Pezós imita al norte con Eilao; al sur, con Grandas de Salime; al este, con Allande; e al oeste, con San Martín de Ozcos. É un concelllo con muitas particularidades. Conta cun museo enolóxico dedicado al viño; con lugares únicos como Argul e A Paicega, testemuñas dúa forma de vida; e nel atopamos el poblo de Sanzo cos sous famosos e ancestrales entroiros.
Nas calles da localidá lo primeiro que salta á vista é el Palacio de Ron. A casúa solarega dos s. XVII e XVIII conta con úa capela externa e úa torre cuadrada medieval, con finalidá defensiva. Outro punto de interés é a Igresia de Santiago, de orixen románica. Pénsase que pode ser del s. XIII, anque con reconstruciois posteriores. Nel sou interior conserva varias tallas barrocas.
–Museo enolóxico: Inaugurado en agosto del ano 2007, tá dedicado al viño e á forma tradicional de producilo neste municipio. Museo Enológico de Pesoz (turismoasturias.es). El cultivo e a elaboración tán documentados nesta zona desde el s. XII, impulsados por os monxes del Mosterio de Santa María de Vilanova de Ozcos.
El clima de Pezós e os sous valles encaxados posibilitan el crecimento de viñas, lo que mantén viva a cultura del viño que sempre existiu nese Concello.
Fotografías de Begoña Martín
-El principal patrimonio artístico e histórico que hai nel Concello son os castros de Santa Cruz e de San Isidro, nel linde con San Martín de Ozcos.
El castro de Santa Cruz, así denominado por a capela que ta nel lugar, sitúase a 465-475 metros sobre el nivel del mar, desde onde se disfruta úa amplia panorámica del valle del río Agüeira. Non foi excavado inda pero son apreciables as súas fortificaciois, constituidas por a sucesión de varios fosos excavados na roca, muralla e torreón. Pode que fose fundado durante a Edá de Ferro.
El castro de San Isidro é de planta circular, único en Asturias por el sou sitema defensivo composto por varios fosos e pedras fincadas, chamadas “cabalos de frisia”, utilizadas pra dificultar el paso del enemigo.
–Argul: El Conxunto Histórico de Argul foi declarado Ben de Interés Cultural en 2004. Situado a escasos kilómetros da capital municipal (Pezós) sobre úa ladeira nel marxen esquerdo del río Agüeira. Actualmente ta practicamente deshabitado. Muitos dos sous habitantes emigraron particularmente a Uruguay. As súas sobrias edificaciois e lo abigarrado del caserío de pizarra roxa constitúen úa das manifestaciois arquitectónicas máis singulares da comarca. El espacio ta aproveitado al máximo, edificando directamente sobre a roca pizarrosa, sin preparar casi el tarrén e non afectando as terras de labor del contorno. Os mecanismos de comunicación empleados nas súas intrincadas calles, consistentes na superposición de volúmenes utilizando túneles, galerías, pasadizos, corredores e voladizos, forman un conxunto que nos evoca un mundo anclado nel pasado. Casúas, horros, paneras, cabazos, úa capela (a de San Antonio), bodegas, molíos, un llavadeiro, palomares, etc. Os materiales das edificaciois sempre son tomados del entorno: pedra (pizarra), madeira (basicamente carballo e castañeiro), barro, vexetación…
Un famoso escultor del siglo XVIII, D. Juan Alonso Villabrille y Ron, naceu neste poblo. Inda ta en pé a súa casa natal. A él atribúenselle máis de úa veintena de esculturas realizadas en pedra, madeira e terracota, distribuidas por todo el planeta: Dallas (EE.UU), Dublín (Irlanda) e Calí (Colombia).
Esculturas de Juan Alonso Villabrille y Ron. De izda. a dcha., Santa Rita de Casia (Foto: Ángela Ferreira); San Elías de Dublín (Foto: Daniel Fernández García); San Francisco de Paula (Foto: Sotheby’s)
Firmada por él hai úa Cabeza cortada de San Pablo nel Museo Nacional de Valladolid, en madeira policromada:
A película Bajo la piel del lobo del director asturiano Samu Fuentes elexiu a localidá de Argul como un dos escenarios del film que ten como protagonista al actor Mario Casas:
–A Paicega. É un dos hitos del noso patrimonio industrial. A mediados del s. XX comenzou a construción del embalse de Grandas de Salime. Fíxose úa presa que regulaba el cauce del Río Navia, a máis grande de toda España, en tan solo dez anos gracias a centos de traballadores que levantaron en tempo récord esta obra colosal que se inaugurouse en 1954. Como chegaron traballadores de toda España e había que acomodalos nalgún lugar, edificáronse poblados onde vivían os obreiros coas súas familias. Un delos foi A Paicega. Contaba con hospitalillo, igresia, comercios, peluquerías e incluso un casino e salas de cine.
Neste antiguo núcleo de traballadores lo único que se mantén en pé hoxe en día é a igresia. Consagrada en 1948 á Virxen da Luz, dicen que foi obra del arquitecto asturiano Joaquín Vaquero Palacios (anque a historiadora Ángela Ferreira sostén que é obra de Ignacio Álvarez Castelao, arquitecto nacido en Cangas de Narcea). El sou aspecto -tellado a dúas augas e mui inclinados- recorda úa igresia escandinava.
Transportar en camiois os materiales necesarios por aquelas carreteiras tan estretas era un verdadeiro problema e pra solventalo púxose en funcionamento un teleférico que unía El Espín -Concello de Coaña- con A Paicega. De casi 40 kilómetros atravesaba os concellos de Boal, Coaña, Eilao, Grandas e Pezós e contaba con cuatro paradas. Hoxe en día inda se ven os restos na AS-12.
Restos del teleférico en As Cruces, Coaña
Se ques fer esta preciosa ruta a pé: 002-Rincones con encanto: A Paiciega desde Sanzo – Pesoz/Pezós – Asturias (jfcamina.es)
–Sanzo
A antigua tradición sigue viva nel poblo de Sanzo, en Pezós, onde os vecíos crean os muñecos, bautízanlos e quéimanlos a noite de Entroiro.
Os vecios constrúen os Antroiros con nabos, patacas, herba e telas. Comentan que antes non había ropa pra vestir os antroiros e tían que collela polas aldeas vecías. Solo se fía un e sempre lo puían en úa finca, nos sitos chamados vilares, lugares sembrados de nabos. Despós se decoran con pelo de vaca, con sombreiros, rechíos de herba, Todos os habitantes de Sanzo reúnense al anoitecer pra queimalos. Era condo lo fían os sous antepasados, xa que por a mañá atendían el gado e era entós condo se podían disfrazar. Eran precisamente os que se disfrazaban os que queimaban os Antroiros.
-Tamén hai neste Concello un couso de lobos, un gran cercado de pedra seca de 1 m. de espesor e entre 2 e 3 m. de altura. Sobre el muro había úas grandes louxas de pizarra que formaban un aleiro hacia a parte interna da construción, lo que impedía aos lobos salir condo entraban nel couso atraídos por un cebo vivo (por exemplo úa ovella) que os vecíos colocaban dentro del. Ta situado na Campa, cerca del poblo de Vilabrille.
-Outra das rutas imprescindibles por el Concello é a del río Agüeira. Son nove kilómetros de úa ruta circular, fácil de realizar ademais de tar ben señalizada. Pódese ver un antiguo molín, el de Sequeiros, con pozas que incitan al baño. El camín pasa por varias pontes, atravesa bosques de castañeiros e permite conocer a capela de San Miguel e el pueblo de Argul. Nel regreso vaise por el curso del Agüeira, rodeado de bidureiras.
-Un poco máis lonxe, cerca da aldea de Pelorde e tamén á beira das auguas del Agüeira, atopamos úa xoia hidráulica, un molín que data del ano 1925, que non ta en funcionamento pero é visitable.
É impresionante contas cousas se poden visitar neste Concello, por certo, el segundo menos poboado de Asturias (el primeiro, Yemes y Tameza). Ta chen de paseos, construciois de todo tipo, recordos del pasado, elementos naturales, museos, casúas, rutas paisaxísticas, viñedos… Un paraíso á beira del río Agüeiro.