Entrevista a Rodrigo Cuevas

Rodrigo Cuevas * naceu en Ovieu en 1986. Na Wikipedia aparece definido como un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, percusionista, DJ e presentador de Tv.

_Cómo te defines tú? Se é que te defines dalgúa maneira…

_Eu defínome como “axitador folclórico”. Creo que esa definición inclúe todas as da Wikipedia e non me limita.

_Temos entendido que estudiache piano e tuba nel CONSMUPA de Uviéu. Por que estos instrumentos en concreto e contos anos de estudio tes en cada un?

_Lo del piano foi por cousa de mía madre. Eu, de neno, quería ter un teclado. E mía madre apuntoume a piano, parecíalle máis serio, supoño. Lo de tocar a tuba foi por error. A mestra de piano decíame que tía mui bon oído, que tía que apuntarme a outro instrumento e que por qué non me apuntaba a TROMPA… Eu cheguei a casa e díxenlle a mía madre que a mestra me mandara apuntarme a TUBA…

_Tamén estudiaches Sonoloxía en Barcelona durante tres anos. Que cousas se aprenden nesa carreira?

_É úa carreira mui técnica. Estúdiase son enfocado desde a produción de música, gravación, sonorización de directos…

_En 2012 sacaches “Yo soy la Maga”, na que revisas canciois tradicionales galegas, supoñemos que a partir da túa estancia núa aldea de Pontevedra. Cóntanos algo sobre esa experiencia xa que algúa vez comentaches que a verdadeira revelación pra ti foi condo estuviches en contacto con úas mulleres pandereiteiras, vecías túas.

_Desde 2008 asta 2016 vivín núa aldea de Pontevedra. Tuven a sorte de caer nese lugar que me fixo profundizar e amar a tradición.

_Seguimos falando da túa música: en 2016 salíu “Prince of Verdiciu”. Que fusionaches nese disco?

_É un LP pequeno, de solo cuatro temas. Todos populares e reversionados por min.

_En 2017 recibiches el Premio AMAS al millor artista revelación. Que supuxo este premio pra ti? Hai algún outro premio que signifique máis ou que che producise maior ilusión ou alegría?

_Foi dos primeiros premios que recibín. Fïxome muita ilusión. É un premio que non tuvo muita transcendencia porque creo que non lo saben articular ben. Recibín outros premios pequenos que tamén me gustaron muito. E, por suposto, el de música actual.

_En 2019 publicaches el disco Manual de Cortejo. Nel inclúes a canciónRambalín”, dedicada a un homosexual xixonés que viviu en pleno franquismo e que foi asesinado en 1976. Por que esta homenaxe?

_Porque coñecín a súa historia e pareceume mui inxusto que esa persoa sufrise esa morte e por riba fose condenado al esqueicimento sendo como foi un home singular e exemplarizante. Pretendín darlle xusticia poética, xa que non tivera úa xusticia real.

_Este disco tamén contén a canción “El día que nací yo”, úa copla de Imperio Argentina. Por qué a copla?

_Sempre cantei muita copla. Gústame muito porque, partindo do popular, chega a un nivel alto de estética musical. A calidá musical e as letras da copla son importantes.

_Con él recibiches el premio al Mejor Álbum de Músicas del Mundo. Que supuxo pra ti?

_Foi como un pouco de lexitimación porque cando empecei a cantar non me tomaban mui en serio… E con ese disco comencei a mostrar a parte de investigación que realizaba, a parte seria que había detrás del meu traballo.

_”Te quiero porque te quiero”, é un fandango que cantaches con Rozalén. Cómo foi cantar con esta artista manchega?

_Eu admírola muito. Somos amigos, divertímonos muito xuntos. Aos dous nos encanta cantar.

_ Manual de Romería é el tou último traballo. Sabemos que muitas canciois del disco tán escritas por ti. Que tipo de música atopamos ei?

_Muita música dese traballo é tradicional, pero de autor tamén, feita por min. Hai que darlle contido á música e seguir aportando.

_Este disco, Manual de romería, é “un show extrovertido, caliente, ambicioso, alegre, bailable y quizá épico”, afirma Carlos Barral. Definiríaslo así?

_Sí, sí. Así é.

_Tes feito tres espectáculos. Fálanos un pouco delos, en especial de Trópico de Covadonga, coel que paseaches por muitos lugares del mundo. E cóntanos se xa tes proxectos novos.

_Sí, fixen por esta orde: Electrocupé, El mundo por montera, Trópico de Covadonga e Manual de Romería, coel que tou agora. Pero teño feitos outros proxectos máis pequenos: Al pie del llar e Bardián (úa zarzuela).

_Cambiamos de tema e entramos noutras facetas que tamén nos interesa conocer. En 2020 recibiches el Premio Yumper aos valores humanos. Cóntanos algo.

_Foi un premio pequeno que me fixo gran ilusión. Déronmo úas persoas humanistas que se dedican a apadrinar a xente que teña feito cousas que elos consideran que fain al mundo millor.

_Utilizas el asturiano como lingua vehicular. É a túa lingua materna? Sabemos que cando viviches en Galicia aprendiches a falar en galego. Qué son pra ti as linguas?

_Bon, asturiano non… amestau máis ben: asturiano con muitos castelanismos ou castelán con asturianismos. As linguas considero que nos dan muito xogo, son recursos poéticos, un divertimento usalas e aprendelas. Cando vivín en Galicia encantábame aprender galego porque era un xogueteo eso de usar as distintas vocales, a entonación, a gheada... Agora que viaxo a Francia, tou aprendendo francés, que non lo sabía falar. Apréndolo de ouguido, fixándome muito e repetindo lo que escuito.

-Claro, como bon músico…

_Sí, será, será eso… (supoño que sonríe…)

_Vives núa pequena aldea asturiana, na que tas fendo cousas mui importantes. Pero, botas algo de menos?

_Non.

_Nas RRSS tocaches el tema del negacionismo a reiz dun comentario del presidente Barbón negando a existencia da lingua galega de Asturias. El colectivo Axuntar aplaudiu a túa resposta. Explícanos algo máis a túa defensa, cómo saliches tan rápido a contestarlle.

_Eu creo que se poden ter opiniois diferentes sobre, por exemplo, el Glotónimo, pero negar as linguas non, negar a evidecia non. Nel caso del galego-asturiano é importante centrar el debate e non confundir as cousas nin negar evidencias. Se daquén lle chama eonaviego, pois que lo diga, pero lo que non se pode é negar a realidá, e a realidá é que nesa zona se fala galego. Eso sí, el Glotónimo debería ser el máis correcto e desde logo, respectar a lei, que se feirán pra algo, digo eu…

_Ese fenómeno del negacionismo institucional e histórico, a diglosia, a minoración, el desánimo social, a despoboación, el uso das identidades contra el recoñecemento del galego de Asturias… todo isto que son verdadeiras ameazas prá nosa fala e el noso territorio e que nos fain pelexar como contra xigantes… ocúrreseche algún consello?

_A vosa situación é difícil. Dentro del mesmo Eo-Navia hai muitas diferencias, variedades. Non se fala igual en Boal, con algús rasgos del asturiano, que nas Figueiras, que se fala máis como en Ribadeo. Poñer a liña de separación, a isoglosa, tamén é complicado. En Asturias (sen contar el Eo-Navia) en vez de dividir a lingua en asturiano Occidental, Central e Oriental, podían ferse máis subdivisiois, pero hai que ser prácticos e intelixentes e se ques que úa lingua sobreviva e fer úa normativa e ter un Estándar, non se poden fer muitas separaciois, hai que agrupar.

_ Promoves en L’Infiestu (Piloña) el proxecto La Benéfica, que abarca a expresión artístico cultural, a acción comunitaria, a luita contra el abandono e a despoblación del rural e a trasmisión interxeneracional de saberes. Cómo valoras el grado de apoio que ta recibindo, dentro e fóra del Principado, a vosa campaña pra financiar a recuperación del edificio que lle dá nome a ese Espacio Cultural? Cres que iniciativas deste tipo serían extrapolables a outras comarcas rurales asturianas?

_A valoración é mui positiva en Conto al apoio popular, hai muita ilusión El proceso ta sendo mui guapo. Temos carencias económicas, claro, pero houbo úa gran resposta por parte dos vecíos e vecías. Fixemos un crowdfunding e en tres anos fixemos un teatro nun poblo, solo coa axuda da xente de alí. Sería mui interesante poder replicalo noutras zonas, que lo noso fose como el modelo. Todas as persoas que tamos implicadas nel proxecto taríamos encantadas de axudar.

_ Reivindicar con alegría lo rural, conseguir pasar de lo local a lo universal, é un éxito tou que ten muito mérito pra os que sentimos “orgullo rural” e queremos úa Asturias vertebrada e plural. Por eso a túa traxectoria, el tou traballo ten un valor -incluso simbólico- que vai máis aló de lo musical. Que cres que se podería fer aquí e agora nel Eo-Navia? Podes darnos algúa idea, algúa proposta que consideres factible?

_Úa cousa mui a favor voso é a vosa indentidá. Nel Eo-Navia a lingua ta mui viva, muito máis que nel resto de Asturias, tedes úa conciencia colectiva mui marcada, formades como un pequeno país dentro de Asturias. É decir, el potencial ta ei, tédeslo xa, e el feito de tar lonxe dos focos de turismo masivo é úa gran ventaxa, inda que muita xente non lo crea. Podedes desarrollar todo ese potencial sen espolios. Eso é mui importante. Úa idea sería fortalecer a unión entre os concellos, crear un movemento cultural ilusionante, centrándovos na lingua, pero tamén na etnografía e na vosa cultura, que é tamén mui potente e mui singular.

_En outubre de 2023, a nosa asociación, Axuntar, concedeuche a súa folgueira de honor por a túa defensa da nosa lingua, da que xa falamos. Podías comentarnos que che pareceu este premio? Gustouche, fíxoche ilusión?

Sí, gustoume moito, fíxome ilusión porque ademais eu fixen úa cousa tan pequena como contar a verdá e solo con eso xa recibín a vosa aprobación.

_Pra irmos rematando, nestos días, asta xunio, Axuntar ta fendo úa campaña, #PararllesOsPés, pra recadar fondos e parar pola vía xudicial el uso ilegal del Glotónimo “eonaviego” prá nosa lingua, el galego de Asturias. Que che parece esta iniciativa?

_Mira, elos fain as leis e non las respectan. Pasa igual coa toponimia. Hai úa toponimia oficial aprobada por elos e nada. É increíble. El Glotónimo, creo eu, debería ser el máis popular entre os falantes porque se aceptaría mellor. Pero hai que respectar sempre lo que ta aprobado por as leis. E se non se quere, hai que cambiar a lei, se se pode.

-Rodrigo, este xa é el colofón da entrevista: el famoso test Proust coel que se dice que se conoce mui ben ás persoas que lo contestan. Son trinta preguntas breves, de resposta breve tamén. Preparado?

_Vamos!

  1. 1. _Principal rasgo del tou carácter?
  2. _Son mui “faladeiro“.
  3. 2._Que cualidá aprecias máis nun home?
  4. _Que non sexa machirulo.
  5. 3._E núa muller?
  6. _Que seña divertida e intelixente.
  7. 4._Que esperas dos tous amigos?
  8. _Que sepan divertirse. Eso dice muito de úa persoa.
  9. 5._El tou principal defecto?
  10. _Ser controlador.
  11. 6._A túa ocupación favorita?
  12. _Cambiei muito. Agora é texer, tanto con dúas agullas como a gancho.
  13. 7._El tou ideal de felicidá?
  14. _Que non existiran as cámaras dos móbiles.
  15. 8._Cual sería a túa maior desgracia?
  16. _Que lle pasase algo á mía parella.
  17. 9._Que che gustaría ser?
  18. _Pastor. Traballar cos animales, labrar a terra con elos…
  19. 10._En que país desexarías vivir?
  20. _Nel que vivo ou en Portugal.
  21. 11. A túa color favorita?
  22. _Casi sempre digo que a verde, pero en realidá non teño ningúa favorita.
  23. 12._A flor que máis che gusta?
  24. _As que tein muito olor, os clavelíos, os alhelís…
  25. 13._El páxaro que prefires?
  26. _El que chamamos na mía zona páxaru pimientu, un paxarín colorado, creo que en castelán é el camachuelo.
  27. 14._Os tous autores favoritos en prosa?
  28. _Pilar Sánchez Vicente, leo todo lo que vei publicando.
  29. 15._Os tous poetas?
  30. _Sonará mui tópico, pero el meu preferido é Lorca.
  31. 16._Un héroe de ficción?
  32. _El que máis me gustaba de pequeno era He-man porque taba mui bon.
  33. 17._Úa heroína?
  34. _Non son muito de cómics… así que… non se me ocurre ningúa.
  35. 18._A túa música favorita?
  36. _A tradicional.
  37. 19._El tou pintor preferido?
  38. _Javier Ruíz, el pintor que fixo el meu CD de Manual de Romería.
  39. 20._El tou héroe da vida real?
  40. _Non me gusta enaltecer á xente, despós sempre levas decepciois.
  41. 21._El tou nome favorito?
  42. _Enedina. Gústanme os nomes antiguos, como Isolina
  43. 22._Que costume alleo non che gusta nada?
  44. _Halloween, qué pereza!
  45. 23._Que é lo que máis detestas?
  46. _El turismo masivo.
  47. 24._Úa figura histórica que che poña mal corpo?
  48. _Cascos.
  49. 25._Un feito histórico que admires?
  50. _A revolución dos cravos.
  51. 26._Que virtú desexarías poseer?
  52. _Saber cantar como os tiroleses.
  53. 27._Como che gustaría morrer?
  54. _De socate, que me caíra úa tella na cabeza.
  55. 28._Cual é el estado máis común del tou ánimo?
  56. _
  57. 29._Que defectos che inspiran maior indulxencia?
  58. _Os que son provocados pola torpeza.
  59. 30._Teis algúa máxima?
  60. _Sí, esa que lles decimos na mía zona, ás persoas arrogantes: “Ala, champán poles tetes!”

Gracias, Rodrigo, por tar con nosoutros e contarnos cousas da túa vida, da música e compartir risas, pensamentos e sentimentos.

Muita sorte nos próximos traballos.

E esperamos vernos pronto nalgúa actividá conxunta.

Somos probes cesteiros
Cestos que compoñer
Pobriños de nosoutros que vamos a morrer

Fame que teño, vaia por dios
Non sei se é a fame ou será tos
Entra pola boca e sae polos pés
Porque este mundo foi feito al revés

Cando vamos para a feira
Cos cestos a vender
Chamámo-las mulleres que nolos veñan a ver

"E son bos cestos?"
"E son, son, son
Que como os meus non hai ninghún, non"
"E son bos cestos?"
"Míremos ben, que como os meus xa non os fai ninguén"

Cando vamos para a vila
Pola calle real
Quedan as señoritas sentadas no portal

Elas moi empolvadas
Salen ó mirador
Falando polos dedos palabriñas de amor

"E son bos cestos?"
"E son, son, son
Que como os meus non hai ninghún, non"
"E son bos cestos?"
"Míremos ben, que como os meus xa non os fai ninguén"

Fame que teño, vaia por dios
Non sei se é a fame ou será tos
Entra pola boca e sae polos pés
Porque este mundo foi feito al revés

Fame que teño, vaia por dios
Non sei se é a fame ou será tos
Entra pola boca e sae polos pés
Porque este mundo foi feito al revés

* Permitome úa licencia e vou comentar algo del Rodrigo Cuevas que conocín realizando a entrevista. Fixémosla por teléfono – él nun perfecto galego normativo, utilizando a gheada porque, como él dice, aprendeu a falar galego en Pontevedra onde ese fenómeno fonético é común-. Atopei úa persoa cercana, comunicativa, alegre, culto e nada pretencioso, con grandes toques de humor e sinceridá, disposto a falar de todo sin censuras e sin escatimar el tempo (comentáralle que a entrevista remataría nus 15 minutos e chegamos casi aos 40!). Durante toda a conversa tuven a sensación de que nos conocíamos desde había tempo., foi mui fácil falar con él e tamén foi divertido. Un gusto, a verdá. Oxalá nel mundo existisen máis persoas como Rodrigo Cuevas. El mundo sería millor. Seguro.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *