4.255 EUROS CONSEGUIDOS!!
Por un trato digno
del galego de Asturias
4.255 EUROS CONSEGUIDOS NA CAMPAÑA DE AXUDA AL GALEGO DE ASTURIAS!!
#PararllesOsPés
Temos que pararlles os pés!
A asociación Axuntar solicita axuda económica pra acudir aos tribunales ante el intento continuado da Academia de la Llingua (ALLA) e del goberno asturiano de suplantar el Glotónimo oficial e legalmente establecido de “gallego-asturiano” por el falso e ilegal “eonaviego“.
El goberno asturiano nel Decreto 25/2024 de 15 de marzo, por el que se establece a estrutura orgánica da nova Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte, oculta el nome legal de “galego-asturiano” que é substituído en todos os casos por a denominación de “eonaviego” que non aparece na Lei 1/1998, de 23 de marzo, de uso e promoción del bable/asturiano, aprobada por a Xunta General del Principado.
Nel artigo 6 dese antedito Decreto 25/2024 afírmase que “La lengua asturiana es un patrimonio colectivo de Asturias“ sen que en ningún momento e dun xeito equivalente, se faga mención al galego-asturiano como el outra lingua propia e patrimonio colectivo de Asturias que é.
Axuntar considera que el cambio de nomenclatura que pretende consumar de feito el Goberno del Principado ten como obxetivo a invisibilización prá ciudadanía da filiación galego-portuguesa da lingua galega de Asturias.
Esta modificación vei máis aló dun mero cambio de denominación xa que el sou propósito é achanar el camín prás actuaciois de Normalización lingüística alienantes, impropias e contrarias á dignidade idiomática da nosa lingua galega que a ALLA (Academia de la Llingua Asturiana) vén impuendo desde hai muito tempo.
.Contra este Decreto e contra os ataques da Academia de la Llingua Asturiana solo cabe acudir á vía xudicial contencioso-administrativa, interpuer un pleito ante el Tribunal Superior de Xusticia de Asturias, lo que implica gastos elevados.
Necesitamos conseguir cuartos pra provisión de fondos, gastos de Procurador/a e prever úa eventual condena en costas.
Necesitamos a túa colaboración pra crear úa caxa de resistencia e poder financiar nel sou prazo os recursos xudiciales e contencioso-administrativos que teñamos que interpuer en defensa del galego de Asturias.
Con solo 10 colaboradores de 200 euros, 20 de 100 euros, ou muitos máis con 50, 25, 10… vamos agora pararlles os pés recurrindo un Decreto que non respecta a xerarquía normativa.
Colabora na campaña. Fairémosche chegar a túa acreditación de “eu pareilles os pés“
Campaña finalizada
el 30 de xunio de 2024:
4.255 EUROS CONSEGUIDOS !!!!