Por MARÍA LÓPEZ SANDE
Falar galego condo non se sabe ben
Podedes ler aquí un artigo ben interesante, orixinariamente publicado na Voz de Galicia (11 decembre 2022), escrito por a académica electa da RAG e escritora María López Sández que mui amablemente nos deixou compartir e traducir á nosa variedá dialectal:
En muitas entrevistas cóntanos Craig Patterson el asombro que lles causa a algús paisanos nosos escuitalo falando en galego, sendo, incluso, relativamente habitual que lle pregunten por qué lo fala. A causa da sorpresa tá, sen duda, na súa evidente condición de estranxeiro, señalada por el sou aspecto físico e el sou acento, inequivocamente británicos. Eu mesma tuven a fortuna de conocelo en persoa, nel congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos que se celebrou en Gales, el sou fogar, e podo asegurar que escuitalo falar nel noso idioma produce úa fonda emoción, un sentimento que cala nel corazón e que podería definirse como “vínculo atllántico”.
En realidá, como casi sempre, lo máis interesante é a resposta que Patterson lle dá a esa cuestión que tantas veces lle formulan: él, con ese acento tan identificativo dos que tein el inglés como primeira lingua condo falan outras, responde con outra pregunta: “E tu por que non lo fais?” E esa breve resposta, tan aparentemente inxenua, encerra un tesouro sociolingüístico.Falar galego na nosa terra debería ser úa tautoloxía; lo lóxico, lo normal, é expresarnos na nosa lingua. Mais os que nacemos aquí sabemos ben que a realidá é muito máis complexa. Nos últimos anos nin sequera abonda con que sexa a lingua familiar porque, mesmo neste caso, a escola, os medios de comunicación e os contextos de uso social tenden a empurrarnos cara al idioma hexemónico.
Falar a nosa lingua tá convertíndose, cada día máis, núa escolla consciente: a de quen entende que protexer a diversidá lingüística e cultural del mundo pasa por cuidar das linguas propias; a daquelos que defenden el dereto a existir del que é máis pequeño (en número de falantes, que non en dignidá nin en capacidá expresiva) e aposta por a multiculturalidá enfrontándose al imperialismo.
El galego precisa dos neofalantes, xa seña porque vein de fóra e adoptan el idioma propio del territorio que los acolle ou porque, por diversas circunstancias, nel pasado adoptaron el castellano. Quen chega al galego, seña desde el castellano ou, como Petterson, desde el inglés, necesariamente terá a súa pegada propia. Mais a competencia lingüística adquírese coel uso. Hai que primar a eficacia comunicativa e abandonar a procura dúa suposta perfección que non lleva a ningúa parte. Coel uso, virá a habelencia; coa lectura e a fala, chegará el momento en que tamén a esos falantes lles chirríen os tempos compostos ou os pronomes mal colocados. As linguas son entes vivos que se fain en cada falante. El galego ten por el mundo úa rede espallada de lectorados. En Gales, en Bangor, en Oxford, en New York, en Kiel, Berlín ou Salamanca, hai xente que estudia el noso idioma e lo fala coel sou propio acento.
Falar galego, como decisión, é un acto de amor, e aos actos de amor non se lles pide perfección, son fermosos de sou.
María López Sández