Estas historias relacionadas coel embalse del Río Navia contábanse por Zadamoño hai muitos anos e son recordos escritos por Rosa Cortizo:
CONTOS DEL MEU VOLO
Volo, cóntame un Conto
daquelos que me contabas:
da culobra del embalse
que dúas cabezas portaba;
de truitas que partían as canas de tanto como pesaban:
da xana que nel regato a súa larga melena peinaba,
chamando aos homes con cántigas e nanas;
dese mouro que tía os dentes como navallas...
Cóntame cómo eran aquelos xatos tan grandes como gabarras,
e daquel día que encontrache
pepitas de ouro na beira del río Navia
e fixiches un dente de ouro que tanto a ti che gustaba.
Cóntame, volo, as brebaxes que sabía fer a bruxa de Brañavara,
os llobos que na serra andaban ás súas anchas
e el medo que tíamos os nenos naquelas noites de esfollada.
Rosa Cortizo
E falando de contos, historias e lendas…
De pequena, en Boal, sempre escuitei falar del PAPÓN. Inda recordo cómo me imaxinaba que era este personaxe mitolóxico da nosa zona eo-naviega. Debía ter úa gran papada, úa barriga enorme e aspecto de persoa búa, pero… todo esto ocultaba un ser mui glotón, que raptaba os nenos e nenas -choramicas e que durmen mal- pra comelos. Un día caín na calle e púxenme a chorar. Pasaba por alí un neno algo maior ca min que, al verme, dixo: “As nenas que choran, chámanse choramicas!” Qué medo pasei aquela noite recordando a frase! Tía claro que viría el Papón e que me comería dun solo bocado. E por máis que apuraba a dormir, resúltabame imposible, así que el Papón tía dous motivos polos que vir a comerme… sin masticar -decían os contos-.
“Era si, era non, que te comerá el Papón, que túa madre vei na misa e tou padre nel sermón”.
El Papón existe nel Occidente de Asturias e en Galicia. En Extremadura chámase Zamparrón; en Cataluña, Papu; nas dúas Castillas, Tragaldabas, Zampón e Zarrampla; en Euzkadi, Gargantúa; en Portugal chámanse papãos ou bicho-papão e son as máis populares criaturas da mitoloxía lusa. En Asturias hai úa versión feminina: a Zamparrampa, a única muller deste grupo “comedor”. Os papois presentan grandes similitudes cos «ogros», xigantes que se alimentaban de carne humana. Pero diferéncianse nun pequeno matiz: non comen cualquer ser humano. Os papois solo comen nenos e nenas! Por eso nos daban máis medo que el home del saco ou que os propios ogros.
Hai outro personaxe mitolóxico del Eo-Navia, concretamente propio da costa: el HOME MARÍN.
El home marin é un ser mui grande con escamas por todo el corpo, us dentes averdosados e na súa cabeza desgreñada os cabelos tein aparencia de oucas. Dícese que se alimentan de nenos e nenas e que sempre que poden mantein relaciois sexuales coas rapazas que atopan alredor del mar, nas praias, cerca del auga… Na Veiga conócese como «El marín». Nel Franco cóntase a historia dun home marín que se dedicaba a espiar ás mozas que iban a úa fonte situada cerca da praia. En Conto algúa quedaba sola, intentaba abusar dela. Cóntase tamén que un día ese home marín foi apresado e morreu de fame tras negarse a comer durante muitos días. Fálase tamén na zona de outro home marín capturado en Porcía, que morreu de pena al verse privado de libertá. «Nos días de galerna, oíaselle proferir grandes risotadas e berros mentras esbatuxaba as augas, fendo salir grandes chorros de auga salada por el bufón de Porcía que chiscaban todos os eiros». El home marin asturiano y los homes mariños de Galicia (davidtebras.com (Aquí atoparedes muitos máis personaxes míticos).
En toda a costa dícese que merodea por el mar en busca dos barcos pesqueiros e, condo los atopa, rompe os sous aparellos de pesca e as redes. Condo hai tormentas achégase pra destrozar os barcos antes de que podan volver a porto e aos mariñeiros déixalos abandonados nel medio del mar.
El home marín ta mui relacionado cos “homes mariños“, personaxes da mitoloxía galega. Xurxo Souto Eiroa (escritor, icenciado en Filoloxía Clásica, director e actor, conocido por ser el cantante da banda de rock en galego “Os diplomáticos de Monte Alto”) recolle a historia destos seres e cóntanos: “No patrimonio lendario da cidade da Coruña contamos cuns seres mitolóxicos únicos e exclusivos, pois só aparecen documentados nunha cita que os sitúa nesta auga. Estou a falar dos “homes mariños”. Lembro ben o arrepío que sentín, hai xa cinco lustros, cando lin por primeira vez esta cita de Jerónimo del Hoyo. Tanta foi a emoción que tiven a necesidade de escribir unha novela: O retorno dos homes mariños”.
Esta é a crónica contada por el cardeal Jerónimo del Hoyo, nel século XVII, nel barrio da PESCARÍA da Coruña, da que fala Souto:
“Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lle parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as rás.
Nas cabezas, peitos e costas teñen unhas espiñas negras e moi delgadas, que mesmo parecen pelos.
Din os mareantes que son presaxio de grandísima pesca e amigos da xente humana, e que lles dan pan.
Falando eu cun mariñeiro honrado dixo que indo cun amigo seu polo porto nun batel saíulle a el un destes peixes. E sacando medio corpo e os brazos da auga agarrouse ao barco e fixo como quen que entraba dentro. E como o mariñeiro comezou a se alborotar e aflixir, o peixe, como se tivese entendemento, soltouse do barco e volveu á auga.
Outros dixéronme que vindo outra vez por dito porto nos seus barcos viron estar un destes peixes virado cara arriba, que tal parecía un home afogado. Achegáronse, para o traer enterrar e o peixe, cando os sentiu perto, afundiuse nas augas.
A estes peixes por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños” .
Na literatura galego-portuguesa da Idade Media hai úa historia de úa muller mariña que serve pra explicar a orixe da linaxe gallega dos Marinhos. Trátase polo tanto de úa lenda xenealóxica e nela cóntase el rapto por un cabaleiro de úa muller marina misteriosa e muda e a progresiva integración da misma na sociedá humana. Aparece recollida por primeira vez nel Livro de linhagens del conde de Barcelos (sobre 1344) da seguinte maneira:
O primeiro foi ûu cavaleiro boo que houve nome dom Froiam, e era caçador e monteiro. E andando ûu dia em seu cavalo per riba do mar, a seu monte, achou ûa molher marinha jazer dormindo na ribeira. E iam com ele tres escudeiros seus, e ela,quando os sentio, quise-se acolher ao mar, e eles forom tanto empos ela, ata que a afilharom, ante que se acolhesse ao mar. E depois que a filhou a aqueles que a tomarom fe-a poer em ûa besta, e levou-a pera sa casa. E ela era mui fermosa, e el fe-a bautizar, que lhe nom caia tanto nome nem ûu como Marinha, porque saira do mar; e assi lhe pôs nome, e chamarom-lhe dona Marinha. E houve dela seus filhos, dos quaes houve ûu que houve nome Joham Froiaz Marinho. E esta dona Marinha nom falava nemigalha. Dom Froiam amava-a muito e nunca lhe tantas cousas pode fazer que a podesse fazer falar. E ûu dia mandou fazer mui gram fugueira em seu paaço, e ela viinha de fora, e trazia aquele seu filho consigo, que amava tanto como seu coraçom. E dom Froia foi filhar aquele filho seu e dela, e fez que o queria enviar ao fogo. E ela, com raiva do filho, esforçou de braadar, e como braado deitou pela boca ûa peça de carne, e dali adiante falou. E dom Froia recebeo-a por molher e casou com ela.