Rebelaxe. s. f. Chuvia, neve ou sarabia con vento forte. 2. Mal tempo, irregularidade no tempo climático. // De rebelaxe. De lado (Choveu de rebelaxe). 2. Cando o vento vén con chuvia, neve ou sarabia (Vén el aire de rebelaxe). Dicionario del galego de Asturias, Varela Aenlle.
Rebelaxe. Substantivo feminino. Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido. Prevese un empeoramento do tempo con posibilidade de que haxa rebelaxe. SINÓNIMOS: brea, cifra, ciobra, xistra. Dicionario da RAG.
Rebelage. Sf. Chuva com vento frío. Chuva, neve ou saraiva com vento. Dicionario de Estraviz.
Para a chuvia con moito aire temos en galego, ademais de REBELAXE e dos sinónimos del Dicionario da RAG:
1-brea 2-cebrina 3-cebrisca 4-chuvascada 5-chuvasco 6-cifra 7-cimbra (cae torcida) 8-ciobra 9-coriscada 10-corisco 11-zarracina
Chove en Santiago, meu doce amor… Federico García Lorca
MADRIGAL A CIBDA DE SANTIAGO Chove en Santiago meu doce amor. Camelia branca do ar brila entebrecida ô sol. Chove en Santiago na noite escura. Herbas de prata e de sono cobren a valeira lúa. Olla a choiva pol-a rúa, laio de pedra e cristal. Olla no vento esvaído soma e cinza do teu mar. Soma e cinza do teu mar Santiago, lonxe do sol. Ãgoa da mañán anterga trema no meu corazón.
Chove para que eu soñe... Poema-Verso de Uxío Novoneyra
Casa de Uxío Novoneyra no Courel
Un Poema de Marta Ledo Jardón:
De rebelaxe vén el tou recordo hacia min, as túas palabras de abrigo que me recorren dafeito. De rebelaxe vén el vento coa súa cantiga, a chuvia irisada, barruceira, el témero tempo. É todo úa mestura febril que se axunta inconsciente nestos pedrentos momentos de tranquilidá esfamiada.