Campamento romano Chao de Carrugueiro, Boal.

Publícouse nel “Boletín Oficial del Estado ” de 6 de abril a inclusión nel Inventario del Patrimonio cultural de Asturias del campamento romano de “El Chao de Carrugueiro“, nel Concello de Boal, coa categoría de xacimento arqueolóxico inventariado (IPCA-Y).

El campamento de “El Chao de Carrugueiro” foi identificado mediante el análisis de imáxenes satelitales e aéreas.
El lugar unde se atopa é el amesetado costado occidental dun dos montes cumbreiros da serra de Penouta, cúa cota máxima de 917 m., enriba da aldea de Carrugueiro e cerca das localidades boalesas de Doiras, San LLouguís, e a mesma capital del Concello.

El campamento é un caballete terreiro –agger– (antiguo término romano que fai referencia a un terraplén ou rampa e procede del vocablo latino aggero, que significa “dirixir” ou “fer un montículo”.) que neste caso ten un metro de altura e describe úa planta rectangular con ángulos curvos de 90°, rematando nel sou lado oriental nun lombo rocoso que lo delimita por ese frente. Nel sou lado N. el alineamento presenta un retranqueo pra esquivar úa vaguada perpendicular al sou trazado. É probable que dita infraestructura defensiva fose precedida por fóra por un foso actualmente colmado.
El recinto ocupa úas 5,5 ha., abondo pra acoller úa lexión. Nel centro del peche occidental percíbese un vano que posiblemente ocuparía úa característica porta en clavícula. A feitura de ditos elementos artificiales demarcadores e a forma e dimensiois del recinto responden aos patrois máis carismáticos da castrametación romana, da que se conservan outros enclaves próximos al largo da alineación orográfica da Serra da Bovia.

Este descubrimento suma a este territorio un valor cultural ademais dos que xa tíamos noticia por medio de muitos estudios históricos, entre os que queremos destacar el “Estudio sobre la evolución histórica de Boal” Uviéu, 2009, del historiador boalés Enrique Sánchez Braña, que xa documentou a importancia dos enterramentos neolíticos e necrópolis megalíticas, vestixios da Edá del Bronce -Estación de arte rupestre esquemático da Cova del Demo- explotaciois mineiras romanas, restos da cultura castrexa (el castro de Pendia, el castelo del Villar de San Pedro), etc. Este autor informa da presencia na zona de tribus galaicas así como a adscripción polos romanos desde territorio na demarcación del Conventus Lucensis.

https://www.boe.es

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *