Sabías que na parte alta del Eo-Navia viven einda pequenas manadas da única población natural salvaxe (nunca domesticada) de cabalos, Equus ferus, que existe nel mundo?
Características físicas
Como característica máis evidente que comparten os Equus ferus atlanticus con outros ponis destaca a súa escasa alzada, non superior a 148 cm. En comparación, cabalos (Equus ferus caballus) como el percherón poden chegar aos 165-180 cm.
Son robustos e paticortos (máis largos que altos, a diferencia dos cabalos domésticos), pero áxiles; de peito estreito e orellas pequenas; coa línea dorsal pouco curvada; panzudos, pero non gordos; frecuentemente de capa castaña, con crinas espesas e abundante pelaxe. Ás veces tein “calzas” brancas, pangaré invernal (coloración máis clara na barriga e parte posterior das patas), e os potríos mentras son mui novos poden presentar cebraduras. A dureza da selección natural (territorio, clima e sobre todo el lobo, el sou depredador) esixe implacablemente a adaptación e así se mantein os caracteres primixenios destos animales que viven ceibes nel monte.
Distribución xeográfica e denominaciois
Esta historia empeza condo –tras as últimas glaciaciois- áreas xeográficas como el noroeste da Península Ibérica e a zona franco-cantábrica, se convertiron nel hábitat de lo que coel tempo iba evolucionar asta chegar a esta estirpe de cabalos bravos actuales. As pinturas rupestres de Côa (Portugal), Tito Bustillo (Asturias), Ekain (Euskadi), Lascaux (Francia), entre outras, testemuñan a existencia deste tipo de cabalos, que tan considerados por os estudiosos como úa reliquia da fauna del Paleolítico, existindo rexistros fósiles da súa presencia ininterrumpida desde el Pleistoceno medio asta os nosos días**.
Cabalo pintado na cova de Lascaux (Périgord, Francia) hai us 17.000 anos
Os que einda quedan nel noroeste peninsular (cada vez menos numerosos) viven salvaxes nel norte de Portugal, rexión del Minho (especialmente en Peneda-Gerês) onde reciben el nome de Garranos; Garranos se lles chama tamén nalgúas áreas de Galicia, onde as poblaciois máis importantes se sitúan en zonas de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Con todo, a denominación máis extendida aló é a de Burras, que comparten con Asturias. Aquí atópanse nel extremo occidental asta el Concello de Tineo. Noutras partes de Asturias existen os Asturcois, de características algo diferenciadas. En Cantabria tein os Monchinos e nel País Vasco e norte de Navarra, os Pottoka.
Estos Equus ferus atlanticus presentan rasgos peculiares que comparten con outros cabalos del noroeste de Europa, os chamados “ponis celtas”. Nas Islas Británicas (Irlanda, Terras Altas escocesas, zonas de Inglaterra), e incluso en Islandia, existen cabalos de morfoloxía similar, que procederían de intercambios comerciales mui antiguos realizados desde a Península e, posteriormente, da súa importación pra traballar nas minas inglesas por seren duros, baxos, fortes e tar afeitos a moverse por terreno irregular. Así, según estudiosos como Felipe Bárcena, os cabalos dos páramos de Exmoor e Dartmoor son descendentes de garranos levados desde el continente.
É curioso el parecido entre a denominación galego-portuguesa, Garranos, e a denominación del gaélico escocés e del gaélico irlandés, Garrons. Estas palabras procederían dúa reiz indoeuropea (Gher) que significa “pequeno”. A nosa denominación, Burras, procedería de Burrus (en latín tardío, cabalo pequeno).
Marilín, fotografía de Santiago Bas
Cómo sobreviviron
A permanencia continuada destos cabalíos salvaxes nel norte da Península Ibérica explícase por a súa excelente adaptación. Úa característica esencial prá súa supervivencia en estado salvaxe é el seren, máis que herbívoros, fitófagos: poden dixerir gandes cantidades de vexetales leñosos, sendo el toxo a súa dieta predominante, que –según estudiou el profesor Santiago Bas- alternan a lo largo del ano con outras especies que atopan nel entorno, según as súas preferencias ou necesidades. Por el contrario, os exemplares procedentes de cruces que se tratou de introducir e manter ceibes non lograron adaptarse a este tipo de alimentación, única posible en determinadas zonas e estaciois.
Estos cabalíos, convenientemente ensiñados, fóronlle mui útiles noutros tempos á xente que vivía en áreas apartadas e abruptas e necesitaba desplazarse ou transportar cargas en rutas distantes e carentes de camíos. A súa morfoloxía permítelles abrirse paso entre a vexetación, incluso cargados, movéndose con pequenas oscilaciois en comparación con outro tipo de cabalgaduras, lo que los fía especialmente útiles pra transportar materiales delicados como loza ou cerámica, por exemplo. Poden alcanzar de 8 a 15 km por hora e recorrer, cargados, us 50 km diarios. En según qué zonas, contar con un deles permitíalle chegar máis axina al médico (ou al cura) al lugar onde era requerido.
Desde antiguo tratouse de obter exemplares cruzados desta estirpe con outras, buscando reforzar determinadas aptitudes, chocando coa dificultá de lograr a supervivencia en estado salvaxe dos animales resultantes, debido entre outras cousas á imposibilidá de manter úa dieta a base de plantas leñosas.
É importante destacar que realmente son animales salvaxes, einda que teñan propietarios. As manadas que quedan viven dispersas en áreas naturales, normalmente en pastoreo libre, nel monte durante todo el ano, sometidas ás inclemencias del tempo e as condiciois del hábitat. Os sous ciclos biolóxicos tán adaptados al medio e non dependen del manexo humano, que é mínimo. Viven en manadas compostas por varias eugas, os sous potros e un garañón (a veces máis), sin recibir cuidado ningún nin alimentación suplementaria. Os sous amos (os bestieiros ou besteiros) vixílanlas nel inverno e na época de partos pra saber, entre outras cousas, cuáles das súas eugas paren.
Ese manexo humano milenario, mantense nos nosos días tanto nel Eo-Navia como en Galicia e Portugal, onde acostuman xuntalos úa vez al ano (einda que raramente se consigue xuntalos a todos) conducíndolos a us recintos al aire libre (curros) onde se rapan as súas crinas (a rapa ou rapia), se marcan os potros (marcándolles úa orella ou caltríndolos), se identifican, se fai el control hixiénico-sanitario e se separan exemplares prá venta, e ás veces cámbiase el garañón, cómprase ou véndese algúa euga, etc.
Os propietarios, aparte de reservar algús exemplares pra usalos como animal de carga e de seleccionar os adecuados pra quedaren nel monte, teinlles atopado desde antiguo diversas salidas comerciales, einda que actualmente a maioría das tradicionales xa non existen ou son residuales (venta das crinas pra uso textil ou pra fabricación de pinceles, venta de animales pra recría ou pra carne…).
Fotografía de Abel Jardón (Boal)
El lobo
Un condicionante esencial desta subespecie vén del feito de ser el maior herbívoro salvaxe presente nel sou hábitat, tando suxeto á coexistencia coel sou principal depredador, el lobo.
Estudios realizados por Santiago Bas na pasada década mostran que un 78-79 % de lo que comían os lobos de Pontevedra, Coruña e norte de Lugo eran potros e carroñas de animales que morreran nel monte. Sólo condo os potros escasearon empezaron a matar exemplares adultos. Comprobou tamén que se ven menos prexudicados por os lobos aquelos que se camuflan mellor nel entorno: castaños e negros nos bosques e castaños e pedreses (tordos) en monte baxo. Esto explicaría, en parte, a preponderancia de certas capas entre os garranos salvaxes, xa que a vista dos lobos xoga un papel importante na súa selección de presas.
Estudiosos como Marta Lagos argumentan que dado el enorme impacto tradicional da depredación del lobo sobre estos ponis salvaxes, na actual situación, manter un número adecuado de manadas de composición estable permitiría úa menor presión del lobo sobre as ganaderías extensivas de vacuno (comerciales) á vez que axudaría a regular dun xeito natural (p. ex., sin fer batidas) a población de lobos e a súa área de expansión.
A presencia de estos cabalos nel monte viuse reducida nos últimos anos. Según Santiago Bas, as estimaciois relativas a Galicia indican que pasou de haber un 17.000 garranos en 2020 a us 8.000 actualmente. Esto deriva núa gran escasez de potros nas serras nel outono e nel inverno, motivando, como xa se indicou, que os lobos teñan que buscar outras presas salvaxes (einda que non señan tan fáciles como os potríos dos garranos), ou incluso domésticas.
Situación actual
A disminución da población de Equus ferus atlanticus vén motivada por varios factores: abandono das prácticas tradicionales nas que taban implicados estos animales (tiro, transporte…); el despoblamento rural; el envellecemento da población humana, que dificulta especialmente contar con besteiros e xinetes novos que atendan as manadas e, máis recientemente, as esixencias administrativas. Entre estas últimas, na vecía Comunidade Autónoma galega (onde se concentra el censo máis numeroso de Equus ferus atlanticus) tense estudiado el impacto crítico (nel contexto descrito) da implantación del Decreto de Identificación Equina da Xunta de Galicia (142/2012) que trouxo como consecuencia que se vendesen numerosos garranos salvaxes pra os matadeiros. Muitos propietarios non poden ou non tán dispostos a soportar os gastos e trámites burocráticos que esixe esa disposición, al darlles el tratamento de animales domésticos (implantación del microchip obligatorio, entre outras).
Ás dificultades xa mencionadas hai que sumarlles a presión por os distintos usos del terreno, que fragmenta el hábitat destos animales: concentraciois parcelarias que derivan en peches perimetrales de fincas ou nel sou uso agrícola, fomento del cultivo del eucalipto en detrimento das especies autóctonas e, máis recentemente, a implantación masiva de parques eólicos.
Máis aló da súa presencia nel monte ou da súa venta pra carne (por riba, malpagada) poderíanse potenciar destinos alternativos pra os supervivintes desta estirpe tan singular. Así, el turismo, as actividades de recreo, a introdución á equitación, adecuadamente promovidas, serían un incentivo pra manter estas poblaciois de cara al futuro.
En todo caso, einda sin ter en conta el interés comercial ou a cuestión del lobo, é esencial valorar el feito tan singular de que os nosos montes sigan acollendo el único remanente mundial del Equus ferus atlanticus, e considerar as implicaciois dos sous excepcionales hábitos alimentarios, que permiten manter controlada a frondosidá dos espacios de media montaña, coel conseguinte impacto sobre a prevención da propagación de incendios forestales, e que incluso axudan á rexeneración del monte, como lo acredita a preferencia alimentaria por el toxo de queimas recentes, que ten sido observada nos sous estudios por el profesor Santiago Bas.
El ignorado luxo de que sigan existindo burras (Equus ferus atlanticus) nel Eo-Navia
Estreliña, fotografía de Santiago Bas
Condo entre as brétemas da serra de Penouta, ou nos altos da Bovia por riba del mar de nubes, ou nos verdes prados del Campo da Vaga, vexamos a estas salvaxes, pequenas e resistentes criaturas, taremos disfrutando dun privilexio. Oxalá os nosos ollos e os sous podan seguir cruzándose por muitos anos.
Sería mui triste que estos animales -que desde el Paleolítico foron capaces de seguir vivindo ceibes nestas terras, adaptándose a todo lo que a Naturaleza lles puxo por delante- fosen desaparecer agora víctimas dos intereses (e desintereses) que prevalecen nestos tempos tan escuros pra elos.
A súa resistencia e resiliencia poderían ser tamén un símbolo de outras resistencias e resiliencias.
Larga vida aos cabalíos salvaxes e á lingua galega del Eo-Navia!
Paloma García Méndez, 14 de febreiro de 2024
Agradezo mui sinceramente al Profesor Santiago Bas López a súa atenta colaboración na preparación deste artículo.
* É importante aclarar que non nos referimos aquí á femia del burro (Equus asinus).
** Esto non ocurriu con outros tipos de cabalos como os de Przewalski, de morfoloxía similar (que foron recuperados da inminente extinción a partir de exemplares recluidos en zoos) nin cos cimarrois, mustang norteamericanos ou brumbies australianos, que son realmente cabalos domésticos (Equus ferus caballus) asilvestrados.