A asociación Axuntar solicita axuda económica pra acudir aos tribunales debido al uso ilegal que el goberno asturiano fai da denominación “eonaviego” e crea a campaña de recaudación #PararllesOsPés.
A asociación Axuntar solicita axuda económica pra acudir aos tribunales ante el intento continuado da Academia de la Llingua (ALLA) e del goberno asturiano de suplantar el Glotónimo oficial e legalmente establecido de “gallego-asturiano” por el falso e ilegal “eonaviego“.
El goberno asturiano nel Decreto 25/2024de 15 de marzo, por el que se establece a estrutura orgánica da nova Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte, oculta el nome legal de “galego-asturiano” e substitúelo en todos os casos por a denominación de “eonaviego”, que non aparece na Lei 1/1998, de 23 de marzo, de uso e promoción del bable/asturiano, aprobada pola Xunta General del Principado.
Nel artigo 6 dese antedito Decreto 25/2024 afírmase que “La lengua asturiana es un patrimonio colectivo de Asturias“ sen que en ningún momento e dun xeito equivalente, se faga mención al galego-asturiano como el outra lingua propia e patrimonio colectivo de Asturias que é.
Contra este Decreto e contra os ataques da Academia de la Llingua Asturiana solo cabe acudir á vía xudicial contencioso-administrativa, interpuer un pleito ante el Tribunal Superior de Xusticia de Asturias -T.S.J.– algo que implica gastos elevados.
Axuntar considera que el cambio de nomenclatura que pretende consumar de feito el Goberno del Principado ten como obxectivo a invisibilización prá ciudadanía da filiación galego-portuguesa da lingua galega de Asturias, algo que fai vulnerando a denominación legal da lingua.
Esta modificación vei máis aló dun mero cambio de denominación xa que el sou propósito é achanar el camín prás actuaciois de Normalización lingüística alienantes, impropias e contrarias á dignidá idiomática da nosa lingua galega que a ALLA (Academia de la Llingua Asturiana) vén impuendo desde hai muito tempo.
Na web da asociación, www.axuntar.eu, socios/as, simpatizantes e todas as persoas comprometidas cos idiomas minorizados atoparán úa ligazón que lles permitirá entrar na plataforma da campaña unde, mediante un formulario, poderán informar dos sous datos e da cantidá coa que queren colaborar en crear úa Caxa de Resistencia. A asociación contactará coas persoas solidarias e fairalles chegar úa acreditación de que colaboraron en “pararlles os pés”.
Con todo, a asociación enviou un escrito de petición al Presidente solicitando que reconsidere a posición del goberno, pero os prazos son os que son e Axuntar non vei renunciar a utilizar as vías legales que outorga a lexislacion vixente.
El obxectivo da campaña “pararlles os pés” é conseguir os recursos económicos pra sufragar a vía xudicial.
A campaña comezou el 14 de abril e rematará el 30 de xunio.