III Simposio Internacional “Aspectos Lingüísticos del Noroeste Ibérico”

El galego de Asturias tuvo presente nos debates del III Simposio Internacional “Aspectos Lingüísticos del Noroeste Ibérico” (SIALNI3), que se celebraron os días 5 e 6 de outubro de 2023 da Universidá de Salamanca.

A boalesa Natalia Jardón Pérez, da Central University de Viena, analiza certos aspectos que xa explicou recentemente nel congreso internacional AMLaP (Architectures And Mechanisms For Language Processing) organizado en Donostia polo Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL).

El simposio da universidá salmantina continúa el traballo xa desenvolvido nas dúas primeiras ediciois, que tuveron lugar respectivamente nas Universidades de Xénova (SIALNI1 – 2021) e Uvieu (SIALNI2 -2022), e intenta convertirse nun foro de referencia pra os académicos que se dedican á investigación da realidá lingüística del noroeste ibérico.

As comunicaciois abordan aspectos de carácter lingüístico relacionados con variantes dos idiomas astur-leonés, castellano, ou galego-portugués.

Máis concretamente, a ponencia de Natalia Jardón -según ela mesma nos conta- presenta úa análise da estrutura interna de tres perífrases perfectivas del galego, resultado da combinación de úa forma flexionada del verbo dar, levar, ou ter, e un participio que pode ser concordado (“participio pasivo”) ou non (“participio perfecto”). 

(1)       Xa leva {dado~dadas} muitas voltas polo mundo alantre

(2)       Eu teño {comido~comidas} muitas patacas 

(3)       Darás {xuntado~xuntadas} as estacas antes da noite?   

Nestos casos, a presencia ou ausencia da concordancia nel participio tradúcese núa (sutil) diferencia de significado, pola cual dadas, comidas, xuntadas levaríannos a úa lectura pasiva-resultativa del tipo “as voltas foron dadas”, “as patacas foron comidas”, “as estacas foron xuntadas”, mentras que dado, comido, xuntado llevaríannos a puer el foco na acción de dar, comer ou xuntar. 

Esta comunicación mostra, a partir de probas formales nel galego de Asturias, que a versión non concordada funciona sintacticamente como úa construción de auxiliar monoclausal, mentras que na versión concordada podemos identificar non úa sinón dúas claúsulas. 

Tamén presenta certas restricciois semánticas que operan sobre as perífrases (1) e (3), cuestionando el estatus de levar e dar como auxiliares “completos”.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *