A palabra de marzo: cimón, cimois

Nel dicionario del galego de Asturias, de Varela Aenlle:

Cimo. V. cimón 1ª e 2ª acep. 2. Brote da flor do nabo. cimón. s. m. (pl. cimois). Parte superior do nabo que contén a semente e que cando está tenra é comestible. 2. Talo central do nabo. 3. Por extensión, brote que bota o piñeiro e outras plantas.

Nel dicionario da RAG:

Cimón: Substantivo masculino. 1Gromo desenvolvido no nabo, do que saen as flores. Xantou uns poucos cimos cocidos con aceite. SINÓNIMO grelo 2Rebento tenro e máis alto da col. Caldo de cimos.

Os cimois (especie Brassica rapa L. var. rapa) son as follas del nabo (B. rapa var. rapa). Nel sou final aparecen as flores. El sabor dos cimois tense descrito como agradable, lixeiramente amargo e picante, hai quen dice que próximo al da noz. É fonte de vitaminas AC, e K, así como de potasiocalcio e ferro. Condo a flor xa ta desarrollada el cimón endurécese e xa non se pode comer, pois non se pon brando inda que se coza muito tempo. As follas novas da Brassica rapa, condo inda non tein flores, son as nabizas ou rabizas. Os cimois recoléctanse nel momento inmediatamente previo á floración, condo aparecen as xemas (proceso coñecido como “grelar“), nel mes de febreiro ou marzo, e as rabizas son as mismas follas antes desa fase (a partir de outubre-novembre). Estas follas del nabo cómense nos seguintes lugares:

Son mui populares na gastronomia de Galicia e tamén nas zonas de León e Asturias limítrofes con Galicia: El Bierzo e El Eo-Navia. En Portugal son imprescindibles en muitos platos da súa cocía. En Italia consúmense sobre todo nel sur de Italia (en napolitano chámanse friarielli), na Campania (capital Nápoles) e en Sicilia, ademais de na cocía romana (en Roma o cimón chámase broccolétti). A reiz del cimón utilízase en gran parte da cocía del sur, sobre todo na provincia de Bari, onde se lle chama “Cime di Rapa”. En Alemania consúmese el cimón en Renania, na rexión del Rin e en Westfalia, onde se comen picados e cocidos al vapor acompañando carnes. Nos Países Baxos consúmese tamén como guarnición dos platos de carne (raapstelen.).

Esta receta de Clara González Álvarez vén del Llombatín:

Cachelos con cimois, chourizo e morcilla.

Pela as patacas e córtalas de forma que se tronchen; é dicir, non se corta en recto senón que nel último momento viras un pouco el cuitelo pra que escachen. El tamaño del corte da pataca influiará nel tempo en que tarde en cocerse. Tendo en conta el xeito tradicional das ribeiras asturianas del Navia qur recollemos nesta receta, vamos cortar as patacas en cachos grandois, pois vamos cocer todo xunto. Nun cazo á parte pois a cocer 2 ovos. Limpar os cimois con auga abonda.. Cortalos en cachíos. As follas tirando a grandes, os talos algo máis pequenos. A parte que é máis gorda córtala al largo pra que despós os cachíos queden máis pequenos. Tein que tar ternos, tanto el talo como as follas que se utilizan. Pon úa pota al lume con abundante auga e sal. Condo fervan, botas as patacas, os dous chourizos e úa ou dúas morcillas e os cimois. As morcillas e chourizos que queden debaxo da verdura, tapados pola auga. Que vaia cocendo todo pouco a pouco. Normalmente us 25, 30 minutos asta que vexas que os cimois tán brandíos, cuidando que as patacas non se desfagan. Condo teñan cocidos escolas el auga (ten cuidado non queimarte nesta operación) e volves poñer todo al lume us dous minutos pra conseguir que se evapore a auga e queden as patacas e cimois ( ou grelos) secos e recudidos. Empratas cimois e patacas, un cacho de morcilla e outro de chourizo, mesturas tamen partido el ovo cocido e botas un recho abundante de aceite de oliva por riba de todo.

Os cimois na literatura

Hai un único Deus… pero este Deus verdadeiro ten tres naturalezas: pode ser pai, fillo ou espíritu. Ou seña, coma el nabo: el mesmo nabo é a ao mesmo tempo, nabo, nabiza e cimón, ou seña grelo. Pois así é como entenden el misterio da Trindade. (…) Dice un personaxe, el presbítero Inocencio, natural da zona de Navia de Suarna na novela Ao sur da Liberdade de Xosé-Henrique Costas. P. 108. Edicions Morgante.

Aquí 135 receitas con cimois.

Refrais:

Nel tempo del cimón, el peón. Refrán que alude á necesidá de xente pra traballar na recolleita dos cimois (recollido por Varela Aenlle, nel sou Dicionario del galego de Asturias).

El que nun ten nada que fer, sacha os nabos antes de nacer.

Polo Pilar, os nabos no polvo e o viño a envasar.

Por San Lucas, un nabo en cada punta. (San Lucas, 18 de outubro).

Por San Vicente chanta os nabos da semente. (San Vicente, 22 de xeneiro).

Campo de cimois. Fotografía de Begoña Martín

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *