1. Mestura desordenada de cousas. 2. Algo sin valor. 3. Cousa sucia. 4. Mentira, engano. 5. Lea, confusión. 6. Parvada, estupidez. 7. Chapuza. 8. Conxunto variado de peixes capturados, de pequeno tamaño e de pouco valor comercial (Ortigueira). 9. Chuvia fina e pouco intensa.
En galego hai muitas palabras pra puer nome á chuvia. Ademais de zarapallada, mirade qué outros nomes recibe:
Arroiada: chuvia forte e intensa. Babaceiro: Chuvia miúda (El Franco, Navia-Eo) Babazo: chuvia miúda. Babuña: chuvia suave e pouco intensa. Babuxa: chuvia suave e pouco intensa. Ballón: tromba de augua forte e intensa. Balloada: chuvia repentina, intensa e que se prolonga varios días. Barazo: chuvia miúda e continua (Coaña, Eo-Navia). Barballada: chuvia miúda. Barbaña, barbuña, barallo, barrufa, barruñeira e barbuza: chuvia suave e pouco intensa. Barruzada: chuvia fina e persistente. Barruzo: chuvia fina e pouco intensa, mesturada con cerzo. Basto: chuvia repentina, intensa e corta. Batascada: acción de chover de xeito intenso e pouco duradeiro. Bétega: chuvia repentina, intensa e corta. Bategada: tromba de augua forte e intensa. Bollón: chuvia que cae de xeito violento nun espacio corto de tempo. Borralla: chuvia suave e pouco intensa. Borrallada: chuvia suave e pouco intensa. Boubizo: chuvia suave e pouco intensa. Brea: chuvia forte e con vento. Breca: chuvia suave e pouco intensa, mesturada con cerzo. Cairo: chuvia forte e de duración breve. Calistro: trebón de augua fría con vento ou neve suave. Cebra: chuvia repentina, intensa e corta, acompañada de vento. Cebrina: temporal de chuvia e neve con vento forte. Cebrisca: temporal de chuvia e neve con vento forte. Chaparrada: tromba de augua forte e intensa e corta. Chaparrazo: tromba de augua forte e intensa e corta. Chaparro: chuvia forte de corta duración. Chaparrón: golpe forte de vento e chuvia. Choiva: chuvia, galego normativo. Chuvia: variante dialectal. Chuva: variante dialectal. Chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada de vento forte. Chuvasco: precipitación intensa e abundante. Chuvieira: chuvia forte e intensa, tromba de augua forte e intensa. Chuviñada: chuvia suave e pouco intensa. Chuviñeira: chuvia repentina, intensa e corta. Chuvisca: chuvia suave e pouco intensa. Chuviscada: chuvia suave e pouco intensa. Cifra: chuvia forte e con vento. Ciobra: chuvia forte e con vento. Coriscada: trebón de augua fría con vento ou neve menuda. Corisco: trebón de augua fría con vento ou neve menuda. Decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembre. Diluvio: chuvia mui abundante e intensa. Dioiva: chuvia mui abundante e intensa. Dioivo: chuvia muy abundante e intensa. Escarabana: augua mui fría con sarabia. Esvazada: auga de chuvia forte. Froallo: chuvia suave e pouco intensa. Garúa: chuvia miúda. Lapiñeira: chuvia suave e pouco intensa. Marceada: tempo con claros e chuvia propio de marzo. Marmaña: chuvia suave e pouco intensa. Mera: chuvia mui fina que se desprende del cerzo. Mollabobos: chuvia miúda (Allande, Eo-Navia). Morriña: chuvia suave e persistente. Morriñada: chuvia suave e persistente. Murmia: chuvia fina (Castropol, Eo-Navia). Noada: tempo de chuvia. Orballada: chuvia suave de pouca duración. Orballeira: chuvia suave e de pouca duración. Orballiscada: orballo mui fino, e que inda que parece que non chove nada, molla. Orballo: chuvia fina e suave de carácter persistente. 2. Augua miúda que cae pola noite sobre a terra. Patiñeira: chuvia fina e persistente. Poalla: chuvia suave e pouco intensa. Poallada: chuvia suave e pouco intensa. Poallo: chuvia suave e pouco intensa. Poalleira: chuvia suave e pouco intensa. Rebelaxe: chuvia, neve ou granizo con vento forte e de esgueira. Salseiro: gotas de augua que producen un cerzo provocado por el vento na superficie del mar. Seca-fría: un pequeno trombo de augua provocado por el aire del norte. Torba: augua de chuvia mesturada con chuvia fina. Torbada: tromba de augua forte e intensa, tormenta. Torbón: tromba de augua forte e intensa, tormenta. Treboada: tromba de augua forte e intensa, tormenta. Trebón: tromba de augua forte e intensa, tormenta. Vardascada: acción de chover de xeito intenso e pouco duradeiro. Xalabriada: acción de chover de xeito intenso e pouco duradeiro. Xistra: chuvia e neve con vento mui frío. Zarapallada: chuvia suave e pouco intensa. Zarracina: chuvia abundante con muito vento. Zarzallo: chuvia suave e pouco intensa.
Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias ten que activarse sempre pra que podamos guardar as túa preferencias de axustes de cookies.
Si desactivas esta cookie non poderemos guardar as túas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar oo desactivar as cookies de novo.
Tamén se dice “Calabobos”
tán moi ben as definiciois
Muitísimas gracias Carlos. Entre todos/as vamos fendo
Alegrámonos de que che gusten, Carlos.