Compartimos

Neste día tan importante prás nosas letras, compartimos textos varios.

Aquí dous relatos del libro Mar de cores, de Paloma García e Begoña Martín:

1. “Verde trigo”, de Paloma García

Acuarela de Paloma García

Ano tras ano, úa mao invisible expulsa del campo a miles de persoas, que se achegan ás ciudades en procura da supervivencia.

Hoi por hoi, el ser estadisticamente máis representativo da especie humana é úa labrega pobre. En mui pouco tempo presenciaremos un feito sen precedentes na historia: a maior parte da población del mundo vivirá nas ciudades.

Este proceso, que principiou en Europa hai séculos, afecta agora de chen a millois de habitantes de América Latina, Asia e África. Que será el que levan consigo todos nese viaxe? Lo máis precioso del sou equipaxe será seguramente a esperanza núa vida mellor, pero tamén a súa propia cultura, a sabedoría ancestral que heredaron, por muito que –vencida por a forza da mao invisible- non lles teña servido pra evitar el éxodo.

En muitas rexiois de Europa Occidental, os labregos son xa úa especie en vías de extinción. El mundo rural, lo que queda del, sufre de invisibilidade social. Nel mellor dos casos, é visto por os urbanitas –os sous consumidores- como un simple espacio de folga. Os que inda permanecen nel, non son quen de proxectar a súa propia imaxe cara al exterior. Abondo fain, muitas veces, con resistir.

E sen embargo… cónto saben da vida as maos dúa labrega!

El sosegado rumor das vacas al abrir a corte por a mañá. Cofar suavemente entre os cornos á que onte taba mala; tentarlle el dorso das orellas por ver se tan frías. Darlle úa frega nel remollo á que hai que mecer, pra que día mellor el leite. Sentir el rítmico son dos brancos chorríos, chis, chis, contra as paredes del caldeiro.

Labrar el trigo. Puñados de grao que se deixan caer enriba da terra, axitando breve e secamente a mao, cun xesto preciso: el que requiren as cousas ben feitas.

El recendo da roupa limpia. Suavidade e molicie das prendas de la. Aspereza da estameña. Delicadeza del pano de seda. Lixeireza, comodidade presentida, del algodón. Dulzura envolvente del lín, caricia fresca que alegra a pel.

Probar el filo del foucín despois de cravuñalo, raspando con el, delicadamente, a xema del polgar. Apartar un mañuzo de herbas coa mao esquerda, pra lougo segalas, ris, ras, coa dereta. E así úa e outra vez, sen a penas descanso, mentras as pingas de sudor esvaran por a pel, proen nos ollos, nublan a vista.

Ledicia del baño na ribeira á tardía, despois da sega. Pés que entran cautelosos nas fondas pozas que deixou a baxamar, tapizadas de ouca escura e tremente. Pracer e desafío de nadar sobre os acuáticos xardíos da riza e del verdello, sentindo as súas telergas en brazos e pernas. Maña de agatuñar de présa por a arribada, antes de que anoiteza.

Cocer el pan. Renovar el milagre que provoca un pouco de formento al xuntarlle, coas puntas dos didos, farina, auga e sal. Traer e levar a masa, coa mao aberta, de fóra pra dentro. Cortala úa vez espelida; formar roscas ou fogazas fofas, nas que a calor del lume obrará outro milagre.

Depenar un galo –degolado por quen non lo criou- na pota chía de auga mui calente. Suavidade, esplendor e brillo das plumas secas; triste opacidade úa vez molladas, alleas al corpo lanzal que las luciu.

Meterse rendida na cama, deslizando el corpo entre as sabas. Estirarse cara al descanso e os soños, pra recomenzar mañá con novos folgos. Porque a vida sigue.

2. “Violeta uz moural”, de Begoña Martín

Acuarela de Paloma García

Chegábamos con aquelos pequenos animais metidos nel peto. Un día, úa ra; outro día, úa sapagueira; algún día de sorte, un escolancio. Pra nosoutros eran pequenos tesouros que conseguiamos despois das horas de escola, naquelas longas tardes del mes de maio en que os campos se cubrían de margaritas brancas e daquelas herbas prohibidas con sabor a vinagre que comíamos sen el consentimento dos nosos padres porque eran causantes de terribles dores de bandullo, de cólicos espantosos, dicían… Pero nosoutros devorábamolas e que ricas taban coel sou aquel de acidez que nos facía chiscar os ollos!

E nesos días alegres de primavera era tamén condo Edita empezaba a traernos, metidos naquelos frascos de cristal que nosoutros esperábamos nerviosos pra ver qué contían, lo que atopaba nel sou longo e bulicioso camín desde el crumen del poblo asta a nosa casa. Foi gracias a ela que vimos por primeira vez a temible mantis; que fomos amos das negras e poderosas vacalouras e daquelas carricantas que tanto nos atraían con aquel sou tono verde, verde; que observamos ben de preto os dourados escaravellos e os tenros rinchíos con aquelos vestidos flamencos que sempre lucían.

Condo a calor chegaba, tamén íbamos aos grilos. Por aquel entós xa non había escola e tíamos todo el tempo del mundo: éramos os amos del universo e da naturaleza. Condo víamos que os montes que rodeaban el noso poblo se vestían de violeta coas uces mourales que os cubrían, sabíamos que chegara el momento. Salíamos despois de comer e íbamos al prado da Colmía, un paraíso chen de todo tipo de insectos, réptiles e algún que outro anfibio que paseaba por el pequeno regato que lo atravesaba. Alí, Juan botaba úa mexada rápida na cova e de sopetón, como por arte de maxia, aparecía úa diminuta cabeza negra correndín. Outras veces, se ese sistema non funcionaba, inda que case sempre era infalible, intentabamos sacalos das súas covas cúa pallía. E condo tíamos xa a parella (tres rabos, a fema; dous rabíos, el macho) metida naquela caxa de zapatos da tenda de Conradín, enchíamola de herba, non fora ser que morresen de fame despois de tanto traballo! E á noite colocábamos, por turnos, el trofeo na ventá da habitación pra escuitar felices el cri-cri que producía el frote das súas translúcidas alas.

Mentras duraba el bon tempo, os días de festa baixábamos á costa, metidos naquel vello autobús que facía tanto ruído que todos lle chamaban el “roncón´”. A min gustábame el mar, sobre todo el sou olor, e era tan grande! Pra Juan, el único interés que tían as augas era el de poder conseguir un ariego, encher os caldeiros con mexillois, lapas e minchas e tamén con algún pequeno peixe. El colmo dos colmos era topar úa caracola viva ou un cangrexo ermitaño, úa estrela de mar… Eran, al mar, lo que el escolancio á terra: xoias. Á volta, cansos e con sono, non soltábamos os nosos caldeiros e el auga salgada derramábase nas curvas por os asentos e por el corredor mentras Armando, el condutor, nos miraba por el espello retrovisor con cara de poucos amigos. Pero nunca chegaba el sangre al río. Na primeira parada que fíamos achegábase a nosoutros e ollando os caldeiros preguntaba: “Ides fer un arroz, nenos?” Nosoutros mirabámoslo horrorizados porque pensábamos devolverllos al mar, despois de mostralos a amigos, padres e vecíos. Eran trofeos de ida e volta.

E chegaba el outono, mui a modo. Primeiro cambiaba a luz dos días. E un vento morno arrincaba e fía danzar as follas, xa douradas, das árbores da Carballeira. Os malvas del monte que víamos desde a ventá, aquelos que noutrora nos daban el sinal de salida cara ás aventuras, indicábannos agora, coa súa apagada color, que chegaba el momento del sosego. Entón pasábamos máis tempo na casa. E foi nesa época condo se meteron en min aquelos olores que me acompañaron toda a vida: el poderoso cheiro del alcanfor que, en redondas e perfectas bólas brancas, se guardaba núa caxa debaxo del mostrador; el olor dulce, chocolateado, que contían dentro aquelos tarros de cristal que Juan e eu abríamos, ás escondidelas, pra comer lo que contían: úa especie de macarrois alongados, pequenos e retortos, que se usaban contra el estreñimento; a fragancia dos xabois e cremas que aparecía de sopetón con solo abrir a porta de cristal; e aquel penetrante e profundo recendo, entre ácedo e acre, a substancias medicinales, a herbas e a esencias, que lo impregnaba todo. Ese olor…! Ese olor que permaneceu en min sempre unido á mía madre e á mía querida, paciente e protectora To.

El inverno cubría xa a terra coa súa camisola branca e baixo ela desaparecía a vida. Esos días, na casa colocábannos un pasamontañas e salíamos xogar naquelas brevísimas tardes. Fíamos bonecos, inventábamos aparellos de todo tipo pra esvarar por a neve e axudábamos a abrir pequenos camíos diante das casas. Pero, pasados us contos días, todos ansiábamos que el tépido sol derretise el manto branco –agora xa non tan branco-, especialmente condo meu padre contaba que en Teixido apareceran cabalos comidos por famentos lobos. Nese momento, Juan abría os sous brillantes ollos de chinés e, deixando todo lo que taba a fer, achegábase a min pra contarme a xeitín e mui cerca da mía orella, que úa vez el vira un enorme lobo escondido entre as xotas dos vellos castañeiros dos Chaos. Contas noites teño soñado con aquela aparición!

Así transcurrían aquelos días da infancia. Pisadas profundas, eternas e venturosas.

Asta que un día … Juan desapareceu. El sou padre atopara traballo noutra parte.

Marchaba el meu compañeiro de xogos. El meu mestre en bioloxía. El especialista en cullaríos.

E desde el mesmo día da súa partida soupen que as cousas xa nunca serían igual e creo que, de repente, me fixen maior.

Haikus publicados en Poetas no reencontro II. Colleita de poesía galaico-lusa 2019-2021, de Quique Roxíos:

Haikus

Dúas palabras,

son garcios inxertados.

Xotía un Haiku.

Ausencias

Sombra dun teixo,

inocentes chorares,

frores na lápida.

Mira el espello

pentagramas nas nubres.

Soños nos ollos.

Ignora el río

que a casúa pechou.

Pasou a vida.

Xelo pesado.

Acullú del silencio,

un cobertor.

Bufa el nordés,

mentir da primavera.

Tróuxonos frores.

Na terra brasas;

fumo dúa barruira.

Lluz na cocía.

Marta Ledo Jardón envíanos este Poema:

Pasos telúricos

Recorro a túa columna vertebral.
Os pés van por riba das costellas,
acaricio os pétreos ósos,
observo concavidades e pregas
e tento reconstruir a túa historia.
Acólleme a túa forza.
Sinto
 que sou tan pequena,
tan efímera, que volvo
pisando con cuidado
intentando nun mancarte,
nun toller,
cos meus pasos carnales
este llonxevo llibro,
esta ventá que atesoura
as vivencias del tarrén.

Estos dous poemas son de Moisés Cima. El primeiro dedicado á súa filla e el segundo, al sou pai.

Foto de Moisés Cima

A mía patria

A mía patria non son as glorias del pasado, 
que si, pesan,
mais non tanto como el futuro infinito
como el mar.

A mía patria son os devanceiros,
mais sobre todo os que vein detrás,
que miran al infinito del mar
coa mesma inocencia coa que miran
al infinito das súas vidas por empezar.


A mía patria é este mar infinito,
que se tiras de frente dicen que chegas
á verde Irlanda
ou á lonxana Cuba,
onde tantos dos nosos foron a dar.

A mía patria son os tous pes espidos
deixando úa pisada na area
que pronto ha ser borrada,
úa pisada na mía alma
que non vai desaparecer enxamais.


A mía patria fala nas linguas dos meus,
dos que foron,
dos que viron,
dos que faltan,
dos que están.


A mía patria é a risa dúa nena
xogando coel mar.

Foto de Moisés Cima

Islla dos Pataricos

Islla dos Pataricos,
del outro llado del mar,
onde Polifemo cego quedou
e Ulises aos sous homes perdeu.

Islla dos Pataricos,
del outro llado del mar,
onde as almas dos nosos
van descansar.
Chórante as ondas
con berridas e bramidas,
chórate el mar,
como non te vai chorar!

Islla dos Pataricos,
del outro llado del mar,
onde Polifemo rompeu a chorar,
sen poder a Naide culpar.

Islla dos Pataricos,
del outro llado del mar,
dende onde miras pra nós
neste el noso naufragar.

Has comernos as coradas todas,
Islla dos Pataricos,
has vernos chorar,
del outro llado del mar.

Has vernos escondidos
tras as pellellas das ovellas,
has vernos tremar,
del outro llado del mar.

Has vernos maldecir a Polifemo,
máis imos maldecir a Posidón,
que coas súas ondas tollas
llevanos al tou atolón.

Islla dos Pataricos,
del outro llado del mar,
has vernos chorar,
mais nunca naufragar.

Xosé Luís Graña envía este Poema:

Heina gardar mentres viva
e deixala en herdo,
por conciencia,
gardadiña en neboeiro,
tal eu a herdei
dos antigos.
Meu tesouro, lingua miña!

Este é de Xuan Bello:

De mio padre heredé l’olvidu de la llingua gallega. Nunca quixo que la supiera pero bien llueu deprendí a ller ente les llinies del so acentu. Mal que fora, deprendí a falar en gallego por muncho que m’esforcé en cultivar la llingua que mio madre me tresmitió, Nesti Poema faigo una declaración d’intenciónes: el gallegu de Borrés, el Bierzu, ta na frontera col asturlleonés. Si yo escribiera en gallego —esti ye l’únicu Poema qu’escribí— nunca me distanciaría de la llección de Pondal, Curros, Rosalía y Celso Emilio Ferreiro. Si yo, en cuenta d’en Tinéu, tuviera nacío en Grandas o en Boal, tengo mui claro en qué llingua diba escribir. Nun me gusten los que se nieguen a ellos mesmos. Afírmándome, niéguenme.

BORRÉS

Volver ó tempo sen tempo, á terra erma de xuño
por aqueles camiños do Vieiro; volver á dúvida
de se paxaro ou cobra entre os matos da Coroa, 
volver depois de tanto tempo á casa que meu pai
herdou do seu; volver en sílabas acesas ó viño
que non lle quita a naide nunca a sede de ser
e que lle pon ás caras o bravo ronsel dun destino
que se cumple na ferida e sempre no sangue.
Volver ás voltas da vida ós libros que un intre alumean 
á fraternidade do Sabugueiro, á humildade daquela viña
que lle chamaban Cagalla e tanto nos rimos da sorte
que non tiñamos. ¿Lembras o carreiro d’El Resbaladelo?
Volver á sombra da figueira onde latexan niños
de luz escura, mundos acaso de outros pombos
en cuanto as campás da igrexa son os sinos reticentes
dun pobo que cala máis que fala, que dorme máis que soña
por adoración á nada.
Volver polo imperativo d’un soño que se opoñe ó sono.
Volver porque meu pai adusto me dixo nun soño 
que tiña desatendidas as viñas que herdara do seu pai.
_Atrevido, contesteille: ¿As tuas mans, son as miñas?
—Meu fillo, dixo, sempre soube que non tías remedio.

Clara Álvarez envía este texto da novela El serzo no llouxado de Carlos Álvarez Blanco:

No fondo del pozo sempre hai basa e carroña de gatos que daquen afogou nada mais nacer. Ua pedra caída por azar ou tirada por descuido enturbia a agua crara.

Edita Nogueira envía un Microrrelato:

CASCALLOS   

Os sobreviventes resisten amoreados no único soto do barrio esquecido polas bombas. Cando as sirenas e os mísiles se cansan de berrar, saen durante o menor tempo posible á busca de víveres, que non sempre conseguen. Os nenos aproveitan para xogar fóra; gaña o que atopa algo interesante que non sexa  un cascote. En caso de dúbida, consultan ós adultos. Non hai debate esta vez, Kateryna é a gañadora. Despois chora porque non lle deixan baixar ó refuxio o seu tesouro: un pé medio descalzo, cunha zapatilla da mesma marca cás dela. Súa nai salaia.

Camino Pérez Martín comparte este Poema-reflexión:

Fotografía de Begoña Martín

A QUÉ OLE EL MAR?

A sangue e petróleo.
a gasolina  e chapapote.
Negro intenso, adeus azul.
A bolsas carrefour, 
compresas evax,
mascarillas certificadas por a unión europea.

A bancos de peixes en pack de seis
flotando sen rumbo e sen cabeza,
decapitados por anelas
de cocacola ou cervexa.

Ole a latas oxidadas,
novo fogar do ermitaño...
A baterías, lavadoras, pneumáticos...
e outros vellos caprichos de antano.

Ole a buques factoría,
a redes, a arrastre e palangre
de atúns, golfiños e pescadas.
Ole a sangue!

Xa non hai olor a arrecife,
xa non ole a sebadal.
Ole a hoteis e emisarios,
a resorts sen depurar.

Xa non ole a cocoteiros,
ole a illas de mentira.
Sinistro escenario
flotando á deriva.

Xa non ole á madeira
do barquiño de faena.
Xa non ole a tradición...
Ole solo a morte e destrución.

De Suso Acevedo chega esto:

“A miña lingua quero na túa boca […]” (Ígor Lugrís)

Rosa Cortizo mándanos estos dous dibuxos:

Nena feita de lápiz e contos

Xesús Trashorras envíanos este relato:

EL FILLO DEL MULIÑEIRO

Laureanín, el fillo del muliñeiro, ademais de axudarlle al sou padre nos labores da molenda e botarlle úa mao a D. Salustiano na celebración da Santa Misa, meu probe, pouco máis daba de si, e non era pouco. El infeliz non tía muitas luces, como se acostumbraba a dicir, motivo por el cual era el branco de todas as burlas. Algo al que xa se afixera e levaba con relativa resignación.

Pero chegou El Alzamiento e lo primeiro que fixo foi falar coel señor cura, el máis alto camarada da vila, para que lle dese úa desas camisas azules como as que tían algús dos sous vecíos. Xa non era a primeira vez que lla pedía, pero D. Salustiano sempre se mostraba reticente a felo amo de tan estimada prenda, poendo úa ou outra pega. Non era de mui bon exemplo ter de colega na organización al paiolo da vila, de sancristán vale, asta aí chegaba. Pero nestes novos tempos necesitábase xente, muitos taban marchando al frente e xa poucos mozos iban quedando. Así que sin dudalo entregoulle a camisa, advertíndolle de que tía que mirar como é debido por ela, respetándola e levándola con muito orgullo; desde el instante que la puera a súa responsabilidá era enorme.

Laureanín non cabía en si con aquella camisa azul, novía del trinque; al lado dereto úa guapía aguia en dorado i al esquerdo á altura del peito, en encarnado, el xugo e as flechas. Fixérase un home de verdá. Daba gusto velo pasearse pola vila lucindo a súa camisa e, por suposto, aquella pistola al cinto, que el bon de D. Salustiano lle dera acompañando a prenda.

Pero lo que máis lle prestaba era condo tían que fer algún, daquello que chamaban, “paseos”. Era el primeiro en apuntarse e acabou por convertirse nun dos máis expertos neste tipo de salidas nocturnas. El señor cura taba mui contento coel sou labor. “Nunca pensei que chegases a ser un home de verdá, como lo que és. El tou valor hónrate. De ti tían que tomar exemplo outros e mellor nos íría”, acostumaba dicirlle e así de paso darlle ánimos.

Úa noite desas que non tocou “paseo”, despós de tar na tasca bebendo a papo chen, copa tras copa del licor de bagazo que tanto lle gustaba, al tempo que observaba como os camaradas xugaban a partida (él de xugar nada, probe, non daba máis), púxose camín del molín, pra botarlle úa mao al sou padre, que lle aguardaba úa grande molenda pral señor alcalde.

Iba chegando al destino, condo de repente e por sorpresa, notou como algo lle empezaba a oprimir el gorgoleiro, al tempo que lo iba erguendo hacia arriba. Pensou en La Ascensión da Virxen, da que tanto falaba D. Salustiano, e imaxinouse que era él, el chamado polo Noso Señor. Foron solo us segundos. Logo, nada.

Al día seguinte el sou padre, que xa andaba preocupado por non presentarse á noitía, salíu na súa procura e atopoulo colgado del castañeiro da tía Ambrosia, un dos más vellos del souto. Fora cousa dos del monte que lla tían xurada.

Non houbo en muito tempo enterro tan fastuoso na vila; daría pra outra historia. Al final foi metido nel nicho envolto na bandeira nacional e con todos os honores, como correspondía a un caído por Dios e pola Patria.

Hoi na súa sepultura, inda podemos ler, xunto coel xugo e as flechas lo seguinte:

Aquí reposan los restos mortales de Laureanín Ramírez, muerto por Dios, España y La Falange, a manos de los enemigos de la Patria.”

Jesús María Trashorras

Comparte

1 comentario en “Compartimos”

  1. Pingback: Abrindo portas nel Día das Letras Galegas – axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *