Enrique González Álvarez. Del 15 al 16 de marzo celebrouse nel edificio histórico da Universidá de Uviéu el IV Seminariu: “Oficialidá. El camín constitucional de futuro pal asturianu. Entrín y non. Normalizar enantes de la oficialidá”, organizado por Iniciativa pol Asturianu.
El sábado 16, das 18:00 ás 19:00 h. desenvolveuse a mesa de diálogo: Les Llingües nel Congresu y otros retos de la normalización nel ámbito estatal.
Na mesa, moderada por Fernando Padilla -membro del Consello Asesor de Política Lingüística de Asturias-, interviron: Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización lingüística, en representación del idioma galego; Manex Mantxola Urrate, coordinador da organización Euskalgintzaren Konseiluá del País Vasco, Navarra e Iparralde; Nicolás Bartolomé Pérez, abogado e membro correspondente da Academia da Llingua Asturiana, antes presidente da asociación Faceira, de Lleón; e Inaciu Galán, escritor, empresario e Académico de la Llingua Asturiana, en representación de Iniciativa pol Asturianu.
–El primeiro punto debatido na mesa de diálogo foi el da presenza nel Congreso dos idiomas propios.
Todos apreciaron el valor simbólico desta decisión, inda que según Marcos Maceira hai outras mudanzas importantes pendentes como as reformas universitarias, el uso administrativo e os problemas dos territorios fronteirizos, como é el caso del galego de Asturias.
Manex Mantxola dixo que dalgún xeito sorprende cómo algo aparentemente tan problemático foi al cabo algo simple de executar e inda que representa garantizar deretos democráticos e visibiliza os idiomas del Estado, nel día a día pouco efecto ten. Lo que se fai posible nel Congreso por ter todos os recursos necesarios, non é posible conseguilo nel propio territorio dos idiomas, nos concellos, nas forzas de seguridá, nos hospitales, etc. Pral representante de Konseilua sería máis transcendente un recoñecemento en Europa pois tería consecuencias importantes nos planes de enseño a nivel europeo.
Na opinión de Nicolás Bartolomé Pérez a forza simbólica é positiva xa que -afirma- “comportamentos xenófobos e de descriminación que foron desaparecendo doutros ámbitos (relixiosos,, ideolóxicos…) siguen sendo vixentes nel ámbito dos deretos lingüísticos”. Según Bartolomé, falar catalán, galego ou euskera inda é algo que se asocia con úa situación de “anormalidá”, xa que as realidades lingüísticas non dependen solo de que teñan ou non un recoñecemento legal. Poxo como exemplo que en Navarra se falou ocitano e esta lingua desapareceu. De feito -dice- “hai procesos de desaparición de linguas que tán a piques de realizarse, por exemplo en Asturias, e eso fairía necesario ter en conta as situaciois máis fráxiles”. (Menciona aquí al aragonés e al lleonés).
Ignaciu Galán valorou a visibilidá que aporta a presenza das linguas nel Congreso, inda que recoñece que el asturiano ten máis dificultades e pensa que non hai que renunciar nunca a ningún marco de actuación e hai que pensar tamén na administración estatal e europea. Según Galán, empeza a visibilizarse úa realidá plurilingüe pero inda é difícil escuitar linguas diferentes na TVE e é necesario conseguir que a presesencia dos idiomas propios seña máis normal e se considere úa riqueza da que sentírmonos orgullosos e orgullosas.
–El segundo punto de debate foi a presenza dos idiomas propios nos medios audiovisuales.
Marcos Maceira explicou brevemente a situación lexislativa falando da obligación, según a Lei General de Comunicación Audiovisual 13/2022 de 7 de xullo, ,na que -dos art. 114 a 116- se determinan cuotas de obra audiovisual europea nel servicio televisivo a petición dúa porcentaxe minima del 30 % e a necesaria promoción del coñecimento e difusión das linguas oficiales das Comunidades Autónomas. Según a Disposición Adicional 5ª da antedita lei hai un deber de promoción das linguas oficiales das Comunidades Autónomas. Tamén é importante constatar -afirmou- “que a lei contempla un mínimo de programación destinada a menores de 12 anos”. Explicou que el punto de partida del Estado é úa lei de 1940 que impoñía a obrigatoriedá de doblar todo al castelán e este feito contextualiza de onde vimos e as dificultades de avanzar.
Manex Mantxola considera que neste asunto Marcos Maceira é un experto e remitiuse a lo xa explicado. Deu datos concretos sobre os niveles de presencia na ´TVE dos idiomas propios que vein sendo de 1500 horas al ano de catalán, 145 horas de galego, 6 horas de euskera nel País Vasco e 11 horas en Navarra. Neste territorio (Nafarroa) non hai canal público en euskera, prestando el servicio a EITB.
Outro exemplo clarificador é el da publicidá institucional, que xenera muitos ingresos pra os medios e que nel caso de Berria -un periódico monolingüe en euskera- non ten ningúa comunicación oficial e ten cero anuncios oficiales. Tamén poxo de exemplo a única película en euskera emitida pola EITB (Radio Televisión Pública Vasca): Bizkarsoro, de Josu Martínez, que narra a persecución sufrida por el euskera, na que de xuro veremos reflexadas as nosas propias vivenzas. Película que recomendou por el sou interese nel tema que nos ocupa das linguas minorizadas.
Nicolás Bartolomé dixo que a situación leonesa era a máis dramática, pois hai úa política lingüística mui decidida a eliminar os restos del leonés. Hai galego, hai portugués, hai euskera en Treviño, pero a resposta frente al lleonés é de agresividá. Informa que a situación del galego é algo millor, sobre todo na enseñanza, gracias -asegura-á cercanía de Galicia.
Inaciu Galán afirma que a lei deixa fóra da TVE al asturiano, por non ser idioma oficial e que paradoxicamente nos anos 80 había algúa programación que se parou al negociar a Lei de Uso del Bable.
Últimas consideraciois:
Son de destacar as reflexiois de Manex Manatxola afirmando que existe un dereto a que ningúa persoa seña discriminada por usar úa lingua, algo que forma parte importante da identidá individual. Na actual sociedá vasca- explicou- todas as persoas que saben euskera, saben tamén castelán e dalgún xeito todo el mundo sabe cóndo e ónde pode utilizar el idioma propio. Planteou algúas preguntas: “Que é máis importante, el que fala el sou idioma propio solo nel sou ámbito familiar ou aquel que fala mal pero que se esforza? É a Constitución a última fronteira? É abondo el marco establecido pola Constitución?” Ligou esas preguntas cos estudios e aportaciois da sociolingüista María José Azurmendi.
Nicolás Bartolomé poxo de exemplo Suiza, con cuatro idiomas: alemán, francés, italiano e romanche. Este último ten solo us 30.000 falantes, pero recordou un exequator, úa sentencia ditada en Suiza que se redactou nos cuatro idiomas -incluído el romanche-, acompañada da súa tradución al castelán. Un exemplo que demostra como outras sensibilidades son posibles.
Preguntas del público:
Despós de terminado el debate, dous socios de Axuntar que tábamos nel acto quixemos comentar algúa cousa, pero a mesa non quería abrir turno de preguntas. A nosa petición recibiuse con intentos de impedirnos falar decindo que non había tempo. Al cabo puidemos fer us breves comentarios.
Al afirmar un de nosoutros que un dos idiomas de Asturias taba sendo tutelado por úa institución que non debía ter competencias sobre él (a Academia da Llingua Asturiana) xa que se trata dúa institución que tutela doutro idioma e é sabido que astur-leonés e galego-portugués pertenecen a dominios lingüísticos diferentes, Carlos Rubiera, Académico da Llingua Asturiana que taba entre el público, interrumpiu a quen taba nel uso da palabra cortando a intervención con malos modales, con evidente falta de respecto, mui alterado e con actitud xenófoba, díxolle al intervinte que xa se lle vía “el plumero” e que se fose pra Galicia. Podíamos interpretar que se nos taba conminando a irnos pral “noso país” – como lles dicen os da ultradereita aos entranxeiros probes- e como se nosoutros non fosemos ciudadaos asturianos por algúa razón -que non sabemos cuál poda ser…-. Vese que el Sr. Rubiera non escuitara as intervenciois da Mesa de Diálogo sobre a importancia simbólica de dignificar os idiomas minorizados, da inconveniencia de usar actitudes agresivas cos idiomas propios e da transcendencia que tein os idiomas en cómo vive cada un a súa identidá. Tampouco pareceu importarlle muito a necesidá democrática de respectar al diferente. El moderador del debate, Fernando Padilla, dixo que xa quedaba claro a qué lingua se refería el que asta ese momento taba nel uso da palabra e, impedíndolle rematar, afirmou “que ese era un tema xa resolto desde había muito tempo”.
Nicolás Bartolomé afirmou non esqueicer nunca el galego de Asturias, e de feito xa se mencionara durante a xornada en varias ocasiois. Marcos Maceira reivindicou que él, como non podía ser doutro xeito, condo falaba de galego tamén incluía, e así lo fexo expresamente neste seminario, al galego que se fala en Asturias e noutras Comunidades Autónomas.
Como se non pasase el tempo, a bruma del negacionimo e da intolerancia entrou na Aula Magna del edificio histórico da Universidá de Uviéu. Parece mentira.
Un enlace aquí: Iniciativa pol asturianu comparte a mesa de dialogo da que se fala nesta entrada da bitácora de Axuntar.
https://youtu.be/acPx0K0Ddv4?feature=shared