Xogo 14: Enigmas

Seguimos ampliando el número de xogos na nosa web. Ademais dos marabillosos “Wordle” que preparou el “noso” informático Juan Riopedre e que podedes atopar na páxina SOMOS, na web temos xa 13 xogos coa nosa lingua (pon nel buscador a palabra XOGO e aparecerán todos, desde greguerías, pictogramas, el cofre dos tesouros asta soletreando, un paseo por Nubolandia…). Esta vez traemos enigmas, muitos del autor de Alicia nel país das marabillas, Lewis Carroll.

Lewis Carrol, autor de Alicia nel País das marabillas e Alicia a través del espello, foi un apasionado dos rompecabezas e dos pasatempos. Algús dos enigmas que leredes aquí son dos sous libros, outros son invenciois máis modernas. Hai tamén problemas de inxenio, acertixos que requiren del pensamento lóxico ou matemático, tamén da intuición ou da intelixencia…

Hoxe vamos con 10 enigmas!

Anímate a descubrilos!

(As soluciois tán al final)

1

El Coello Branco preguntoulle a Alicia:

-Sabías decirme que hora é? El meu reloxo adianta cinco minutos cada hora e non lo volvín a atrasar desde as oito da tarde de onte.

-Que hora marca el tou reloxo agora mismo? -preguntoulle Alicia.

-As 12,28 h. -respondeu el coello.

Que hora é realmente?

2

Alicia notou, despós de tomar a pócima, que el sou corpo taba encollendo: 2/3 da súa altura habitual. Tomou un segundo grolo e volveu encoller, esta vez outros 2/3 da altura que tía un momento antes. Alicia viu úa pequenísima porta que non debía medir máis de cinco cm. de altura e a nena chegou á conclusión de que debía cruzala.

Se supoñemos que Alicia medía 120 cm. antes de beber a pócima, contos grolíos debería tomar agora pra coller pola porta?

3

Alicia cruzou úa porta con dúas caravillas mui separadas úa del outra. Pra poder coller ss dúas á vez, calculou que tería que medir exactamente 19 cm. máis de lo que medía. A nena tía úa poción que la faría encoller con cada grolo, e un pastel que la faría medrar con cada bocado. A pócima faríala encoller 3 cm. cada vez e con cada mordisco del pastel medraría 8 cm.

Cual é el número total de papados e bocados que necesita consumir pra ter a altura axeitada?

4

Alicia atopou dous homíos idénticos con idéntica indumentaria.

-E vosoutros quen sodes? -preguntou Alicia.

-Eu sou Tweedledum- dixo el homín da esquerda.

-E eu son Tweedledee- dixo el da dereita.

Alicia recordou lo que lle contara el Coello Branco: que polo menos un delos sempre mentía os martes (e xusto ese día era martes!). Por sorte, non é martes habitualmente nel País das Marabillas, e teríalo en conta si se volvía a atopar con Tweedledum e Tweedledee en martes. Sabendo esto, como se chamaba el homín da esquerda?

5

Úa vez que el sou padre taba traballando na casa, caera de úa escaleira de 6 m. de altura. E a pesar de que nada amortiguou el golpe, salira ileso del percance. Cual é a explicación de que non lle pasara nada?

6

Cada casía identifícase coa letra da columna onde ta (letras del A al H) e por a cifra da fila na que se atopa (números del 1 al 8). As primeiras cinco filas e cinco columnas dun tableiro foron cortadas en casías soltas e compuxéronse de distinta maneira. Cada casía vén marcada coa letra e el número da súa posición orixinal. Supoñendo que ningúa fila nin columna teña dúas casías nin coel mesmo número nin coa mesma letra, podes completar este cuadro mostrando onde se colocou agora cada úa?

7

Un dos personaxes máis estraños cos que se atopou Alicia foi a Raíña Branca. A monarca experimentaba el tempo de forma distinta, así que sentía os efectos das cousas antes de que pasaran e podía recordar el futuro.

-Ás veces me gustaría predecir el futuro -dixo Alicia.

-Claro que podes, querida – contestou a raíña-. É mui fácil.

Que quixo decir a raíña?

8

Alicia atopou el seguinte xogo a medio completar e pensou que sería un equívoco seguir el sou camín sin rematalo. Había que poñer un O ou un X nas casías baleiras de forma que non houbese cuatro ou máis O nin X seguidos en ningúa dirección, tampouco en diagonal. (Non fei falta usar el mesmo número de O e de X).

9

Á festa del té acudiron cinco personaxes: el Sombrereiro Tolo, a Lebre de Marzo, el Lirón e el Coello Branco. Tamén hai un banco de cinco prazas. Pero condo todos van sentar, el Sombrereiro dice:

-Esperade. Hai un orden determinado pra sentar.

-Cuál é? – dixo el Lirón.

-Este: el Lirón non se senta xunto a Alicia nin xunto a min. Alicia non senta xunto á Lebre de Marzo, nin tampouco el Coello Branco. El Coello Branco non senta xunto a min, a Lebre de Marzo ta á mía dereta e Alicia nalgún lugar á esquerda del Coello Branco.

Cómo sentaron os cinco personaxes?

10

A mesa del Sombrereiro Tolo taba abarrotada de tazas de té. El Sombrereiro explicou a Alicia que desde que puxera úa taza de té un día del mes pasado, continuara poñendo cada día úa taza máis que el día anterior.

Qué día puxo el Sombrereiro Tolo a taza número 150?

Soluciois:

  1. As 11,12 h.
  2. Alicia necesitaría tomar seis grolos despós dos dous primeiros. Así mediría 4,68 cm., e alcanzaría a talla axeitada pra poder pasar pola portía.
  3. 5 bocados de pastel e sete grolos da poción.
  4. Tweedledee. Sabemos que, al menos un, minte sobre el sou nome. Como os dous deron nomes diferentes, non pode ser que un te mentindo e el outro diga a verdá, xa que neste caso os dous se chamarían ou Tweedledee ou Tweedledum, así que tein que tar mentindo os dous. Por eso el da esquerda ten que ser Tweedledee, anque él diga que é Tweedledum.
  5. El padre de Alicia caeu desde el primeiro banzo da escaleira.
  1. Alicia podía predecir el futuro… outra cousa é que as súas prediciois fosen as correctas…
  1. De esquerda á dereta, este era el orden: Alicia, el Sombrereiro, a Lebre de Marzo, el Lirón e el Coello Branco.
  2. Puxo a taza número 150 despós de 17 días.
Comparte

1 comentario en “Xogo 14: Enigmas”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *