El profesor Josu Amezaga Albizu
El inglés é a lingua dominante na oferta audiovisual europea. El hábito de consumir contido en grandes plataformas internacionales de “streaming” aumentou muito nos últimos anos pero sigue sendo el inglés a lingua dominante.
É certo que tamén se poden ver películas e series de televisión nos principales idiomas dos estados europeos pero as linguas minorizadas tein presenza mui escasa. Solo cinco linguas minoritarias tein contido nas maiores plataformas. El orden dos contidos por importancia sería el seguinte: catalán, galego, euskera, galés e luxemburgués.
Sobre este tema falou nel Parlamento Europeo hai semanas el profesor Josu Amezaga, director del Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidá da EHU (Universidá del País Vasco) e investigador del grupo NOR IKERKETA TALDEA. Josu Ameza presentou el informe Language diversity and accesibility of streaming plataforms in the EU . Según acreditou el profesor, das docías de idiomas minorizados que existen na U.E tan solo os cinco anteditos tán presentes nas plataformas. El resto de linguas sigue mui lonxe de poder formar parte da oferta audiovisual. Por exemplo, solo hai úa obra en galés.
Nas plataformas de Amazon Prime, Neflix, H.B.O, Disney Plus, Filmin, ou Agalega. podemos acceder a centos traballos con audio e subtítulos ofertados en catalán, hai algo menos unde escoller en galego e xa el numero é máis escaso en euskera. Pero el reparto é desigual, así, por exemplo, en Disney Plus hai 677 obras con audio en catalán e non hai ningúa en euskera. Ademais, según recolle Josu Amezaga nas conclusiois, a audiodescrición é escasa en todas as linguas, pero especialmente nas outras linguas distintas del inglés.
Por outra banda, afirma que Conto máis novo é el contido nalgúas plataformas, máis idiomas aparecen. Pero sendo certo que aparecen máis idiomas nas pistas de audio e nos subtítulos en traballos máis recentes, el problema é que a medida que aumenta a oferta de idiomas, medra a oferta en inglés que mantén deste xeito a súa ventaxa. En conclusión: inda que a dispoñibilidá de linguas minoritarias aumentou, por agora é mui pequena e insuficiente.
Neste enlace podes informarte da oferta que existe en galego nel momento presente nalgúa das plataformas máis importantes.
Recentemente pral galego aumentou a oferta na plataforma FILMIN, que conta con cerca de 80 títulos de autoría galega ou con subtítulos en galego, con películas como O que arde, O corpo aberto, Drogs, Lúa vermella ou 9 Fugas. Tamén hai oferta de documentales, ficción ou animación : Trinta lumes, María Casares, a Muller que viviu mil días, María Solinha, Trote, Valentina, Nación, A esmorga, Dorothé na vila ou Os días afogados.
En Netflix, según información da prensa, hai máis de 100 títulos de películas e series internacionales dobradas ou subtituladas.
Desde hai pouco tempo hai úa iniciativa nova ben interesante de contidos gratuitos en galego: dentro del espacio da CRTVG existe a plataforma AGalega (www.agalega.gal); -con Apps en Google Play e Apple Store-, el “Netflix gallego” gratuito con máis de 1.400 películas, series ou podcasts 1400 a disposición da audiencia. Esta plataforma ademais integra a App Xabarín TV con oferta pra nen@s e xente nova, con títulos como Os Argonautas, Valentina, Pequerrechos, Cativos, etc. Existe tamén AGalegaAudio cos servicios da Radio Galega, potdcats , etc.
En Asturias, se queremos disfrutar de contido cultural audiovisual del noso ámbito lingüístico, afortunadamente temos estas oportunidades xa que na TPA nada temos en galego, nin nel de Asturias nin nel doblado ou subtitulado en normativa Estándar.