Un dos obxetivos e traballos nos que máis empeño ten Axuntar é fomentar a lectura. Nese camin desenvolvemos varios proxectos que iremos anunciando; un delos é crear úa biblioteca circulante.
Hoxe, día das Letras galegas queremos abrir outra porta de acceso á cultura e sobretodo á literatura escrita na nosa lingua, algo que implica disfrutar tamén das obras literarias que forman parte del patrimonio común del idioma e non pecharse nel pequeno mundo das obras escritas na nosa variedá dialectal del galego.
Por eso, por úa banda compartimos a entrada a un portal que permite a descarga gratuita de libros libres, ceibes de dereitos de autor:
ELEJANDRIA, libros de dominio público
e, por outra banda, compartimos úa edición orixinal de 1880 dun libro pertencente al Rexurdimento literario del noso idioma, us versos que guardados estaban, dice a autora, condenados pola súa propia índole á eterna olvidanza.
Follas Novas de Rosalía de Castro
Tamos seguros que disfrutaredes das lecturas que estas ligazois os proporcionarán.
Ben sei que non hai nada novo en baixo o ceo, que antes outros pensaron as cousas que ora eu penso.
Pingback: Compartimos – axuntar.eu