Murales na Caridá

Clara Zurita é profesora de Plástica na illa de Tenerife desde o ano 2019. Naceu na Caridá e vive a caballo entre Xixón e A Caridá nos vraos. Precisamente aquí é unde acaba de realizar us preciosos murales que podemos ver nos alrededores del parque infantil (parque novo), que foron realizados por ela en collaboración con Andrea T. Rifón, e Susana P. Gibert, que xuntas forman el Colectivo Chinelas.

Somos amigas desde que nos conocimos na facultá de Bellas Artes hai máis de 10 anos. Actualmente, inda que vivimos a muitos kilómetros de distancia úas de outras, nunca deixamos pasar a oportunidá de xuntarnos, non solo por a amistá que nos uniu, sinón tamén pra idear diferentes proxectos creativos, xa que nos complementamos en habilidades e intereses. Así naceu el último traballo (ademais da vinculación persoal de úa de nosoutras con este lugar), nel que pintamos el parque infantil da Caridá con diferentes animales e plantas da zona coel sou nome. Foi neste último proxecto nel que decidimos consolidar a idea de formar el colectivo, abertas a propostas, e coa intención de crear proxectos que impacten positivamente en comunidades mediante diferentes intervenciois artísticas.”

Como nace a idea de fer esos murales?

A lo llargo deste curso tuven indagando sobre as intervenciois nos espacios públicos e cómo nos inflúen a todos os que los habitamos. Este muro ta mui cerca da mía casa e tía algúas pintadas bastante deterioradas por os anos. Condo cheguei en xullín, souben que me gustaría muito fer algo ei.

Por que se che ocurriu dibuxar precisamente esos animalíos e ademais puer os sous nomes en gallego?

A elección dos animales da zona foi por a familiaridá, el xogo que nos deron e as conversaciois que partiron de ei, por exemplo, sobre os tipos de sapagueiras e as colores que tein. Mentras lo tábamos pintando os nenos e nenas del parque contábannos historias sobre úa vez que veu a raposa ou sobre el último razcacheiro que tían visto. Creo que dibuxar osos panda, xirafas ou pingüinos neste contexto podería dar menos pé a ese tipo de conversaciois basadas na experiencia.

Tendo vivido asta os 18 años en Xixón, pra min, a fala del occidente foi a que escuitaba a mía avola (da Caridá), al meu avolo (nacido en Grandas) e ás mías tías máis maiores, que se foi perdendo nas xeneraciois máis novas da mía familia. Así que, nel meu caso, non foi un exercicio de documentación de pallabras que usaba normalmente, sinón de investigación e interés por aprender e non perder esos nomes; e compartilos coos/as máis peques pra que podan ver os animales non solo como elemento decorativo ou artístico, sinón valorando a riqueza desa fala.

Utilizaches algún tipo de axuda pra non equivocarte nos nomes dos animales?

Si, muitísimas fontes. Un dicionario ilustrado que me deixou un primo: El meu primeiro vocabulario na fala, da secretaría Llinguística del Navia-Eo; un blog que se chama Herbas y Florías de Xosé Miguel Suárez Fernández; El Diccionario do Galego de Asturias (DGA), de Carlos Xexús Varela Aenlle; e tamén consultamos á Oficina Lingüística del Parque Histórico del Navia. Pero, sobre todo, fendo muito caso á xente que pasaba mentras tábamos pintando, xa que fixemos cambios asta el último momento condo nos decían que algúa variedá llingüística se usaba máis: Rascacheiro, Razcacheiro, Rizcacheiro, Rezcacheiro. Dímonos conta de todas as variantes que existen en cada un dos nomes.

Tuviches algún tipo de axuda económica prá súa realización?

Coas mías amigas, coas que formamos el colectivo, planteámosnos este proxecto como un plan pra xuntarnos, realizar algo conxunto e deixar ese regalo pra el parque del poblo. El Concello pagounos el material que utilizamos, pero, noutras circunstancias, si non tuvéramos a casa al llado pra poder ir e vir, a mía madre fendo comidas e trendo chaquetas, ou aos amigos/as que se acercaron algús dos días a botar un cable, quizá non tería sido tan fácil de llevar a cabo.

Gustaríache realizar algúa outra intervención na nosa zona?

A min persoalmente encantaríame continuar con esto, e tou segura que as outras dúas chinelas farían lo posible por unirse tamén.

Muitas veces, condo pensamos nas intervenciois en espacios públicos ou a palabra un pouco más trillada de “street art”, pensamos na ciudá, nas calles asfaltadas… e creo que é mui guapo poñer el foco e xenerar el espacio pra este tipo de intervenciois tamén nos lugares máis rurales, “los pueblinos y les caleyes”.

Aquí podedes ver os murales que desde agora adornan xa el parque novo da Caridá:

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *