A palabra de maio: binteiro

-Nel Dicionario del galego de Asturias de Varela Aenlle:

BINTEIRO: Arbusto ou pequena árbore da familia das caprifoliáceas, de tronco con moitas ramas de medula branca, follas dentadas de color verde escura e flores brancas e aromáticas e froito decolor negra. A súa madeira utilízase en tornería. As follas, flores e a cortiza teñen propiedades medicinais (especialmente contra as hemorroides) e tamén se relaciona con varias tradicións como a da noite de San Xoán cando se poñen as súas ramas e flores para que o Santo as bendiga nos laterais de portas e ventás ou se pinta sobre elas unha cruz para que non entren as bruxas (Sambucus nigra).

-Nel Dicionario da RAG:

BIEITEIRO: substantivo masculino(Sambucus nigra). Arbusto da familia das caprifoliáceas, de dous a cinco metros de altura, co tronco de cortiza parda e engurrada e abundante miolo branco, moi ramificado, follas imparipinnadas de cheiro desagradable e flores pequenas e brancas en corimbo.O bieiteiro é moi común en Galicia.SINÓNIMO sabugueiro

ETIMOLOXÍA:

Termo que parece ter úa posible vinculación coel latín tardío BENEDICTUS, de ei “bieito” e deste, “bieiteira” (persoa que fai pociois de herbas medicinales) e bieiteiro, binteiro

Del binteiro utilízase todo:

Nalgús lugares os froitos utilízanse pra lle dar sabor ou escurecer el viño e condo tán mui maduros pódese elaborar con elos un xarabe laxante, mermeladas e viño. Coas flores faise un xarope que serve pra dar sabor a postres e viños. Tamén se fían flautas baleirando os talos.. As follas usábanse pra escorrentar as moscas dos cabalos (fíase un feixe con elas e levábase condo se cabalgaba). Por este mesmo cheiro desagradable das follas, estas úsanse como antídoto pra expulsar certos animales considerados daniños, como sapos, culobras, sapagueiras, ratas… Nel norte de Portugal, Galicia e Occidente de Asturias el binteiro ou sabugueiro úsase na véspera de San Xuan como herba máxica , especialmente as flores, que reciben el nome de flores de San Xuan.

Xarope de flores de binteiro:

Cada ano, é posible capturar el perfume efímero das flores del binteiro fendo un xarope caseiro que servirá pra napar un postre ou aromatizar úa bebida:

-30 umbelas (flores de binteiro)

-300 g de azucre de caña

-2 limois marelos (usar preferiblemente limois del País maduros e de pel gorda, pois el sou zume non é demasiado ácido).

Con úas tiseiras, córtanse as flores retirando a maior parte dos pedúnculos verdes. Métense núa tarteira grande e espállase el azucre por riba delas.

Esprémense os limois e vértese el zume tamén por riba das flores.

Das cascas dos limois sácanse aparaduras finas (procurando cortalas a rentes pra non coller a parte blanca), que se parten en pedacíos e se incorporan tamén.

Despois mistúrase todo ben e déixaselle repousar úa noite coa tarteira tapada.

Al día seguinte, bótanse 50 cl de auga por riba das flores, ponse a tarteira al lume e déixaselle ferver lentamente durante 10 minutos, revolvendo a cada pouco con úa culler de palo.

Cólase el sirope einda calente e vértese núa botella de cristal de 75 cl.

Consérvase tapado na neveira e úsase pra aromatizar bebidas (ta mui bon, por exemplo, con leite de almendra).

Adaptado da receita de Valérie Cupillard: (https://www.valeriecupillard.com/post/sirop-fleurs-sureau )

Mermelada de baias de binteiro (sen azucre):

Ingredientes

½ taza de baias de binteiro

½ taza de fresas ou outra baia (opcional)

½ cullarada de estevia

1 cullerada de kuzu (opcional)

  1. Núa pota pequena, añade as froitas, a media cullarada de stevia e 1 de kuzu.
  2. Leva a ebulición mentras vas mesturando os ingredentes.
  3. Úa vez que ferva, baxa a calor al mínimo e tapa a pota.
  4. Despós de us 10 minutos, usa úa cullar de madeira pra darlle a volta.
  5. Volve a tapala e déixala outros 10 minutos.
  6. Ten cuidado que non se pegue.
  7. Despós de us 20 minutos a mermelada xa tará bastante densa e, úa vez enfriada ganará en densidá.
  8. Déixala que se enfríe completamente antes de envasala en tarros de cristal.
  9. Coce os tarros al baño María, primeiro coa tapa cara arriba durante úa media hora e despós outra media coa tapa cara abaixo. Pra saber se ta feito el baleiro, proba a abrir as tapas. Se non podes, é que ta ben feito (se se abre, terás que repetir el proceso).

Na serie Harry Potter, da escritora británica J. K. Rowling, a Varía Letal -úa varía máxica considerada como a mais poderosa dle mundo- é de madeira de binteiro.

Crese que ter un sabugueiro cerca da casa protexe dos raios e mantén alonxados os malos espíritus. Na tradición europea, tamén se conoce como el árbol da curación, debido ás diversas aplicaciois medicinales que se lle atribúen.

Fotografía del binteiro de Isabel G. Acero, mirando a ría.

Propiedades medicinales del saúco – Botanical-online

REFRAIS:

Varinha de sabugueiro, azar o ano inteiro.

Ni de saúco buen vencejo, ni de cuñado buen consejo.

Pio Font Quer recolle el refrán alemán: Ante el saúco hay que descubrirse

EL SAÚCO E EL SAUQUILLO

El binteiro ten un irmao peligroso: el sauquillo, en castelán, tamén chamado yezgo ou ébulo (Sambucus ebulus).  Muitas persoas confundíronos algúa vez e intoxicáronse. Porque se el binteiro ten muitas e búas propiedades, el sauquillo é tóxico: os sous froitos poden causar a morte.

Pra diferencialos podemos observar as follas: as del binteiro tein úas 5 ou 7 foliolos ou follas simples; as del sauquillo tein de 7 a 11 e son máis puntiagudas.

Follas del binteiro Follas del sauquillo

As flores del saúco tein os pétalos redondeados e planos e os estambres amarelos. Nas del sauquillo os pétalos son puntiagudos coas puntas levantadas e coas anteras purpúreas.

Flores del binteiro con estambres amarelos Flores del sauquillo con estambres de cor vermella

Esto é lo que nos conta D. Alonso sobre el noso binteiro:

“En galego e portugués a palabra corriente pra chamar a estos arbustos (Sambucus nigra e Sambucus Ebulus) é sabugueiro, con variantes fonéticas, pero ten tamén outras designaciois como bieiteiro, biouteiro, biauteiro... Na comarca eonaviega, a voz máis común é binteiro, usado nos concellos de Castropol, A Veiga, Boal, Santalla de Ozcos, Samartín de Ozcos e San Antolín de Ibias. Ás veces alterna con benteiro ou beneito.

El étimo das formas baíto, baitío, beneito benteiro, bieiteiro, binteiro, etc. é BENEDICTUS, “bendito”, nome que a sabiduría popular dá a algúas prantas polas súas propiedades curativas en tratamento de catarros, inflamaciois nos ollos e na garganta, curación de feridas, erisipela…, porque sirve de base pra pomadas, ungüentos e tamén pra outros usos, como a creación de xipros feitos cúa cana dese arbusto usados por nenos, afiladores, capadores e pescadores. Nos Ozcos, con ramas de binteiro, os nenos fain carricois, chamados en Boal ciquitas, especie de xiringas coas que os nenos tiran augua en tempo de antroiro.

En Villaión colgan un ramo de binteiro nos gallineiros pra salvar da peste ás pitas; en Eilao poín us ramíos na base das medas pra que as culobras non podan subir a elas; en Serantes e Tapia danlle ás vacas sete (7) ramíos de binteiro de tres (3) follas cada un condo se presenta un mal parto -3, 7 e 9 son números máxicos e cabalísticos mui frecuentes, -; en Boal curan as llombrigas cortando nove (9) ramos de binteiro á medida del pé del neno que ta malo, e decían un conxuro de números decrecentes; despós queimaban os ramíos, e, mentras se recitaba el conxuro, el curandeiro sostía un dos ramallos enriba del pé del neno/a. Esta operación había que fela tres (3) días consecutivos. El conxuro ** era este:

As llombrigas eran nove,
de nove volvéronse  oito,
de oito volvérnonse sete,
de sete volvéronse seis,
de seis volvéronse cinco;
de cinco volvéronse cuatro,
de cuatro volvéronse tres,
de tres volvéronse, dúas,
de dúas volvéronse úa.

Todas las corto,
non sendo a Villarreal; 
aquela non la corto
nin lle fago mal.

El feito de que el binteiro teña presente en conxuros e prácticas de antiguas crenzas xa chegaría pra xustificar el sou nome como “benedictu”, pero el nome vén da súa asociación con supersticiois ou rituales de antiguas relixiois nas que el solsticio de verao explica a asociación.

Por exemplo, en Prelo hai constancia del uso del binteiro (Digitalis nigra) e dos estallois, estoupois, campanías, ballocos, dedaleira ou herba de San Xuan (Digitalis purpurea). Neste lugar tamén, unde precisamente el patrono da igresia é San Xuan, recollen, a víspera dese día, ramos de binteiro e estoupois que se deixan al sereno toda a noite e al ameicer fíncanse nas portas e paredes das casas na crenza de que el santo ta escondido entre as ramallías dos vexetales pra impedir a entrada das bruxas. Si quedaban entradas sen protección, estas entrarían e as mullleres romperían muitos pratos durante todo el ano.

Contan en Grandas de Salime que a herba de San Xuan, plantada nesta fecha, é de bon augurio se a pranta que ese día se prantou medra cara riba; pero preludio dalgúa desgracia, se medra cara baxo. Outro costume é colgar en portas ou paredes mañuzos pra protexer aos moradores del mal de ollo, das bruxas ou dos malos espíritus.

En Merou, al ameicer del día de San Xuan, puían cruces con ramíos de binteiro e os vecíos lavábanse nas fontes.

En Brañamaior tamén levan el binteiro recollido na víspera á fonte. El primeiro que chegaba deixaba alí el ramo de binteiro e collía a “flor del augua” (temos explicación interesante desta “flor” tan especial na nosa entrada “A palabra del mes de abril”).

En muitos sitos pintan úa cruz na porta da casa ou de algúa corte e poin el binteiro aos dous lados da porta, nalgúa fendidura dos muros ou nas ventás, pra que reciban a bendición de San Xuan”.

* “El saúco entre Galicia y Asturias” de Dámaso Alonso. Obras completas, Estudios Lingüísticos Peninsulares, Libro I, Editorial Gredos, S. A., pax. 359 e segs. 1972.

** El conxuro contra as llombrigas foi recollido por Constantino Cabal (escritor e periodista, al que se considera un dos maiores estudiosos da cultura e folclore de Asturias).

Un dos informantes de Dámaso Alonso -al que el propio autor se refire- é Vicente Loriente Cancio, fundador da Biblioteca Popular Circulante de Castropol e que traballou dando clases núa academia de Boal.

Aquí un artigo de La Voz de Galicia de 28 de abril de 2024: “Dos sabugueiros como símbolo do abandono rural”, de Avelino Ochoa.

A marca Carabuñas, de Vilar de Santos, elabora mermelada, licor e bombois coas baias e flores dese arbusto.

Comparte

1 comentario en “A palabra de maio: binteiro”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *