Novo libro en galego de Asturias

Marta Ledo Jardón (pseudónimo de Marta Méndez Quintana) publica Rellustros, el sou primeiro libro de poemas na variedá dialectal del galego de Asturias.

Natural de Miñagón (Boal), criouse nel centro de Asturias pra unde os sous padres marcharon condo ela tía dous anos. Pero a súa familia regresaba os fins de semana e tamén os veraos, así que Marta seguiu prendida nas reices da Carballeira Escura, na serra de Penácaros, nel alto da Pena Moura. E tamén atada á lingua, ás leiras e al celo da súa terra natal.

Con este libro poético, Marta Ledo Jardón preséntanos -como dice un dos sous prologuistas- a melodía del herba seca e el significado oculto nas palabras dun idioma materno feito de camíos, eiros, noiros, raigaños , pedras e carqueixas.

Trátase dun libro sensorial nel que hai olores, colores e sonidos que dan alma e vida ás súas páxinas e nel que asoma a verdá, lo vivido coel corazón, os sentimentos, os recordos . E, como xeóloga que é, sempre aparece el sou “eu poético” cos pés na Terra.

El libro saliu á luz en outubre de 2023, da mao da editorial Medulia, cúa preciosa portada pintada por María Torres, e con él celebramos alegremente el inicio del outono, úa época de lecturas, cafés e acougo.

E qué millor que estos poemas pra acompañarnos.

Fotografía de Marta: Penácaros, visto desde Miñagón

Pra abrir boca, reproducimos aquí un Poema de Rellustros:

Pra escuitar el audio del Poema -recitado por Edita Nogueira Tallón-, pinchade nel altavoz ou nel título.

Paisaxe de inverno
Entendín naquel momento
que a vida nun é como a naturaleza
que, anque tía xelada, se viste de harmonía
con cada detalle pequeno que la compón.
Decidín entós intentar darlle
á mía vida forma de paisaxe. 
Comparte

1 comentario en “Novo libro en galego de Asturias”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *