El día despós

Este fin de semana foi mui completo.

Femos el día despós da Feira del mel un resumo de todos os actos de Axuntar e comenzamos por Boal, el sábado 28:

Dúas exposiciois (Haikus prá nosa terra -de cuatro socios e socias de Axuntar- e El mel de Boal. En ovellas e en abellas non metas lo que teñas -de Begoña Martín-) presentáronse na Casa da Cultura e contribuíron aos actos culturales del Concello de Boal nel marco da XXXVI Feira del mel.

Axuntar tamén presentou el sou II Informe da lingua del Eo-Navia. Bilingüismo e diglosia, na mesma Casa da Cultura. El acto foi mui emotivo por diversas razois que vos comentamos a continuación.

Al comenzar el acto entregáronse os primeiros premios que concede a Asociación:

Cerámicas realizadas por el tapiego Javier Cancio

Premio folgueira dixital a Juan Riopedre Villa, por el sou apoio e axuda na creación del noso dominio (www.axuntar.eu) como medio de divulgación lingüística e cultural. Recolleu el premio a súa ermá, Rosa, que nos leu úas guapas palabras de Xuán Bello e tamén outras -simpáticas- del propio homenaxeado:

Premio Folgueira de honor a Rodrigo Cuevas González por el sou apoio á nosa lingua e el poder democratizador da súa música. El artista e músico piloñés non pudo tar con nosoutros pero enviou (dende México, unde ta de xira coel sou novo disco) un cariñoso vídeo de agradecemento prometéndonos úa visita al occidente. El premio foi recollido por Noelia García quen, tamén mui emocionada, deu as gracias porque considera que Rodrigo merece este e muitos máis premios : “el mundo sería muito millor con máis persoas como él”, comentou.

E por último xa, el máis esperado, el premio máis sentido pra nosoutrxs, el de Socio de honor a Benigno Fernández Braña, por el sou labor en pro da nosa lingua, por ser un valente defensor del galego de Asturias e por todo el sou traballo incondicional. Foi un momento mui emotivo coel que nos sentimos non solo honrados por contar coa súa presencia, senón por el sentimento coel que Beni recibiu a folgueira de Axuntar.

Durante el acto el gaiteiro Luís de Patas tocou varias pezas tradicionales (Valse dos Vellos, Valse de Taramundi) e úa sorpresa, dedicada a Beni: A lluita (aquí podedes escuitala), danza tradicional boalesa que intentaremos que non se perda xa que hoxe non hai quen a baile. Parece que os pasos tán “dibuxados” por el anterior cura párroco de Boal, D. Vicente, e a música tocoula Luís coa súa gaita (inda que lo usual era felo coa canaveira e trompa).

Pasamos xa á presentación del II Informe (podedes descargalo ei):

Nela contouse na mesa con el Mediador Comunicativo e poeta en galego de Asturias, Moisés Cima Fernández (presidente de Axuntar); a Doutora en Lingüística Xeneral pola Universidá de Tromsø, Noruega, Natalia Jardón Pérez; el Doutor en Lingua Española e Lingüística Xeneral pola Universidá de Uviéu, Xavier Barcia López; e polo Licenciado en Dereto pola Universidá de Uviéu e poeta que firma en galego de Asturias coel alcuño de Quique Roxíos.

Pouco antes del final del acto, Marta Ledo Jardón leu un dos poemas del sou precioso e sentido libro Rellustros, recén salido da imprenta e que presentará en breve en Boal. Foi el que reproducimos a continuación, del que Beni nel momento da súa lectura dixo: “Ei ta!”.

Pois ei ta algo de lo que nos conta Marta nel sou poemario, que non é pouco:

Deixaime que fale
sen ter que pasar 
por úa fronteira
que a llingua non cruza. 

Deixaime falar
con xeito e sen medo
dos meus raigaños
que falan galego. 

Deixaime tamén
falarvos do rica
que che é a nosa terra
sin ter que tecer 
ningúa fronteira. 

Copiamos aquí úas palabras de Maló (María López), oriunda de Peirois, inda que vive desde hai anos nel Concello de Teo (A Coruña). Palabras que resumen lo que pra ela foi el acto e que a nosoutrxs nos emocionan por os sentimentos que transmiten e porque nos contan úa historia que ben podía suceder ou ter sucedido a muitas outras persoas na nosa zona:

EL CAMÍN DE REGRESO


É difícil resumir úa viaxe de 41 anos núas poucas frases. Nacín nun lugar onde existe úa lingua para nomear todas as cousas e situaciois deste sitio fermoso.

Condo a finais dos anos 80 nos mudamos á Mariña os meus pais marcaron a casilla de exención del galego na escola, e foron os meus mestres, Robustiano e Eduardo (aos que tanto Lles debo 💖), que nos explicaron que ao vir do occidente de Asturias non teriamos ningún problema, por moito que na casa aínda nun caían da burra e seguían falando aquela lingua que con tanta soltura lle sae da boca ao meu pai de Boal e mía madre da Veiga, na total clandestinidá.

Todos os anos de ensino en Galiza fixéronme totalmente competente na lingua galega mais sempre envexei a gheada de Paula de Taragoña, o seseo de Maxi de Muros ou o uso de “pícaros” do galego de Andrea de Tuto de Foz. Falaba, como ben me dín os meus vecíos de Regoufe, o galego dos libros…

Hai tempo que sei que iso non importa, que o único galego “malo” é o que non se fala, mais onte en Boal, nun precioso acto organizado por Axuntar – Asociación prá normalización del galego de Asturias, recoñecendo o galego en Asturias, falándolo, usándolo na escrita, aportando argumentos científicos contra o negacionismo institucional, sinto que liberei un bocadín un feixe de palabras que levo dentro: comezo un camín de regreso al galego de Asturias.

Convídovos a seguir el traballo de Axuntar, a luitar contra as instituciois que invisibilizan a lingua que fala el occidente asturiano edulcorándoa con nomes que deturpan o que realmente é: a lingua galega falada fóra das fronteiras administrativas de Galiza e invisibilizando o que realmente somos: personas bilingües absolutamente competentes.

Continuará! Llonga vida al galego de Asturias!

El domingo 29 a presentación del Informe foi en Santalla de Ozcos.

Este día, Axuntar contou coa presencia del alcalde.

Ramiro Xavier Barcia leu un documento da Colección Diplomática del Convento de Santa Maria de Vilanova de Ozcos datado el domingo de Pascua del 14 de abril de 1308 e que fai referencia a Santalla.

Natalia Jardón deu conta das características que determinan e son comuis a todas as falas integrantes del dominio lingüístico galego, incluído el galego de Asturias.

Moisés Cima comentou aspectos sociolingüísticos, as consecuencias da política negacionista das autoridades lingüísticas de Asturias e os traballos de Axuntar. Tamén explicou a razón de ser dos Premios Folgueira creados por Axuntar.

Quique Roxíos explicou a situación legal del galego de Asturias.

Al finalizar el acto Axuntar agasallou con varios exemplares de libros (Informes Lingüisticos I e II editados por anasociación, el Dicionario del galego de Asturias de Varela Aenlle, el poemario recén publicado, Rellustros, de Marta Ledo Jardón etc.) pra que podan ampliar el catálogo da biblioteca de Santalla e ser consultaos por os sous usuarios.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *