Por Toño núñez
Un castelo en perigo
Xa hai un tempo, nel xornal dixital de ámbito galego Praza.gal (conocido anteriormente como Praza Pública) el profesor e escritor -natural de Navia de Suarna- Toño Núñez publicou un artigo sobre el “sou” castelo:
“No medio e medio da vila da Proba de Navia de Suarna, temos un castelo medieval boquexando”.
En Axuntar fémonos eco desta noticia porque, como Asociación cultural que somos, nos preocupa el patrimonio, non sólo el noso, senón cualquera que tea en perigo ou se vexa afectado por el esqueicimento. E neste caso, ademais de ser un acervo universal, trátase dun patrimonio que a nosoutros, asturianos e asturianas que vivimos nas beiras del mesmo río (que compartimos augas, lingua, cultura e abandono), nos toca mui de cerca:
“O castelo ta a piques de virse abaixo, co risco que tal desastre suporía para as persoas e para as casas próximas. Se isto acontecese, non só perderiamos a xoia que en si representa este ben; perderiamos, tamén, a nosa memoria e a nosa dignidade”.
El autor explícanos onde ta ese castelo, en qué condiciois se atopa e tamén fala da variedá lingüística que tein na súa zona -notaredes as enormes coincidendias coa nosa variedá dialectal-. De feito el artigo, “por expreso desexo do seu autor, publícase na variante dialectal extremo oriental do galego”:
“Seguramente, fóra da provincia de Lugo, e aínda nela, haberá moitas galegas e galegos que non nos coñezan. Situémonos, pois. Falo de Navia de Suarna (Os Ancares, Lugo). Eilí, no estremeiro, onde as terras de Galicia se dan a mau coas veciñas e amigas terras de Asturias e de León. Onde ós angazos lles chamamos runqueiros; á machada, brosa; ás maceiras, pumares; ás cereixas, zreixas; ós roxóns, turrullois; ós cans, cais; ós becerros, xatos; ás merlas, cochosas; ós escánceres, esgónzaros; ás troitas, truitas, ou trutias; ós pantalóns, pantalois; ós irmáns, irmaus; e á nai, mai”.
Comenta tamén outras muitas cousas que nos son comuis e que nos preocupan, porque tamén a nosa zona é vítima del olvido, del desleixo e necesitaría de maos que a protexan, que a cuiden e que saquen todo el sou potencial a flote:
“Se realmente houbese unha visión de país, a Xunta de Galicia debería saber que o rural é imprescindible para garantir o futuro; porque as cidades tán colapsadas e deshumanizadas e faise necesario un reequilibrio da poboación. Si, cumpriría ser minimamente coherentes cos textos que se deseñan para as campañas publicitarias como aquela de “O rural importa”.
Cumpriría coñecer o país e saber que en Navia de Suarna (Os Ancares, Lugo) existe un castelo en maus privadas a piques de caer derrotado por falta de entendemento e de posibilidades económicas da masa hereditaria propietaria do ben. Debería saber que é o momento de mercar esta fortaleza e de darlle unha nova vida e unha nova funcionalidade, acorde ós tempos que corren.Por outra parte, o investimento tampouco sería tan elevado; é cuestión de vontade e de darlle prioridade a aquilo que é máis urxente, necesario e razoable. Aínda que o feudalismo chegou nestas terras ata ben entrado o século XX, hoxe, a estas alturas do século XXI, é o momento de mirar cara a adiante con intelixencia.
Da mesma maneira que se lle mercou o castelo de Pambre (Palas de Rei, Lugo) á congregación relixiosa que ol posuía e se fixo eilí unha mui interesante restauración –todo o meu recoñecemento e toda a miña gabanza neste caso-, en Navia tamén chegou o momento de actuar. Agora ou nunca!
Certamente, muito delouzo co noso castelo… Si, porque vexo nel, despois diso: de mercalo e de sometelo a unha reforma integral, un enorme potencial. Esta fortaleza, empoleirada nunha espectacular atalaia rochosa de lousa, que no seu día seguramente foi ergueita para asegurar a recadación do pontazgo que terían que aboar as xentes que entraban na vila pola ponte medieval, preside a praza do Chau da Torrre e ocupa un solar enorme. Onde estaría mellor a nosa Casa do Concello e non enriba dunha canle fluvial? Onde mellor un Museo Etnográfico dos Ancares? Onde mellor unha sala multiusos para exposiois e celebraciois de actividades sociais e culturais? Onde mellor unha biblioteca pública? É tanto pedir por parte dunha vila que leva anos, décadas, pouco menos ca abandonada? Sería unha gran obra para Navia, pero, á vez, sería unha gran obra para Galicia enteira; porque visto dende unha perspectiva colectiva, este Concello ten muito que recibir; mais, tamén, muito que ofrecer”.
Respecto al resto de castelos e torres que se conservan na zona dos Ancares: “o seu estado é moi malo. Só se salva o de Doiras, en Cervantes”, como explica el historiador Xabier Moure. “Outras fortalezas emblemáticas da comarca como a da Vilameixe (Baralla), Dumia e Quindous (Cervantes), A Pobra de Navia (Navia de Suarna), Doncos e Torés (As Nogais), ou a Casa-torre de Veiga de Forcas (Pedrafita do Cebreiro) atópanse en ruína ou semirruína”.
Toño Núñez remata cun desexo co que non podemos tar máis de acordo:
“Xa que logo, naviegas e naviegos, amigas e amigos de Navia, maus á obra. Tomemos conciencia do que temos, poñámolo en valor e reivindiquemos, con amabilidade e teimosía, o dereito a seguir vivos como comunidade e a manter con vida e funcionalidade o noso torrón e o noso patrimonio. Nosoutros seremos os primeiros beneficiados, mais, ao mesmo tempo, Galicia enteira sentirá orgullo deste noso e seu Concello que leva por nome Navia, nome que lle pediu prestado á deusa das augas e dos rius; nome de moda, que muitas familias galegas escollen, dun tempín para acó, para nomearen as súas fillas”.
Que a deusa das augas llo conceda e de paso tamén conceda á nosa terra, bañada por esas mismas augas, lo que lle é de sou e lo que lle é de xusticia.
***
A día de hoxe, us anos despois…, el castelo segue boquexando…
Aínda el 16-2-24, María Guntín escribe un artigo en La Voz de Galicia con este titular: El Castillo de Navia, una insignia de Os Ancares que agoniza: «Debe pasar a mans públicas ou caerá»
Bó artigo sobre un tema moiw descoñecido. Parabéns
Muitas gracias, Xosé Manuel.