A palabra de abril

Ourizo

Substantivo masculino. Procede del latín ERICIUM, “erizado”.

Ten tres acepciois:

1. Casca exterior con espías que contén as castañas del castañeiro.

A castaña nel ourizo
quixo rir e reventou;
caendo castañeiro abaxo,
mira que golpe levou! 

2. Pequeno mamífero da familia dos erinaceidos (Erinaceus europaeus), coel lombo e os lados cubertos de espías, lento nel andar e que se alimenta de insectos. SINÓNIMOS: cachourizo, ourizo cacheiro, ourizo cacho. Este animal, na nosa zona, recibe diversos nomes: ourizo, arizo (A Veiga), razcacheiro, ourizo cacheiro, ourizo gacheiro, ourizo recacheiro, rascacheiro…

Non tein pescozo e os seus ollos son pequeníos. As orellas son redondeadas e el focín aguzado. Ten 36 dentes. As súas patas son cortas, tein 5 dedos cada úa e tán provistas de fortes uñas. Ten un rabín pequeno. Os machos son máis grandes que as femias, e el abdome é dúa color parda máis clara que os pinchos. As femias poden ser tamén da cor da cinza. Son animales lentos, inda que poden apurar el paso. Caminan muito e saben nadar. Nel caso de presentir peligro enróscanse sobre si mesmos. Emiten xipridos. El sou olfacto tá mui desenvolvido.

El sou maior enemigo hoi en día é el ser humano. A mortalidá accidental nas autovías é el sou maior problema.

Normalmente tein dous períodos de celo, un condo comenza el bon tempo e outro entre agosto e setembre. A xestación dura us dous meses. Poden chegar a ter cinco ou seis crías, que al principio son de color rosa e nacen cegas. Aos tres días dispoin de pinchos que se van endurecendo pouco a pouco. Maman us veinte días e a partir del mes acompañan á madre nas súas salidas e exploraciois.

Tein el sou período de actividá entre abril e novembre e un período de hibernación que empeza condo comenza a fer frío. Espertan coa primavera.

EL ERIZO

El erizo despierta al fin en su nido de hojas secas,
y acuden a su memoria todas las palabras de su lengua,
que, contando los verbos, son poco más o menos veintisiete.

Luego piensa: El invierno ha terminado,
Soy un erizo, Dos águilas vuelan sobre mí;
Rana, Caracol, Araña, Gusano, Insecto,
¿En qué parte de la montaña os escondéis?
Ahí está el río, Es mi territorio, Tengo hambre.

Y vuelve a pensar: Es mi territorio, Tengo hambre,
Rana, Caracol, Araña, Gusano, Insecto,
¿En qué parte de la montaña os escondéis?

Sin embargo, permanece quieto, como una hoja seca más,
porque aún es mediodía, y una antigua ley
le prohibe las águilas, el sol y los cielos azules.

Pero anochece, desaparecen las águilas, y el erizo,
Rana, Caracol, Araña, Gusano, Insecto,
Desecha el río y sube por la falda de la montaña,
tan seguro de sus púas como pudo estarlo
un guerrero de su escudo, en Esparta o en Corinto;

Y de pronto atraviesa el límite, la línea
que separa la tierra y la hierba de la nueva carretera,
de un solo paso entra en su tiempo y el mío;
Y como su diccionario universal
no ha sido corregido ni aumentado
en estos últimos siete mil años,
no reconoce las luces de nuestro automóvil,
y ni siquiera se da cuenta de que va a morir.

Bernardo Atxaga

3. Ourizo de mar

Reconócense por teren un aspecto máis ou menos esférico e estaren recubertos de espías. A única parte que tá exenta dellas é a boca, que tá situada na parte inferior da esfera, a cual lleva a rentes del chao. Ten un esqueleto calcario, mui duro, que queda descuberto condo el animal morre.

Como medio de locomoción usa as espías, que son móviles.

El macho ten espías largas, delgadas e agudas; mentras que a femia as ten cortas e romas.

El ourizo é de color oscura, con tendencia a negra, verde e violeta. Ten úas púas robustas e aguzadas que, al caeren, deixan ver un corpo dividido en grupos de placas.

As gónadas femininas son de color marela forte ou anaranxadas; as masculinas, marela clara ou parda.

El problema biolóxico desta especie radica en que a súa época de comida coincide xusto coas semanas anteriores á posta dos ovos. De aí a necesidá de controlar severamente as extracciois.

Púrpura irisado

Acuarela de Paloma

E un bon día chega Fran coel cesto chen de ourizos de mar. Os primeiros da temporada, inda empapados, coa súa brillante color púrpura irisada en verde como el ouca que traen engadellada nas púas.

Sácanse a mesa pequena e as banquetas, pra xuntármonos debaxo del vello mazueiro, agora espido. Dúas cullarías pra cada un, vasos pra todos. Daquén serve viño branco, mentras sale del lume a pota fumegante. El sou arrecendo, que concentra as esencias todas del mar, xa encheu a casa e persigue agora á cocieira de tan sinxelo e delicioso manxar, asta quedar nel medio da mesa.

Brindamos coel viño dourado, fresco, gorentando el sou puntín ácido, que nos fai chascar a lingua. Delicadamente, cóas puntas dos dedos afincadas a penas sobre as agudas púas, botamos mao dos ourizos. El sou humilde corpo acoirazado sucumbe ante el empuxe das nosas inocentes cullarías e deixa ver por fin as esponxosas, húmidas ovas de intensa cor laranxa, que nos traen á boca el sabor del océano. Entonces, el poder evocador da nosa memoria máis atávica lévanos inconscientemente, por un instante, al mundo acuático del que remotamente procedemos.

É mediodía, brilla fugazmente el sol entre as nubes. El sou resplandor deslúmbranos e acarícianos á vez; por eso pechamos galbanosamente os ollos. A brisa tráenos el aroma das mimosas. A conversa, recordos doutras reuniois como esta.

Longo foi el inverno, e inda non rematou. Pero que bon acordo tuvo Fran, chegándose á ribeira pra traguernos con que poñer esta amozcadura feliz nel calendario.

Paloma García Méndez

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *