Nel dic. de Varela Aenlle:
Falcatruada: s.f. V.
Falcatrúa (4ª acepción, Boal). Falcatrúa. s. f. Engano. 2. Enredo, trampa. 3. Broma. 4. Trasnada.
Sinónimos: aduanada, andruviada.
Nel dic. da RAG:
Falcatrúa. s.f. Mala acción, feita con engano ou trampa. É un home moi vil, ten feito moitas falcatrúas. Con estes axudantes fixo moitas falcatrúas, e volveu rico a Ourense. SINÓNIMOS algueirada, barrabasada. CONFRÓNTESE desaguisado. 2Acción, propia dos nenos, que pode causar prexuízo, molestia ou trastorno. O pequeno anda todo o día facendo falcatrúas pola casa. SINÓNIMOS diabrura, trasgada, trasnada.
Falcatrúas. adx. Dícese del home que fei chapuzas.
ETIMOLOXÍA
A orixe da palabra é controvertida. Segundo Corominas, crese que podería proceder dúa creación *falca-truãa, onde falca significaría “golpe cun pao” e truãa “impostor” . Coel tempo acabaría significando “broma, trasnada, enredo, engano…”
PALABRAS DEL PORTUGUÉS RELACIONADAS CON “FALCATRÚA”:
Esta fotografía é de Xosé Veiga Roel, debuxante e fotógrafo nacido en Betanzos el 9 de novembre de 1894 e falecido nel mesmo Concello el 9 de febreiro de 1976. El título é FALCATRUADA.
Nel ámbito rural, as fechas máis propicias prás falcatruadas son as del Entroiro (Antroiro, Entroido, Antroido…) e tamén as que se fían na noite de San Xuan (24 de xuño), condo desaparecían cousas del sou sito e aparecían despós en cualquera outra parte da parroquia (os chamados “albeiros“).
A palabra ALBEIRO vén definida así nel dicionario de V. Aenlle:
albeirada. s. f. Acto de facer albeiros.
albeirado, -a. adx. Dise da persoa que fai albeiros na noite de San Xoán. 2. Dise do obxecto, gando etc. que se esconde na noite de San Xoán.
albeirar. v. Cambiar de lugar ou esconder os apeiros de labranza aos veciños na noite de San Xoán ou San Pedro. 2.
Facer trasnadas os nenos (El Franco).
albeiro. s. m. Estrago. 2. Broma. 3. Neno inquedo, que fai trasnadas. 4. s. m. pl. Falcatrúas que se fan na noite de San Xoán ou San Pedro ou na Pascua cambiando de lugar ou escondendo apeiros, ceibando el gando, sacando as carretas dun vasadoiro e deixándoas colgadas dunha árbore, facendo espantallos etc. 5. s. m. pl. Falcatrúas que fai o trasno. 6. s. m. pl. Espaventos.
Pero quizás, el día máis estendido pra este tipo de bromas seña el dos Santos Inocentes (28 de decembre).
RECORDADES ALGÚAS FALCATRUADAS DAQUELAS QUE FACÍAMOS DE NENXS? Nos comentarios podedes comentar… 🙂
Había úa que era puer un filo, asomando un trozo por úa chaqueta ou un xersei, mentres el carrete se escondía na parte interior sen que se vise. El inocentado” tiraba por el filo pra quitalo e … non se acababa nunca!!!