Presentación en Santalla de Ozcos

El próximo sábado 29 de outubre, ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Santalla de Ozcos, Axuntar presenta el sou II Informe sobre el idioma del Eo-Navia.

El ano pasado nel I Informe sobre a lingua del Eo-Navia. Sen fronteiras: galego de Asturias demos conta del territorio, da naturaleza gallegoportuguesa incuestionable e acreditamos el consenso científico practicamente unánime e a falta de crédito que os estudios máis relevantes de Universidá de Uviéu dan ás posiciois negacionistas del galego como idioma propio de Asturias. Tamén publicamos un importante documento del S. XII, ano 1162, firmado nel lugar de Xío e puxemos en evidencia a confusión buscada na que as autoridades lingüísticas asturianas mantein a os falantes.

Neste II Informe sobre a lingua del Eo-Navia. Bilingüismo en Asturias que presentamos agora damos un paso máis e explicamos cómo naceron as linguas románicas, os textos máis antiguos de cada úa delas -Pacto de Irmãos, nel caso del galegoportugués- cómo se clasifican, as características comuis de todas as falas galegas e as peculiares del galego del Eo-Navia.

Neste documento explícanse fenómenos como a palatalización (leite/lleite); el artículo determinado masculino el/o: os posesivos -sou, meu…- e el fenómeno de que el galego ten 7 vocales, a diferencia del asturiano ou del castellano que tein 5. –

A ver si diferenciades os /e/ e os /o/ abertos e pechados:

“Os vecíos ven lo que vén por el río abaxo: un oso enorme. Un dos paisanos ponse nervioso e con muita présa salta al outro lado da presa del molín. El probe cae e rompe un óso da cadeira al llevar úa llombuada contra úa pedra gradúa. Nada pior que ese accidente acaba ocurrindo. El oso míralo estrañado e marcha sen apuro ningún.” Q.R. Boal, 2023

El informe inclúe mapas, reproduce os citados antiguos textos pra poder velos por nosoutros mesmos e explica por qué os falantes e a sociedá estigmatizan el idioma -linguas minoritarias/ minorizadas/ e bilingüismo/diglosia-.

“Chapurreau, castrapo, a fala, gallego-asturiano, eonaviego”…. glotónimos e eufemismos varios que esconden a filiación, que negan un pasado e un futuro, nomes que se lle poin al idioma galego que se fala en Asturias pra ocultar lo que a ciencia dice e que son un elemento máis das múltiples discriminaciois que secularmente sufriu este occidente desdeixado.

Imprime e comparte el CARTEL

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *