Benigno Fernández Braña: Socio de Honor de Axuntar

A Xunta Directiva de Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, en reunión de 25 de setembre de 2023 decidiu por unanimidá distinguir como Socio de Honor a Benigno Fernández Braña en reconocemento del sou labor en pro da nosa lingua e pola importancia histórica del sou compromiso na dignificación del idioma galego en Asturias.

El galardón será representado núa escultura del ceramista tapiego Javier Cancio que se entregará nun acto organizado pola entidá cultural que se celebrará na Casa da Cultura de Boal, el 28 de outubre, ás 16:00 nel marco da presentación del II INFORME SOBRE A LINGUA DEL EO-NAVIA. BILINGÜISMO EN ASTURIAS editado por Axuntar.

Benigno Fernández Braña fundou el  Grupo de Eilao Pro-Defensa da nosa lingua (1986).

Dito colectivo creouse como resposta a que desde instituciois diversas de Asturias (Conselleiría de Educación, Academía de la Llingua Asturiana…) comenzaban a impartirse cursos de asturiano nas terras Eo-Navia, como si ese idioma fóse el propio da comarca.

El trinta de outubre de  1989 tuvo lugar en Grandas de Salime a Asamblea fundacional da MDGAMesa Prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca que nombrou a Benigno Fernández Braña como Presidente desa asociación. El acto de constitución foi un acto de exercicio de democracia  e movilización social unde máis 300 persoas aprobaron os Estatutos de MDGA.  Al día seguinte a iniciativa foi recibida na prensa asturiana como un ataque galleguista estigmatizando el feito lingüistico de ter un idioma del dominio galego-portugués e dándolle un contido conflictivo identitario.

El movento  foi reinvindicativo sobre os deretos lingüísticos dos asturianos de lingua galega pero soubo tamén construir úa actividá investigadora.

Deste xeito  a Xunta Xeral de Principado  reconoceu  por Lei  1/1998, de 23 marzo a existencia del gallego-asturiano como modalidá lingüística propia de comarca Eo-Navia.

Os traballos da MDGA véronse reflexados na edición de a revista A Freita  -coel sou suplemento literario O Espello– úa publicación períódica íntegramente en galego.

Tamén se editou Britonia, Revista de estudios da Terra Navia-Eo.

Un paso importante na divulgación del idioma nel sou rexistro literario foi a colección de contos Castelo das Letras. Tamén se publicaron diversos traballos.sobre flora, fauna ou toponimia.

A MDGA organizou as Xornadas Culturales Dámaso Alonso e el I Curso de Extensión Universitaria sobre el Gallego de Asturias impartido pola Universidá de Uviéu.

Aquellos anos falouse del galego de Asturias en centos de artículos e editoriales da prensa, fixéronse feixes de reuniois e iniciativas con implicación de historiadores, arqueólogos, xuristas, filólogos…, con regueiros de ilusión e traballo, e levouse el debate por primeira vez á Xunta del Principado.

Aquel período de reivindicación foi e sigue sendo un exemplo de movilización ciudadana en defensa da súa cultura coel valor amecido de ser promovido dende el mundo rural.

Destacar que a MDGA aglutinou el traballo de seis prestixiosos e reconocidos linguístas que elaboraron as primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas del Galego de Asturias.

Todos esos traballos siguen tendo validez e el reconocemento por lei da diversidá lingüistica de Asturias é un feito que se debe a aquela luita cultural que dirixiu Benigno Fernández Braña.

Imprime e divulga el cartel del acto

Descarga e divulga el PROGRAMA

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *