Colleita de opiniois: Xuan Xosé e a toponimia

Por Santi SOMOZA

Xuan Xosé e a toponimia

Santi Somoza Pardo publica este artigo en La Nueva España el 2 de xunio de 2023, en resposta a outro artigo publicado tamén nese mismo xornal por Xuan Xosé Sánchez Vicente:

 

Nel sou artigo na sección de Opinión del pasado 25 de maio, el escritor e colaborador del diario La Nueva España, Xuan Xosé Sánchez Vicente critica, con razón, el incumprimento ou mala interpretación da Lei de Uso e Promoción del Bable/Asturiano na normalización da toponimia en Asturias. Na súa opinión, é frecuente a duplicación nominal innecesaria, négase aos nomes tradicionales a súa prioridad legal, abúsase da castelanización e manipúlase a sinalización oficial a diario. Comprendo a súa preocupación e a súa impaciencia, señor Sánchez, pero ben mirado non é para tanto, todo é relativo. Hai casos moito peores… e dentro de casa. Por se lle serve de consolo, a situación no far west asturiano deixa bastante máis que desexar. Aquí, por úa banda, tanto os letreiros das carreteras como todo escrito tán desfigurados non solo polo castelán oficial senón tamén polo propio asturiano, pois ningúa de ambas ortografías respecta a lingua local; por outro, a política lingüística del Principado prás falas desa zona é máis de cesión e desprotección que de respecto, obviando a súa innegable natureza glotolóxica e deixándolas en maos de quen nin sequera as recoñece e, polo tanto, oculta el sou nome e imponlles un indisimulado e artificioso “averamientu”. E todo, claro, ben planificado e consentido.

 

 

 

 

Así pois, se lle estraña, como dice, el silencio del activismo asturianista ante ese desaforamento toponímico, máis de estrañar é el que mostra vostede no sou escrito en relación coa toponimia ultranaviega: nada, nin úa sola referencia a esa franxa occidental nin á súa lingua, como se ese territorio non formase parte de Asturias, os sous habitantes fosen mudos (ou será que falan asturiano, un inédito cuarto bable?) e correctos os nomes dos sous carteles. Perfecto exemplo, este si, de lo que vostede denuncia como – copio as súas propias palabras –“aculturación, falseamiento e desinformación”, instigados neste caso por “os máis furibundos asturianistas, a Academia ou os máis esquivos partidos políticos”. E por vostede mesmo, colíxese, dado el sou mutismo respecto deso. E no que incumbe al título del sou texto, “València ilumínanos”, en alusión á lamentable anécdota madrileña sobre el nome da urbe del Túria, aos asturianos galegofalantes da franxa occidental, en canto de iluminarnos, máis ben al contrario recórdanos a afronta: ese anticatalanismo victimista e provinciano dos valencianos que agora negan falar catalán, condo xamais falaron outra cousa, e ocultan el verdadeiro nome da súa lingua con falsos argumentos subxectivos (identitarios, sentimentaloides ou interesados) e contrarios á túzara realidad funciona aquí, a escala e en circunstancias distintas, en calidad de antigalleguismo victimario e negacionista. Sónalle? Fago tamén mía a súa despedida: “Dice tanto eso de nosoutros que prefiro non dicir nada”.

Santi Somoza, A Veiga

 

Comparte

1 comentario en “Colleita de opiniois: Xuan Xosé e a toponimia”

  1. Ei Santi,
    Eu teño un traballiño onde explico a orixe do nome de OVIEDO en relación con topónimos galegos de Lovios e S. Fiz de Solovio.
    Onde podería publica-lo ?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *