Colleita de opiniois: qué llingua ye esta?

Por BEGOÑA MARTÍN Acero

Qué llingua ye esta?

Despós de ler un texto publicado recentemente por el Parque Histórico del Navia (organismo del Principado de Asturias que ten encomendada a promoción cultural de úa parte del Eo-Navia) titulado “Los llavadeiros. El Parque histórico fala. Palabras vivas”, pídeme el corpo fer algús comentarios. Tal foi a sorpresa -por decir algo- que me produciu a normativa que, antes de nada, aclaro dúas cousas:

El texto ta escrito en terceira persoa, por lo que -por lóxica- supoño que se tán utilizando as NORMAS ORTOGRÁFICAS DEL GALLEGO-ASTURIANO editadas por a Academia de la Llingua Asturiana e a Secretaría Llingüística del Navia-Eo.

Lo que sí parece reproducirse textualmente -tamén lóxico, xa que hai úa informante- son as palabras marcadas en negrita (el léxico dos lavadeiros), inda que sorprende a palabra “canaliega”, solución inexistente na lingua galega (recollida por García Arias, en Cabranes e Colunga, nel sou Diccionario General de la Lengua Asturiana).

A lingua del Eo-Navia pertenece al tronco lingüístico galego-portugués: dezaoito concellos asturianos e un galego (Negueira de Muñiz), forman parte (así se estudia en Dialectoloxía e así lo acreditan filólogas e filólogos) del Bloque oriental da lingua galega, Área asturiana e os e as falantes desta variedá dialectal da lingua galega tein dereto a que se valore a súa lingua e que se transmita dignamente.

A transmision da lingua é esencial prá súa pervivencia e require dotala de úa normativa ben fundamentada (non allea al tronco lingüístico de pertenencia) que permita a escritura e a aprendizaxe aos falantes actuales e futuros”. (“Píldora 3” de Axuntar, en Cartelería – axuntar.eu ).

As Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (1990) editadas pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), usaron como referencia as normas da Real Academia Galega. Lóxico. Acudir á lingua que é a nosa mai é lo esperable. Lóxico buscar nela el acougo e a solución a muitos dos problemas que aparecen nel camín da normativización e normalización de úa lingua que parece destinada á súa desaparición, precisamente por non poder “pedir axuda” a quen lla pode dar. Porque nesta Asturias que vivimos, a lingua del Eo-Navia esmorece dobremente, non solo por a presión del castellano senón baxo úa normativa de forte empeño asturianizante, esóxena, vulgarizante. Falaz.

Nel texto del Parque histórico del Navia podemos ver cómo a “nosa” -por decir algo- lingua se separa da normativa da MDGA, e da normativa oficial da lingua galega á que debería acudir en caso de ter algúa dúbida pra corrixir os castelanismos -tan abundantes por desgracia-, pra usar correctamente a acentuación e a ortografía, ou pra rescatar a fonética, investigar sobre el sou léxico e explicar a súa toponimia.

Estas son as desviaciois da normativa que se atopan nel texto del PH, que non tein sentido e que feirán que -de seguir así- Asturias perda ese tesouro que é a lingua da zona máis occidental, a lingua del Eo-Navia, a variante máis oriental da lingua galega, a lingua que nos abre portas al mundo galaico-lusófono:

Utilízanse as formas propias da oralidá, os apóstrofos -marcas de fonética sintáctica-. A lingua oral, xa se sabe, non é a lingua escrita. Esta é máis elaborada, menos espontánea, destinada a permanecer frente a lo efímero da oralidá, con elementos propios da variante culta (úa sintaxe máis complexa, léxico especial…): * d’hixiene, que s’usa…

Formas en -ao, coa supresión del -d- intervocálico propio dos finales dos participios verbales e de certos adxectivos, que conducen á lingua a un estado de vulgarización e de novo á oralidá xa que, por facilidá articulatoria, na lingua oral esos finales solen desaparecer: *publicaos, gao, pasao, furao

Uso da consoante /y/, como conxunción copulativa e como solución de grupos latinos que na lingua galega deron como resultado el dígrafo /ll/: * y tuvo, fiyos, muyeres, moyadas, miyor…

Castelanismos evitables: *paño, casouse, siglos…

Contracciois inesperadas por inusuais e/ou por existir nun espacio xeográfico limitado (marxe dereita del Concello de Navia): *cola, col, pol…

Vulgarismos léxicos: *númaro, tresmitillas…

Acentuación alonxada del galego normativo: * estudióu, aprendéu…

Uso constante da palatalización da consoante lateral /l/ que é úa solución reducida á zona máis oriental del Eo-Navia: * Llimpiar, llavadeiros tresmitillas, pollo, polla…

Cambios nel xénero dos substantivos: * viaxes diarios

Erros ortográficos: * aveiro

Léxico con soluciois impropias da lingua galega: * canaliega (xa comentada nel inicio del artigo).

Cámbiase (algo incomprensible) el paradigma del artigo determinado (el/o, a, os, as) –que en todo el Eo-Navia é común-, por as formas * la, los, las, inexistentes na nosa área lingüística (agás na marxe dereta del Concello de Navia: Varela Aenlle, Dicionario del galego de Asturias, páx. 781).

-Aparecen tamén erros que contravein a normativa da propia ALLA:

-El paradigma del artigo determinado: *la, los, las

De acentuación: * antías

-E contradiciois: * cuidado

É nesto en lo que gasta el Principado de Asturias os poucos cuartos que destina á nosa cultura? Esta normativa é a que se ensina nos centros educativos del Principado pagados por todxs nosoutrxs? De verdá queremos que se oficialicen ASÍ as linguas del Principado pra que os e as falantes del galego de Asturias aprendan aberraciois como a que se tán a cometer coa variante del galego de Asturias? De qué sombreiro de prestidixitador se sacaron estas normas? Con qué consenso? Quen se achegou al Eo-Navia e se puxo en contacto con lingüistas e filólogxs especialistas en lingua galega ou na variedá dialectal del galego de Asturias respectuosos coa lingua da zona Eo-Navia, pra elaborar úas normas acordes al sou tronco lingüístico? Daquén fixo un traballo serio de campo? …?

Pero… qué llingua ye esta?

Remato con dúas puntualizaciois máis:

Úa que reflexa el agravio comparativo al que se somete aos e ás falantes del Eo-Navia: A Junta de Castilla y León apoiada e asesorada por a Xunta de Galicia, e colaborando xuntas, fixeron que na mitá occidental del Bierzo e na Alta Sanabria (zonas de fala galega) este ano académico 2023-2024 el número del alumnado na asignatura de Lingua galega aumentase en 58 (xa son 1.173 os alumnos e alumnas dun total de 19 centros de Primaria e Secundaria que ofertan a asignatura e que poden acceder á obtención del Celga (“sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas”). Por que Asturias non se mira nese espello? Que ten el alumnado asturiano pra non merecer máis oportunidades?

E a segunda: al rematar de escribir este artigo de opinión, atopo na web del PH del Navia toda úa chea de artigos aos que fago extensivos os anteriores comentarios.

Begoña Martín Acero, Cabanas 15-2-24

ADRIÁN BARBÓN: Te pongo algunos ejemplos, Rodrigo [da un enllaz]. El término eonaviego o fala eonaviega es el que utiliza la Academia de la Llingua Asturina y el preferido mayoritariamente por sus hablantes.Como se ve, darréu de la intervención de Cuevas ―na que fai una apelación científica a la llingüística―, Barbón retruca con dos argument

Comparte

2 comentarios en “Colleita de opiniois: qué llingua ye esta?”

  1. Concordo plenamente con cada palabra. E síntome emocionado e orgulloso de que a zona galegofalante oriental, administrativamente dividida, teña xente que resista o duplo ataque que recibe constantemente: o do español e o do “asturiano”.
    Con escaseza de medios de todo tipo mais cunha vontade de ferro fundido, están a loitar non só pola supervivencia senón, como é natural, pola plena normalización.
    Por todo isto o artigo de Begoña non só é esclarecedor senón tamén moi didáctico para os alleos a esa realidade.

  2. Hai un dito antiguo: “trer a prado”: convertir en prado úa terra situada nel monte….
    Con lo noso tan fendo al revés, trendo.un idioma a fala local , convertindo en fala dialectalizada úa lingua, fendo da nosa fala úa ramalla separada del sou tronco, un patrimonio inmaterial vivo condenado a morrer anganido, trendo lo que é parte del idioma galego-portugués ou úa variedá oriental del galego a un sin futuro. Tán tréndonos a non ser nada, ou como dice a lingüista Natalia Jardón, al exterminio amable del galego que se fala en Asturias.
    Pero, como se dice agora, somos resilientes… coa axuda del augua -dice úa poeta- poderemos “xermolar nella”
    Enrique.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *