Colleita de opiniois. Falando das nosas falas

Linguas e falas

En España existen tan solo cinco linguas romances, esto é, fillas del Latín. De este a oeste (obviando el aranés, de dominio occitano, e el euskera, non latino): catalán, aragonés, castellano, asturiano e galego. Nin úa máis. El castellano úsase superposto a todas como lingua estatal e cada úa forma un sistema lingüístico único e estructurado, diferenciándose tipoloxicamente das demáis por determinados rasgos estructurales de carácter gramatical (fónicos, morfosintácticos, léxicos: sonidos, palabras-frases, significados). Del quinteto citado, solo nos interesan aquí as dúas últimas, fronteirizas nel noroeste ibérico, que pertenecen respectivamente al dominio astur-leonés, de raíz astur (non confundir con asturiana), e al galaico-portugués, de raíz galaica (non confundir con galega). Úa lingua é úa convención social e abstracta que solo se materializa al falar, nel sou uso individual e concreto. Pra entendérmonos, a lingua sería el conxunto e as súas diferentes manifestaciois, as falas, serían os sous subconxuntos. As falas, pois, son plurales e mantein as súas lóxicas diferencias lingüístico-xeográficas, pero a súa lingua, singular e distinta, é sempre úa sola. Exemplo.: os usuarios da lingua castellana poden expresarse en burgalés, sevillano, cubano ou arxentino, pero todos elos tarán falando en castellano. Castellano ou español sería el nome xenérico desa lingua; os demais, nomes particulares das súas distintas modalidades, variantes ou dialectos. Así ocurre, en maior ou menor medida, con todas as linguas del mundo.

Na maioría dos casos, os falantes saben cuál é a súa lingua propia e cómo se chama. Pero en lugares onde a lingua falada non é oficial nin maioritaria, anque se entendan perfectamente nela e a usen de continuo nas súas relaciois familiares, poden desconocer el sou orixe, a súa naturaleza e asta el sou propio nome. Porque non o precisan nin sinten interés por sabelo, as súas preocupaciois inmediatas son outras: bástalles con comunicarse cos sous vecíos de maneira espontánea e natural, como fixeron toda a vida de xeneración en xeneración;

As cuestiois técnicas déixanlas en maos dos profesionales del lenguaxe, como sucede en todas partes. Nembargantes, condo se esperta certa atención hacia a súa lingua, máis alá del simple uso oral, nace nos propios falantes el interés de conocela mellor e de poder escribila adecuadamente.

Cada un, por suposto, seguirá falándola como sempre e, si lo desea ou lo necesita, escribíndola como nunca. É el caso das falas asturianas ds nosa zona, as usadas grosso modo desde el Navia al Eo, relegadas durante siglos á oralidá doméstica: femos mención a elas cos sous locativos (ibiense, boalés, tapiego, veigueño, etc.), pero non dispuemos dun nome propio para el consunto. A opción máis fácil sería seguir usándolas como asta agora, sin máis. Claro que, si existe ese interés por conocelas, conservalas, dignificalas e hasta bautizalas, e actualmente parece que sí, entón non nos queda outro remedio que acudir aos expertos que as teñan estudiado e que podan dotalas das ferramentas axeitadas pra úa escritura común e us rexistros formales codificados.

Antes de nada, por suposto, terán que aclararnos a qué sistema lingüístico pertenecen, posto que conforman un bloque de falas sin nombre nun territorio igualmente anónimo. Tal asunto, de índole racional, obxetiva, non se pode dexar en maos dos propios falantes, non depende dos sous gustos, deseos, sentimentos, intereses ou inclinaciois particulares. Todos elos son libres de manifestar a súa opinión al respecto, por suposto, pero el dictamen definitivo deberá recaer nos lingüistas, os científicos que estudian e clasifican as linguas. Al igual que, por exemplo, pra reconocer un ser vivo e asignalo a úa familia determinada, a partir de criterios técnicos unificados, é precisa a bioloxía, así tamén se necesita a filoloxía pra que úa fala ou grupo de falas afines podan ser reconocidas e asignadas a un sistema lingüístico, a úa lingua, a partir dos caracteres gramaticales unificadores antes citados. E ditos criterios han ter validez universal, non poden en ningún caso cambiarse a capricho. Vexamos, pois, el veredicto.

Qué lingua falamos

A filoloxía moderna, nel noso caso, sentenciou categoricamente desde el primeiro momento: as falas del Navia-Eo asturiano enmárcanse dentro del dominio galego-portugués, é decir, somos asturianos que falamos galego. Nada orixinal, por outra parte. Sin ir máis lonxe, esa paradoxa que se dá na maioría das linguas, cuxas variantes non saben de fronteiras, ocurre de maneira casi idéntica nel extremo occidental das provincias de León e Zamora, formando as tres zonas de norte a sur úa mera franxa natural e autóctona del gallego fóra de Galicia. O que vén a confirmar a vella intuición: os visitantes del centro de Asturias que chegaban por primeira vez a cualquer poblo da zona notaban que os lugareños falaban algo distinto; por el contrario, os galegos que fían lo propio, e en especial os más lonxanos, tían a sensación estraña de non ter salido aún da súa terra. El eonaviego interesado pode comprobar el mismo resultado si viaxa, por exemplo, al Cacabelos leonés ou al Lubián zamorano, cuxas falas vernáculas, inda que alonxadas nel espacio, sonaranlle mui familiares. Como vernácula é tamén a nosa, non fruto de invasión ou contaminación algúa procedente del oeste sinón orixinaria da súa propia zona, nacida aquí e así por razois históricas, e tan galega, lingüísticamente falando, como por exemplo o son as faladas al outro lado da ría ou en cualquer outra parte del territorio vecín. Ningúa idéntica, por suposto, con maiores ou menores diferencias entre sí e desde lougo coel galego común Estándar, pero con úa maioría de rasgos pertinentes compartidos que as unifican nun solo idioma. Esto, que ocurre na maioría das linguas, debería verse como algo natural a ter en conta pra cualquer tratamento real desas falas fronteirizas.

A filiación galaica das nosas falas vén de lonxe, desde os primieros estudios sobre os romances ibéricos. Pero foi nos inicios del século XX condo RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL, el padre da Filoloxía Española moderna, fixa esa frontiera lingüística dúa manera casi definitiva nas súas Notas [hoxe feitas libro, ‘El dialecto leónés’, Breviarios de la Calle del Pez, nº 24, Diputación de León (referido, a pesar de su nombre, a todo el dominio surgido del viejo reino asturiano; hoy representado, principalmente, por la llingua asturiana)]: “… En Asturias, junto al mar, el dialecto leonés no empieza sino a la derecha del río Navia; a la izquierda del río se habla hoy una variedad del dialecto de Lugo; y aun en algunos pueblos inmediatos de la orilla derecha… el gallego se extiende por una faja de 8 km al oriente de Navia. Probablemente este límite estará determinado por razones históricas tan antiguas que tendrá algo que ver con el límite de los conventos jurídicos Asturicense y Lucense; el río Navia, según Plinio, separaba a los astures pésicos de los galaicos lucenses…”. Máis claro, augua. Inda faltaría, sin embargo, el remate definitivo.

Vano constituir os traballos de campo que outro peso pesado da filoloxía hispana, DÁMASO ALONSO, con familia e frecuentes estancias na zona e bon conocedor das súas falas, levou a cabo durante os primeiros anos de posguerra. Lougo de confirmar as conclusiois del maestro, corroborando e actualizando os rasgos distintivos e os límites orientales daquelas, en contraste cos del asturiano occidental, zanxa a cuestión de forma tan contundente e reiterativa que nno dexa lugar a dudas: ese territorio é para él úa das “zonas del gallego exterior, dialectos gallegos hablados fuera de los límites políticos de Galicia, a saber, en el Occidente de Asturias”; esa zona é “políticamente asturiana, lingüísticamente gallega”; confirmando que “la afirmación, ya antigua, de que el Gallego llega, dentro de Asturias, hasta el río Navia es justísima, penetrando, en realidad, todavía algunos kilómetros al este del río”; que esas hablas son “fundamentalmente gallegas pero con algunos rasgos asturianos”; que conforman el “gallego del Occidente de Asturias, que, lo mismo por su fonética que por su morfología y su sintaxis, es un habla gallega con unos cuantos (muy pocos) rasgos coincidentes con el Asturiano”; e que representan “una rama del gallego-leonés… hablado en el extremo occidental de Asturias, que muchas veces, por rapidez, llamamos gallego-asturiano”. [as citas son textuales, por suposto, resumidas no esencial; poden verse reunidos todos esos traballos de Dámaso Alonso nel Tomo I das súas “Obras Completas”, parte II: Del Occidente Peninsular, pp. 293-523, ed. Gredos]

Non sei si se pode ser máis explícito e concluinte. Esa insistente rotundidá, condo as linguas de Asturias non castellanas eran consideradas simples dialectos da única lingua oficial e a polémica actual non era nin sospeitada, bastaría por sí sola pra desbaratar cualquer reparo ou cuestionamento al efecto. Asta a fecha, esa caracterización das nosas falas, basada en sólidos criterios confirmados por a realidá, foi aceptada, cos matices que se queira, por todos os lingüistas españoles e estranxeiros que se acercaron al tema, incluindo a maioría de académicos, filólogos e estudiosos del asturiano e el sou entorno, os cuales, aberta ou indirectamente, así lo declararon ou insinuado nalgúa ocasión asta por escrito. Fáltanos aquí espacio pra demostralo, pero o que sobran son probas. Sirva de botón de mostra el máis recente estudio da Universidá asturiana, cuxos autores non son precisamente sospeitosos de galeguismo, un minucioso análise das falas eonaviegas cuxa conclusión sigue sin dexar lugar a dudas al reconocer que “se caracterizan por la presencia mayoritaria de rasgos galaicoportugueses, lo que viene a confirmar la tipificación ya conocida desde la dialectología tradicional”. (proxecto ETLEN, Universidad de Oviedo). E, por certo, nin os escasos lingüistas máis escépticos atrevéronse a insinuar que esas falas señan asturiano; como muito, interesadamente, relegáronlas a un más que difuso e sospeitoso limbo.

 

 

 

 

 

Non sei si se pode ser máis explícito e concluinte. Esa insistente rotundidá, condo as linguas de Asturias non castellanas eran consideradas simples dialectos da única lingua oficial e a polémica actual non era nin sospeitada, bastaría por sí sola pra desbaratar cualquer reparo ou cuestionamento al efecto. Asta a fecha, esa caracterización das nosas falas, basada en sólidos criterios confirmados por a realidá, foi aceptada, cos matices que se queira, por todos os lingüistas españoles e estranxeiros que se acercaron al tema, incluindo a maioría de académicos, filólogos e estudiosos del asturiano e el sou entorno, os cuales, aberta ou indirectamente, así lo declararon ou insinuado nalgúa ocasión asta por escrito. Fáltanos aquí espacio pra demostralo, pero o que sobran son probas. Sirva de botón de mostra el máis recente estudio da Universidá asturiana, cuxos autores non son precisamente sospeitosos de galeguismo, un minucioso análise das falas eonaviegas cuxa conclusión sigue sin dexar lugar a dudas al reconocer que “se caracterizan por la presencia mayoritaria de rasgos galaicoportugueses, lo que viene a confirmar la tipificación ya conocida desde la dialectología tradicional”. (proxecto ETLEN, Universidad de Oviedo). E, por certo, nin os escasos lingüistas máis escépticos atrevéronse a insinuar que esas falas señan asturiano; como muito, interesadamente, relegáronlas a un más que difuso e sospeitoso limbo.

Situación actual

Así as cousas, o lóxico e razonable que se podía esperar sería a aceptación dese unánime veredicto Filolóxico. Eso parece ocurrir en teoría, pero na práctica, contra todo pronóstico e por razois que daquén debería explicar claramente a todos os asturianos e en especial aos propios falantes, el proceso de Normalización lingüística que se tá desarrollando coas falas da zona discurre por un camín mui distinto al esperado: non reconoce a súa naturaleza indiscutible, oculta el sou verdaderio nome, rechaza todo o que sone al dominio propio e as está convertendo núa pretendida lingua autónoma, supostamente ubicada entre asturiano e galego, lingua que non existe prá romanística e desvirtúa toda realidá. E ese ilexítimo tratamento non naceu da espontaneidá nin muito menos. Os sous oríxenes hai que buscalos en relación coel movemento de recuperación del asturiano como lingua, que se iniciou alá por os anos 70. Nese momento, as falas eonaviegas non existían pra naide e asta a Gramática Bable de 1976 (dous de cuxos autores eran profesores da Universidá de Oviedo que lougo iban presidir a futura Academia de la Llingua, la ALLA) detía os sous estudios e os sous mapas al pé del río Navia, dexando en branco as terras asturianas restantes asta el Eo: sabían, e lo siguen sabendo, que nellas se falaba úa lingua que non lles correspondía, inda que por os sous feitos posteriores tean tratando en vano de demostrar o contrario. Pero, daquén se pode crer que, si tuvesen a máis mínima sospeita de que esas falas eran asturiano, iban deixalas de lado naquel primeiro momento e non incluilas como súas, desde el minuto cero, a modo de úa potencial cuarta zona bable?

Como non la tían, por debaxo dese silencio, taban fraguando un plan centralista de clara e inaceptable apropiación indebida. E que solo saliu á luz condo, a mediados dos 80, un pequeno grupo de falantes da zona surxiu pra denunciar e rexeitar as inxustificadas e preocupantes medidas contra a súa lingua que xa se empezaban a vislumbrar e que terxiversaban a súa identidá. E aí se desatou el conflicto. De inmediato foron acusados de galeguismo, úa maneira espuria de ocultar as verdadeiras intenciois del plan asimilador. A ALLA fixo entón asta o imposible por obter del Principado a tutela técnica sobre esas falas, que, como el propio nome da Academia indica, non podía ser súa. A oportunidá chegoulle us dez anos máis tarde, de maos dun Goberno débil que inda falaba de bables e nin siquera reconocía al asturiano como lingua, un ilexítimo obsequio de despedida del entón presidente Trevín, contrariando os sous propios oríxenes, e da súa conselleira cultural, cuxa forzada política lingüística neste asunto non consistía máis que en varrer prá casa, e que endilgaban así al sou propio partido un verdadeiro ´glotomocho`. Coa tixela por el mango, a institución académica lanzouse a úa potente campaña de desinformación, victimismo e confusión, con medidas e actuaciois cuxo obxetivo non era outro que el de ferse coa zona, negando o innegable para desnaturalizar as nosas falas, aislalas del sou tronco común e forzar no posible a súa asturianización lingüística.

De aí el batiburrillo eufemístico de nomes que nunca termina, pois con tal de esconder a palabra tabú todo vale: chapurriao (despectivo), fala (tautolóxico), asturiano occidental (falso), eonaviego (xeográfico), gallego-asturiano (ambiguo, el mismo don Dámaso confesa telo adxudicado por as présas) e algús más. Interpretando este último, ademáis, aproveitándose del desafortunado guion (dichoso borrón el del mellor escribano), como señal de continuo lingüístico pra falar de úa lingua híbrida de transición que el autor non contempla en ningún caso e que, de maneira constante e asta obsesiva, como se observa simplemente lendo as súas citas anteriores, defende como de naturaleza inequivocamente galega. Deixando ben nítido que esa gradación natural de rasgos (que él, como el insigne poeta que tamén era, ilustrou “como en el arco iris entre dos colores inmediatos”), é algo inherente a linguas ermás en contacto e moi frecuente a lo largo de casi toda a Romania, o cual non impide para nada a fixación de sucesivas fronteiras lingüísticas e a adscripción das diferentes falas al sistema que lles corresponde según a taxonomía científica al uso. Do que solo se pode colexir que esas falas, para él, son galego asturiano, galego del occidente de Asturias ou lisa e llanamente galego; e a desdichada parella guionada, un improvisado sinónimo máis.

Tampouco sirven de xustificación os criterios extralingüísticos de tipo identitario, mui respectables pero sempre subordinados á esencia real de úa lingua. Porque naide cuestiona aquí esa identidá dos falantes, que son e se saben parte indiscutible de Asturias, nin as fronteiras ou a unidá del poblo e el territorio asturianos. E a Filoloxía debe ser previa a toda política lingüística: pra normalizar úa lingua haberá que saber primeiro de qué lingua estamos falando. E, neste caso, eso se sabe, inda que non se queira aceptar. Manter o contrario é, simplemente, entrar en contradicción manifesta cos criterios utilizados pra el reconocemento e normalización da llingua asturiana (e de cualquer outra) e darlles a razón aos autodenominados “amigos dos bables”. Pra ser, pois, consecuentes, os que definden esa posición improcedente deberían cuestionarse dous aspectos inxustificables del proceso iniciado na zona: que esté dirixido por úa institución allea, nacida pra úa lingua distinta; e que, contra o que se debería esperar, se intente impoñer úa ortografía cuxos elementos máis señalados apuntan á desa misma lingua. Manterían esa doble incoherencia si a tutela da llingua asturiana fose outorgada por decreto á RAE e esta, inda sin cambiarlle el nome, lle implantase úas normas adulteradas, forzadamente castelanistas, solo por el feito de ser úa lingua politicamente española?

Conclusiois

. De acordo cos principios da Filoloxía Románica, entre os ríos asturianos Navia e Eo se fala úa modalidá da lingua galega. Ergo, na Veiga falamos galego.

. Esa modalidaá representa úa das tres linguas actuales de Asturias (xunto a castellano e asturiano)

. El galego de Asturias é autóctono dese extremo occidental asturiano.

. Os galegofalantes desa zona considéranse asturianos a todos os efectos.

. As academias créanse pra protexer úa única iengua, nunca dúas distintas. El papel da ALLA nesa zona é, por tanto, inaceptable, fruto dun proxecto unificador inxustificado e amparado arbitrariamente por a Administración asturiana.

. El proceso de normalización actual da nosa lingua nel sou territorio atenta, en grave medida, contra os sous oríxenes e a súa identidá; e representa un auténtico fraude cultural fraguado a espaldas dos sous propios falantes, que aboca al desarraigo e á adulteración de úas falas con filiación definida, cohesión probada e uso elevado.

. El Gobierno del Principado, como responsable único das políticas lingüísticas de Asturias, debe reconducir ese proceso Conto antes, regulalo a partir dos postulados filolóxicos al uso e esixir que esas falas señan reconocidas, respectadas e tratadas como lo que son. Non se pode consentir por máis tempo tamaño despropósito. Rectificar xa.

. Asimismo, debe informar aos sous falantes, de maneira clara e sin prexuicios, sobre cuál é a súa lingua realmente, por qué e por quén tá sendo maltratada e cuál debe ser el modo máis axeitado de protexela en adelante. Solo así podrrán decidir el sou futuro elos mismos con conocemento de causa.

. Falar galego non é incompatible con sentirse asturiano (e non fei falta que seña “asta a médula”), El reu sigue desnudo e non é un Conto. A ver si se dá por enteirado.

Paréceme oportuno terminar con úa elocuente anécdota persoal pra descreídos, que me relatou hai pouco e sin vir a Conto un amigo da zona, bastante alleo a este debate. Alá por as últimas calendas del século pasado, atopábase fendo un curso en Madrid. Entre os profesores que lo impartían taba don Alonso Zamora Vicente, madrileño, un dos lingüistas españoles máis destacados, académico da RAE e da ALLA, casado coa tamén lingüista e académica María Xosefa Canellada, piloñesa e pioneira de estudios e textos en llingua asturiana. Úa amiga del estudiante conocía persoalmente al profesor e, al final de úa das clases, acercouse a saludalo acompañada del mozo, al que presentou como oriundo dun poblo eonaviego. Sin darlle timpo a abrir a boca, el por entón venerable pero lúcido anciano non se dirixiu a él cos esperados “encantado”, “hola”, “me alegro” ou similares. Non, de modo espontáneo e fulminante, nada máis oír el nome de dita localidá, como si o tuvese esperando, largoulle lo seguinte: “¿Sabe usted que en su pueblo hablan gallego?” Pois eso.

 

Santi Somoza, abril 2022

 

 

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *