Desde Axuntar queremos aclarar as posturas que defendemos xa que nos chegaron preguntas al respecto, a consecuencia de que aparecemos mencionados nun documento que a asociación Xeira fexo público nas redes sociales e que titulan “Informe sobre el nome de gallego-asturiano. 2021”, unde tratan a cuestión deste Glotónimo.[1]
Axuntar entende:
FEITOS OBXETIVOS
Nel Eo-Navia falamos galego. [2]A palabra galego sempre foi “de uso normal nel ámbito coloquial” nel Eo-Navia e sigue utilizándose pra referirse á fala propia. Que Xeira lo reconoza nel sou informe [3] é algo del que nos alegramos muito, xa que é constatar un feito, del que muitas persoas non chegamos a dudar nunca. Sempre é búa noticia que haxa agora máis xente que lo reconoza e lo defenda.
A fronteira occidental de Asturias ten case mil anos de antigüedá, sen que exista nel Eo-Navia ningúa aspiración de pertenencia a Galicia. Existe, por el contrario, un forte sentido de pertenencia a Asturias.
A nosa asturianidá non pode significar a negación ou terxiversación da nosa realidá lingüística. E pasa por asumir con orgullo que a nosa fala é úa variante del galego-portugués.
CONCLUSIOIS
Por todo lo anterior, non temos por qué desculparnos nen ter medo a ser considerados asturianos/as de segunda por falar galego.
Al contrario: precisamente neste momento en que se vai abordar a cooficialidá das linguas propias da nosa Comunidá Autónoma, é condo con máis orgullo debemos manifestar este xeito noso de ser asturianos/as.
Esta lingua que recibimos como legado, que a pesar del maltrato sufrido sigue einda ben viva, merece que nesta nova etapa se produza un cambio de rumbo: que a oficialidá sirva pra garantizar -e xa vai sendo hora- os nosos deretos lingüísticos en pé de igualdá. Como non pode ser doutro xeito, porque lo avalan a filoloxía, a Sociolingüística e, por suposto el sentido común. Porque é de xusticia.
Axuntar non propón nin reivindica que as cuestiois de ningún dos idiomas propios de Asturias las lleven outras autoridades que non señan as autoridades políticas e administrativas da nosa Comunidá Autónoma e defeito pedimos que Asturias se dote dun Instituto del galego de Asturias xa que consideramos úa anomalía que a Academia da Llingua Asturiana se encargue de tutelar outra língua distinta al asturiano.
A posición de Axuntar sobre a normativa, defendendo un Estándar que non separe innecesariamente a nosa variante lingüística del resto de falas gallego-portuguesas é algo que cremos razonable e que non nos fai menos asturianos, al contrario, implica úa posta en valor da conexión cultural coa lusofonía que para Asturias representa que parte del sou territorio seña depositaria deste enorme legado. A normativa ortográfica e morfolóxica actual fomenta a secesión lingüística del idioma, non conta coel aval dúa institución propia del galego de Astúrias, non é úa norma consensuada e non ten a aceptación unánime que se pretende fer ver.
Os falantes tein dereto a teren información obxectiva del sou idioma, conforme al estado de coñecemento lingüístico comúnmente asumido pola comunidá científica. A información veraz é un requisito imprescindible prá participación democrática que permite construir en libertá úa opiniónben formada, que sirva de base pra tomar decisiois superadoras de prexuicios identitarios e que contrarreste os efectos máis nefastos da minorización del idioma: a renuncia á lingua e a substitución lingüística.
Uviéu, a 15 de novembro de 2021.