Reunión con Cristina Tuero e Pablo Testa
Este xoves 2 de decembro Axuntar tuvo úa entrevista telemática con representantes del grupo político Podemos Asturies.
Axuntar tá levando a cabo úa serie de reuniois coel propósito de trasladar as súas propostas aos grupos parlamentarios e partidos políticos que van ter voz na próxima oficialidá dos idiomas propios de Asturias.
En Axuntar manifestamos a nosa satisfacción coa reunión mantida virtualmente cos representantes de Podemos-Asturies: Cristina Tuero (portavoz da formación) e Pablo Tesla, (responsable de asuntos lingüísticos) cos que dialogamos sobre a situación del galego de Asturias e a próxima reforma estatutaria.
Por axuntar acudimos Moisés Cima Fernández, Natalia Jardón, Miguel Suárez e Enrique González.
Houbo úa clara voluntá de buscar consensos e de traballar en Estaxas que tein que ver col respecto e dignificación del galego de Asturias como idioma propio de Asturias.
Fixémoslles saber parte das nosas inquietudes, como pode ser a necesidá de úa presencia adecuada na TPA, que consideramos actúa coa comarca asturiana de idioma gallego dun xeito que significa a exclusión da nosa realidá lingüística.
Neste sentido, quedamos en trasladar por escrito as propostas de Axuntar encarriladas a garantizar un trato equiparado desta lingua propia de Asturias, en relación coel asturiano, e a toma de decisiois dacordo coa súa pertenza al Corpus lingüístico galego-portugués así como a necesidá de crear úa Academia ou Instituto del gallego de Asturias.
Desde Axuntar entendemos que este organismo de tutela permitiría aprobar úas normas ortográficas e morfolóxicas consensuadas e fairía que os falantes del galego eonaviego tuvesen el reconocemento, os recursos e a representación institucional adecuada e necesaria.
Consideramos que atopamos certa sintonía na relevancia que se lle ten que dar á riqueza cultural que se guarda na zona del Eo-Navia (e por muitos falantes e descendentes de falantes que habitan en todos os concellos de Asturias) e que é un Patrimonio del que Asturias debe sentirse orgullosa
As nosas propostas foron debatidas con tranquilidá e permiten pensar que, polo menos respecto a esta formación política, ábrese un camín de comunicación democrático imprescindible, que nos posibilita sentirnos partícipes das decisiois que se tomen na Xunta Xeneral del Principado de Asturias como cámara representativa que é de todos os asturianos/as.
Desde Axuntar agradecemos a acollida de Podemos Asturias.