Colleita de opiniois. Fer camín

Pídenme que escriba sobre el galego de Asturias, e piden-me que lo faiga, non polos meus conocementos lingüísticos, senón pola mía militancia política na reivindicación lingüística. Úa militancia da que dende posturas islacionistas fun cambiando hacia posturas reintegracionistas. Se ben é verdá que a sociedá asturiana e a sociedá eonaviega (del Eo-Navia, as Asturias de fala galega) non evolucionan os sous discutros nen al mesmo ritmo que eu nin na mesma dirección, necesariamente.

A sociedá del Eo-Navia non asume que fala galego. Non lo asume porque teme que eso supoña renunciar á súa identidá asturiana (e muitas veces el galeguismo lingüístico e político axudou a fomentar este medo). Eso dificulta a difusión del reintegracionismo nel conxunto da nosa lingua (galego-portuguesa), razón pola que eu normalmente uso a norma da MDGA (úa vez descartada a norma da ALLA e a filosofía que conleva). A partir daí el que diga a ciencia importa pouco a niveles de normalización. E non podemos esperar que as Administraciois asuman un papel protagonista na normalización e na normativización da lingua (eso sería normal nun país onde el autoodio non fose tan patente). A iniciativa ten que tomala a sociedá civil comprometida. El galeguismo ten un interés normal na lingua común, e el asturianismo ten un interés normal en que as linguas de Asturias se normalicen. E eso namais pode traducirse núa colaboración en un mutuo conocemento entre as dúas comunidades e os dous movimentos dende el respecto e a irmandá, sen victimismos nen paternalismos.

A pregunta é se seremos quen a felo ou non. Eu teño úas esperanzas moderadas, pero esperanzas, al fin, e estou disposto a traballar nese camín e sei ben que como eu hai muitos dispostos a andalo, así que adelantre.

Moisés Cima Fernández 1,2

1Mediador Comunicativo

2Presidente da Asociación Axuntar

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *