Anttón Kazabon

Anttón Kazabon (Oiartzun, Gipuzkoa, 1954) foi durante cuarenta anos profesor na ikastola Haurtzaro de Oiartzun. Tamén foi director, fundador e profesor da Bertso Eskola local na década dos 80. Ten publicados máis de un cento de libros, a maioría delos de literatura infantil e xuvenil.
Dende hai dez anos en Oiartzun homenaxean a Kontxa Murguía y Egaña, natural de Oiartzun, mai de Manuel M. Murguía, el que foi el primeiro presidente da Real Academia Galega, marido da poeta galega Rosalía de Castro, e que utilizou por primeira vez a denominación galego asturiano pra referirse al galego que se fala en Asturias.
Neste lugar, xa en 2019, el profesor Xosé Estévez leu un Poema en galego de Asturias -na versión orixinal del autor- e Anttón Kazabon leulo na traducción al euskera (feita por Txerra Rodríguez). El Poema era el titulado “Á nosa fala”, de Quique Roxíos. Podedes escuitarlo aquí: https://youtu.be/D3NPd_VCqJ8

Fotografía de Begoña Martín Acero
NOS MEUS ADENTROS

Dixéronme que se podía vivir sen madre,
e era verdade.
Pero tuven que deprender
que al volver al fogar
non podía contar a naide o que debía contar á mía madre.
Que impotencia, Que desespero, Que baleiro !!!
Guardaba nos meus adentros lo que non podía contar á mía madre.
Nel meu interior meditábalo
pra que a mía madre permanecera nos meus adentros.
Pero non foi doado,
porque nel espello dos meus adentros
non podía escuitar as agarimosas verbas da mía madre,
non podía ollar el sou doce sonriso,
non podía sentir os latexos del sou corazón.
Sí,
podía vivir sen madre,
pero de xeito diferente,
solo nos meus adentros,
porque ei xamais morreu,
porque ei vive pra sempre.
Máis tarde tamén me dixeron que podía vivir sen padre.
E era verdade.
Pero tuven que deprender
que al volver al fogar
non podía contar a naide lo que tía que contar a meu padre.
Que impotencia, Que desespero, Que baleiro !!!
Gardaba nos meus adentros lo que non podía contar a meu padre.
Nel meu interior meditábalo
pra que el meu padre permanecera nos meus adentros.
Pero non foi doado
porque nel espello dos meus adentros
non podía escuitar as verbas titoras del meu padre,
non podía ollar el sou sonriso cómplice,
non podía sentir os latexos del sou corazón.
Sí,
podía vivir sen padre,
pero de xeito diferente,
solo nos meus adentros,
porque ei xamais morreu,
porque ei vive pra sempre.
Porque ei viven pra sempre,
solo nos meus adentros, nos meus adentros solo,
vivos el meu padre e a mía madre,
nos meus adentros.


Así é en euskera:

Soilik nire baitan nire baitan soilik
aita eta ama bizirik
nire baitan.
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *