Celebrar el ANTROIRO, ENTROIRO, ANTROIDO, ENTROIDO, INTROIDO… Tantos nomes ten esta festa tan especial (asta 15 variantes tán recollidas nel Tesouro informatizado da Lingua Galega).
Provén del latín INTROITUM, “introdución”, por ser a entrada á Cuaresma. É a festa del fin del inverno e ten un forte carácter ancestral.
A fecha é variable, sole coincidir al largo del mes de febreiro ou principios de marzo. Remata el mércores de cinza coa queima del Antroiro.
A palabra ENTROIDO aparece documentada na lingua galega xa desde 1251. A palabra CARNAVAL é de orixe italiana.
Foto de Internet
El Antroiro máis largo de Europa é el de Xinzo de Limia (Ourense), que dura 5 domingos: el domingo fareleiro, el oleiro, el corredoiro, entroido e domingo de piñata.
Nel Eo-Navia utilízanse os términos Antroido e Antroiro, tal e como se ve nos mapas.
E non hai antroxus, nin entroxus…
Por favor, respectemos a nosa variante dialectal e non inventemos palabras nin las collamos doutra lingua que non é del noso tronco lingüístico!
Esto é lo que nos conta Rosa Cortizo sobre esta festa:
EL ANTROIRO NAS NOSAS ALDEAS
Era pouca a xente que tia daquela tempo pra argallar roupa e vestirse. Había traballo dabondo e fía frío. Pero sempre houbo daquén que puía algún carapucho ou sombreiro de palla pra fer festa e baxar aos chigres da carretera, animados por un papado de viño pra ter a boca e el corpo calentes.
Todo valía: calabazas na cabeza, sombreiros vellos e espantapáxaros, fantasmas de sábanas, cornos de vaca, chocas sonando e pelellos de conexos colgando. El caso era fer ruído e avisar que chegaba el antroiro ás aldeas.
A cana taba chea de chourizos e a pota con roxois, na aldea que eu conocín.
Rosa Cortizo (anos 60 del siglo pasado).
Imaxe de Internet
E por el Antroiro/Antroiro, el sábado cereixoleiro/fereixoleiro/filloleiro... comemos cereixolos, fereixolos, freixós, fillolos, filloas…