#PararllesOsPés IV

Axuntar continúa a súa campaña pra “pararlles os pés“.

Motivos non faltan: agora (abril 2024) a Consellería de Educación del Principado lanza úa campaña pra invitar a “aprender” el “eonaviego” con lemas incorrectos como este: “*Sento meu el eonaviego”.

Pois eu SINTO a mía lingua materna, el GALEGO DE ASTURIAS. Non la SENTO. Lo que sento é el cul… porque caio de cul condo vexo campañas como esta que acaba de emprender a Consellería de Educación del Principado en abril de 2024.

Recordemos úa realidá histórica, Sociolingüística e filolóxica: Asturias ten dúas linguas propias (aparte por suposto del castellano, lingua oficial de todo el Estado).
Os sous nomes, según a Lei vixente, son asturiano e galego-asturiano. A primeira pertenece al tronco lingüístico astur-leonés, a segunda al tronco lingüístico galego-portugués.
A zona asturiana de fala galega é a comprendida entre os ríos Eo e Navia: os 18 concellos máis occidentales onde, según ta documentado e asentado nel saber científico, se utiliza lo que os filólogos clasifican como variante asturiana del galego oriental. Ou seña, galego: el galego de Asturias.
Enténdase ben que estas delimitaciois son lingüísticas, non tein  que ver coas fronteiras políticas ou administrativas das Comunidades Autónomas.
A protección e a promoción das linguas propias de Asturias son competencias del Principado de Asturias. Como poder público dun país democrático, pra desempeñalas correctamente ta obrigado a  tratar coel mismo respecto e cuidado ás dúas linguas que son propias del sou territorio.
Nel caso da nosa lingua, tamos constatando nos últimos anos un intento continuado de suplantar el nome recollido na vixente Lei (galego-asturiano), sustituíndolo interesadamente por un vocablo, “eonaviego”, sen base legal, que ignora e oculta a súa filiación lingüística. Inicialmente, certos políticos e instituciois  aludían al “gallego-asturiano o eonaviego”,  pero -úa vez que os ouguidos del público se foron afendo al soniquete- ultimamente xa desde el propio executivo asturiano se lle chama  única e abertamente “eonaviego”.
Este proceso vén de lonxe e tende a asentarse. Non é casual nin anecdótico e ta relacionado, según imos comprobando, con un xeito de tratar á nosa lingua como algo subalterno, úa “cousa” local, úa curiosidá, úa rareza que tería agromado un día nel Eo-Navia misteriosamente, sin tar emparentada con familia lingüística ningúa coa que comparta úas propiedades, úa tradición oral, úa literatura… Esa visión  é produto dun negacionismo cego que pretende borrar úa realidá que resulta incómoda.
Como un paso máis nese empeño, asistimos estos días á presentación de úa campaña da Consellería de Educación del Principado na que se anima al público a apuntarse pra aprender… “eonaviego” (na línea descrita, del galego-asturiano xa nin se fala, como correspondería al tratarse de úa iniciativa oficial). Outro feito que tampouco ten nada de anecdótico.
Un cartel dos utilizados en tal campaña vai servirnos como punto de partida pra fer, seguidamente, úas breves consideraciois respecto al (mal)trato que vén recibindo a nosa lingua por parte das autoridades que tán encargadas de conservala e velar por a súa dignificación.

El Estudio de la Transición Llingüística na Zona Eo-Navia, Asturies, Atles llingüísticu, Universidá de Uviéu, 2017 inclúe el mapa 389 nel que aparece a forma sinto afirmando que “Lo característico en Portugal, Galicia y la zona d´Estudiu (…) son les formes con /i/ tónica: minto y sinto“. Claro como el auga.

Non podemos nin debemos seguir en silencio.

Temos el deber de defender lo noso.

Comparte

1 comentario en “#PararllesOsPés IV”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *