Colleita de opiniois. Manda carayu en Tapia

Por santi somoza

Manda carayu en Tapia

Ante todo, benvida seña a idea de convertiren el Faro tapiego nun centro cultural de presuposto millonario e ambicioso proxecto. Claro que a cousa empeza mal: adxudicando un nome asturiano alí onde non se fala lingua tal. Pecha esa “o”, que algo queda. Simple erro ou nova volta de torca? Home, dados os precedentes e a orixe dos tiros, non sería muito sospeitar polo segundo. Porque as reiterativas evidencias dun trato desigual e subalterno das falas galegas del poniente astur cantan por si solas: ausencias, omisiois, imposiciois, marxinalidá.
Nada de estraño. E como sempre que ocurre algo así, salen á palestra informativa os choramiqueiros de turno. Lágrimas de cocodrilo, hipócritos lamentos de quen sabe que a cuestión de fondo é outra e non un lastimeiro quítame aló esa letría. Pois as causas de tales compoñendas vein de lonxe, dos escuros tempos en que nin se mencionaba esa lingua (mentras se falaba dafeito, eso si) e dos inicios da súa “existencia”, cuando non quedou máis remedio que sacala á luz pública. Unha pataca calente que el Principado, pastor del rebaño lingüístico, traspasou al mellor (im)postor, que xa vía devecendo por elo e que, lougo dun aparente lifting de desnaturalización académica, presentoulas en sociedá, ben travestidas e emperexiladas, como novedá Romance, a ver se colaba. E nestas seguimos, gato por lebre e miando. Daqueles polvos, esta lameira: ausencia de criterios filolóxicos, “averamientu” interesado, normas mistificadas, contradiciois varias, tratamento antinatura. E, a falta de razois, apélase aos sentimentos, al asturianismo mal entendido e a un irracional antigaleguismo sen pés nin cabeza.

 

 

 

 

Nas noticias de prensa sobre el citado caso fareiro, vólvese a insistir na mesma canción, dalle que dalle. Rescato e comento aquí algunhas desas queixas de falantes que parecen sorprendidos (LNE, 21-03-2023): 1/ “… no se tiene en cuenta la lengua propia de la zona, que no es otra que el eonaviego o gallego-asturiano…”. Inventos! Non existe ningunha lingua chamada gallego-asturiano nin eonaviego, el idioma propio da zona é a lingua galega, na súa variante autóctona, guste ou non (Pra máis información, ver Lenguas Romances en la Península Ibérica.) 2/ “…el nombre autóctono y que respeta nuestra realidad lingüística es faro y no faru…”. Faragullías! Esa falta de respeto é muito máis, vén de fábrica e manipula os postulados glotolóxicos, terxiversando dafeito os miolos del asunto. Consentida, eso si, dende a propia casa: ofrecerse como adxunto, renegando do propio, é el que ten. (Pra máis información, dirixirse al 10 The Eagle St. capitaleiro.) 3/ “…a nadie se le debería ocurrir firmar algo sin consultar al técnico y, en este caso, parece no se tuvo esa sensibilidad…”. Bingo! Como si fixeron, “insensibles” eles, os responsables del proceso de Normalización lingüística na zona, sabedores de que os técnicos lles impugnarían el negocio. (Pra máis información, ver el informe Etlen, Universidad de Oviedo)
Na Consellería calan como afogados. El Presidente, “sorprendido”, afirma que rectifica porque el protexe a “fala eonaviega”, hai protecciois que matan. Vai presentar, lougo, unha enmenda á totalidá? A ver se lo alumou el bendito Faro. Xa ora, chove sobre mollado.

Manda carallo!   

                 Santi Somoza, A Veiga

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *