar os sous idiomas propios e posicionarse, sen renunciar al sou pasado, nun futuro vivo, global e dinámico, unde el plurilingüismo e a diversidá cultural serán  elementos de progreso.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *