Nel BOPA del 28 de marzo de 2023 sale publicado el Decreto 21/2023 por el que se dispón a creación dun distintivo coel que el Principado de Asturias vai reconocer ás empresas que empregan as linguas propias de Asturias nel desarrollo da súa actividá profesional. Concretamente, el Principado adquire a propiedá dúa marca denominada <<“Alfaya, marca asturiana d´usu llingüísticu”, cuyo logotipo y denominación serán utilizados como distintivo para reconocer a las empresas que emplean las lenguas propias de Asturias en el desarrollo de su actividad profesional y que ha sido creado al objeto de tener en consideración el grado de normalización del uso, presencia y gestión del asturiano y/o gallego-asturiano en el ámbito empresarial del Principado de Asturias>>. Esta iniciativa -según a información publicada- forma parte dun proxecto da Dirección Xeral de Política Llingüistica, tando previsto que condo se implante “va tenese en consideración el grau de normalización del usu, presencia y xestión del asturianu y/o gallego-asturiano na so actividá profesional a la hora d’entregar la certificación” ás empresas que podan utilizar tal distintivo.
ALFAIA, NON “ALFAYA”
Einda que -según se informa- a iniciativa “ta entovía verde”, Axuntar quer expresar xa a súa posición al respecto. A palabra “Alfaya” non representa al galego de Asturias, que é úa variante dialectal del Bloque oriental -área asturiana- da lingua galega. Como tal variante dialectal, reconocida por lingüistas e filólogos de todas partes, non ten nel sou abecedario a consoante fricativa palatal sonora /y/.
CONVÉN RECAPITULAR
Non por sabido é menos pertinente recordar aquí que el galego de Asturias, galego-asturiano según el Glotónimo oficial, vénse rexindo de facto por a norma proposta por a Consellería de Cultura en 1993 e asumida por a Academia de la Llingua Asturiana (ALlA) en 2006. Deste xeito, a citada norma, que nega a filiación llingüística del galego-asturiano, vén tendo a consideración de “oficial”, dándose a doble paradoxa de que: 1. É a norma “oficial” en Asturias pra úa lingua que non é oficial en Asturias. 2. A tutela del galego-asturiano ou galego de Asturias foille atribuída al ALlA, algo insólito al tratarse dúa institución allea al tronco lingüístico del que tal lingua forma parte, conforme al consenso científico establecido. Pero con doble paradoxa e todo, a realidá é que a norma que se ensina nas escolas del Eo-Navia é esa, sendo tamén a que usan as instituciois autonómicas, municipales e as de ámbito comarcal nas poucas ocasiois en que se comunican ou tein a ben fer campañas publicitarias na nosa lingua.
As implicaciois deste feito son muitas, e os efectos vanse acumulando a lo largo del tempo en detrimento da normalización da nosa lingua, nun contexto de forte crisis económica e demográfica na comarca del Eo-Navia. Pouco se fala da práctica imposibilidá de publicar obra escrita con úa normativa que reconoza e valorice as reices da nosa variedá dialectal. Pasan os anos e manténse esta situación. Quen escriba utilizando úa grafía que non negue a filiación lingüística galega da nosa lingua non pasará as comisiois de valoración pra acceder ás convocatorias públicas de promoción de actividades culturales, premios literarios, etc., nas linguas propias da nosa Comunidá Autónoma. Deste xeito, as posibilidades de que a súa obra vexa a luz en Asturias quedan supeditadas a que daquén altruista aposte por a súa promoción, publicación e/ou distribución. El resultado son voces silenciadas e úa merma da pluralidá, da vitalidá e da proxección pública da creación cultural núa das dúas linguas propias de Asturias.
COLOFÓN
A nosa lingua, el galego de Asturias, é un Patrimonio inmaterial único, úa alfaia que recibimos e queremos preservar con dignidá. Esta “Alfaya” non lle fai xusticia.