Volumen sobre a literatura en galego de Asturias

El próximo 17 de novembre, ás 20:00, na Casa de Cultura El Viejo Pancho de Ribadeo faise el acto de presentación del libro Literatura Galegoasturiana del Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, autoría de Xoán Babarro González, Suso Fernández Acevedo e Rita Bugallo González.

A obra contén poesía, prosa e teatro, e abarca desde a Edá Media asta os tempos modernos, mencionando a máis de sesenta autores/as das comarcas asturianas de idioma galego. Un bon compendio que visibiliza en Galicia, pro tamén nel resto de Asturias, a literatura feita nesta variante del galego oriental e nas súas variades dialectales.

Úa grande parte dos autores rexistran na escrita a fala del sou Concello natal, pro existen outros que -sen renunciar ás voces familiares- botan mao del Corpus lingüístico intentando contrarrestar a castelanización que asonaga el idioma. Nos tempos actuales cada vez son máis os autores que tein úa visión global e deixan el coloquialismo e costumismo imperantes nos tempos da dictadura na procura dúa literatura de maior calidá e universalización.

As autoridades del Principado levan tempo incorporando nas súas publicaciois solo aquella literatura que ta redactada nas variantes dialectales da zona, obligando al uso das normas ortográficas da ALLa e ignorando al resto de autores/as que intentaron ou intentan un achegamento al patrimonio común transfronteirizo. Neste libro non hai censuras.

Compartimos aquí úa nota ben importante que sobre este libro fai el Premio Nacional da Crítica X. L. Méndez Ferrín e que publicou nel Faro de Vigo el 13 de novembre.

XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN

Letras galegas na Asturias Occidental
13·11·23 | 06:11

Que a lingua, antiga e propia dos concellos asturianos de Occidente sexa a galega, é feito que na nosa xuventude nos certificou Dámaso Alonso, mestre no Poema e na filoloxía, que era orixinario, por familia, de Castropol e os Oscos. As xentes desa terrra que media entre os ríos Eo e Navia e que o Urso garda polo Sur na prodixiosa fraga de Moelos, gostan de cultivar o noso e seu idioma, sexa no plano da literatura oral sexa en rexistros cultos máis ou menos marcados polo galego común ou polas falas locais.

Estamos a ler un libro recente sobre este tema: Xoan Babarro González, Xurxo Fernández Acevedo, Rita Bugallo González, “Literatura Galegoasturiana. Poesía, prosa, teatro”, Universidade de Vigo, 2023. Trata, a tres voces, do que o título anuncia con precisión. A maioría dos escritores e escritoras da Terra Eo-Navia que se estudan na obra viviron e floriron no século XX e no que levamos de actual. Cunha excepción notabilísima.

O libro inclúe, por primeira vez na literatura galegoasturiana, un trovador que se considera do século XIII e de cuxa identidade histórica non se sabe case nada: Fernan do Lago. Este, nunha única cántiga conservada, pon, como escenario do seu idilio festeiro, certa igrexa de Santa María do Lago que verdadeiramente existe, aínda que reconstruída, no Concello asturiano e Galegófono de Allande. A atribución xeográfica precisa segue a ser problemática, dada a moitedume de localidades Lago que se espallan por Galicia e Portugal. Trataron, algúns filólogos eminentes, de identificar a persoa de Fernan do Lago coa de Fernand’ Esquio debido a unha inmortal composición do segundo que se refere a amores e caza de aves que ten lugar precisamente nunha paisaxe lacustre. A presenza real, en Asturias Occidental, dunha tanxíbel igrexa de Santa María do Lago é, pois, certa. A cántiga arrinca así: “De ir a Santa María do Lago hei gran sabor / pero non irei alá, se ante i non for, / irmana, o meu amigo”.

Ou sexa que a moza eterna dos Cancioneiros xúralle a unha da súas compañeiras que non acudirá á romaría (implícita) de Santa María do Lago se alí non vai, tamén, o seu amigo. O poemiña axústase, pois, á formula, miniaturizada e fixa, do encontro erótico ao abeiro dunha festa relixiosa. A excepción desta cántiga citada, o resto da obra lírica de Fernan do Lago perdeuse, e supoño que para sempre. En todo caso, este trovador abre con honra a nutrida nómina dos escritores e escritoras galego asturianos en lingua galega dos que se trata na obra que comentamos.

Comparte

1 comentario en “Volumen sobre a literatura en galego de Asturias”

  1. Fer pasar a este Fernán do Lago del século XIII por natural del noso Llago da Montaña é puro “wishful thinking”. A identificación é pouco menos que fantástica. A causa del galego de Asturias precisa un pouco máis de seriedá, ho. Habedes a dicírllo a esta xente de Vigo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *