Begoña Martín Acero

Begoña Martín Acero viviu infancia e adolescencia en Boal. En Oviedo estudiou a carreira de Filoloxía hispánica, que rematou en Santiago de Compostela, á vez que se especializou en Filoloxía galego-portuguesa (“sempre me gustaron as linguas minorizadas…”). A súa vida laboral desenvolveuse en Galicia, como profesora de Lingua e Literatura galega.

Ten algúns libros publicados: uns como coautora (Mar de cores con Paloma García Méndez; Técnicas de Expresión escrita, con Isabel Arcay Veira; Ei tán… as portas de Boal, un libro fotográfico-textual bilingüe realizado con Edita Nogueira Tallón e Quique Roxíos) e dúas publicaciois individuales (Termodonte e outros contos e Taller de escritura creativa).

“Sou bilingüe (castelán e galego) e agora tamén sou neofalante del galego de Asturias, algo que creo que lle debía a esta variedá nosa da lingua galega, pola que sempre sentín un profundo afecto e respeto”.

ÚA PREGUNTA

Si daquén me preguntase
por úa montaña soñada,
abriría a ventá
e miraría de llonxe.
Quedaría emocionada
coa alfombra de colores:
Ericas, brezos de suaves maxenta,
uces mourales,
toxos e xestas dourados,
folgueiras esmeralda.
Bañadas de azul,
as tollemerendas dos camíos.
De algodón,
as zanahorias silvestres.
Violetas -armas de muller-,
os crocus, estallois
e lirios de augua.
Asombraríanme polos carreiros
as pedras culobra,
llouxas, cuarzos, micas,
rolling stones.
E os tímidos rascacheiros.
Castañeiros e carballos,
copas al vento,
trazando sendeiros.
Ei enriba,
nel crumen del celo,
azores e confiados paporrubios.
E as nubes -telas bordadas de Yeats-:
cúmulos, mammatus, cirros e irisadas,
espumas de mar
deslizándose suavemente.
Pero… non hai quen me pregunte,
e a montaña quedará
nos meus pensamentos,
nos recordos doutros tempos,
nos soños
e na maxia que creou el sou misterio.

(Escrito pra “Camíos entre versos e llouxas”, convocado por Forum Boal, 21 marzo 2021)

Aquí podedes ler un Microrrelato:

#aguerradetroia

-Cincuenta pavos a que gano eu.

Pasaban os días apostando. Coa Nintendo; xogando al mus; condo adiviaban as palabras del xogo de moda esa temporada, el WORDLE; asta xogando al parchís e al xadrez. Mesmo condo se guasapeaban, acababan apostando sobre cualquer cousa que lles dese pé na conversación.

-Trato feito.

Así comenzaron a nova contenda.
E cando xa llevaban un par de días de retos, ganando un, perdendo el outro e viceversa, a madre díxolles:

-Héctor, Aquiles, deixádeivos de tanta liorta, de tanto xogo e tanta zarapallada que inda ides acabar mal!

E CHEGOU EL HOME

E unde taban aquelas florías moradas 
que chamábamos gancellas
das que as abellas taban namoradas:

Crasssssshhhhhhhhhhh! 			Un furaco!

E entre as folgueiras, 
mantas del musgo e da terra moura, 
cobertores de insectos: 

Booommmmmmmmmmm! 			Outro furaco!

E nel medio dos árboles 
-torres de vida-,
e sobre os toxos 
-espías de luz-,
e enriba das xestas 
-soldeameicer-:
							Dolor, amor, dolor!
	       Solo dolor, amor!
 	 
(Poema presentado en 
Manifesto de Arte pola Terra).

                                            BMAcero
Comparte

1 comentario en “Begoña Martín Acero”

  1. Pingback: Día del libro – axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *