A palabra de setembre: carreiro

-Nel dicionario de Varela Aenlle aparecen as seguintes acepciois:

Carreiro: s.m. Persoa que facía carros (Boal). 2. Camin pequeno e estreito reservado para el paso de persoas a pé. 3.Paso que se abre coa gadaña ao segar (Os Ozcos). 4. Marca que deixa unha persoa, animal ou un carro ao atravesar un prado, un monte ou un lugar. 5. Liña de puntos que se soltan nunha media (Abres); carreira 4ª acep. 6. Marca en forma de liña que vai deixando un líquido que cae dun recipiente (Deixache un carreiro por toda a cocía coa augua del caldeiro). 7. Espazo estreito de area no fondo del mar entre penas e oucas (Ortigueira, Tapia de Casarego). 8. Modalidade de garduñeira que se poñía pra cazar animales nun sendeiro estreito escondida entre as follas.

(Dicionario del galego de Asturias, Carlos Varela Aenlle).

-Nel Dicionario da RAG (Real Academia Galega), aparecen estas:

Carreiro. Substantivo masculino. 1Camiño estreito que se fai ao andar por el, que só serve para pasar a pé. Collemos por un carreiro entre dúas leiras. SINÓNIMOS sendasendeirovereavieiro. CONFRÓNTESE carreira. 2Paso estreito entre montañas por onde poden atravesar persoas e animais. Cruzaron a serra por un carreiro cuberto pola neve. CONFRÓNTESE canellacanellón. 3Liña que divide o cabelo en dúas partes. Leva o cabelo peiteado co carreiro ao medio. SINÓNIMO raia.

Carreiro. Substantivo masculino. Home que fai carros. Disque seu bisavó era un carreiro de moita sona. SINÓNIMO carreteiro

É un derivado de carro, que procede del latín CARRUM, ‘carreta de dúas rodas’, coel sufixo -ARIUM-AM-UM.

Refrais:

En xeneiro sete lobos nel carreiro

Coa lúa de xeneiro, vese a forniga nel carreiro

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *