Moisés Cima Fernández naceu en Uviéu, pero criouse nel Concello de Coaña, primeiro en Orbelle e despois en Mouguías. De ben novo empezou a militar nel movemento de reivindicación lingüística e, despois en organizaciois políticas.
Escribiu dous poemarios nel galego de Asturias, “De homes e deusas”, inédito, e “Poemas pra noites de media llúa”, inédito en galego pero editado na tradución al asturiano, “Poemes pa nueches de media lluna” (Ed. Trabe, Uviéu, 2016), coel que foi galardonado coel Fernán Coronas nel 2015. Publicou poemas nel fanzine “El Espinete” e as revistas Entrambasauguas e Trabatel, ademais de colaborar nas colectáneas “Poetas do reencontro” e “Raia luso-espanhola”.

Pra escuitar el Poema, pincha nel título
(Gravación feita por Edita Nogueira)
BERRAR NEL MONTE E que esperades de min? Estranxeiro na mía terra. Escondendo linguas didos soños como as mancaduras del leproso que tapa el terrible secreto que lo condena. Que esperades de min? Morto del medo dos covardes condo pasades ondiando bandeiras, rompendo cristales, levando xudeos aló ben lonxe. A aquelos países estraños onde a terra non pesa embaxo dos pés, onde a terra pesa enriba das cabezas. Afuxo dos vosos ollos, non vaia ser que sepades os meus secretos e me acusedes coel dido. Bruxa! Bruxa! Bruxa! Que esperades de min? Orfo de patria. Orfo de futuro. Orfo de vosoutros, meus verdugos vecíos. Que esperades?, decídeme. Que esperades? Senón que me erga en rebeldía berrando. Berrando nel monte, si, pero berrando. Mala soledade sufriría se tamén eu mesmo me abandonara. Moisés Cima F.

Foto de Begoña Martín
Pingback: Temos escritores/as – axuntar.eu