Adrián Barbón nega el galego

Nota de Prensa de Axuntar (21/09/2023)

El Presidente del Principado de Asturias, Adrián Barbón, nega el idioma galego de Asturias

Adrian Barbón, núa mensaxe publicada el 20/09/2023 na rede social antes chamada Twitter -Agora X- permítese afirmar que “En Asturias no se habla gallego. Se habla fala eonaviega  (…)”.

Pronunciándose así publicamente,  el Presidente del Principado de Asturias pretende negar el consenso científico comunmente admitido -recollido, entre outros, nos importantes traballos da Universidá de Uviéu- e a tradición dialectolóxica, e non duda en ignorar –féndolo, lo que é máis grave, dende a representación institucional que ostenta–  el Glotónimo (“gallego-asturiano”) que é el que figura na vixente Lei 1/1998 de 23 de marzo, de Uso e Promoción del bable/asturiano. Deste xeito, ta evitando usar el nome legal que el idioma ten según esa disposición legal aprobada por el noso parlamento autonómico, a Xunta Xeneral del Principado.

A continuación, el Presidente permítese tratar a lingua  propia de parte dos asturianos como úa simpática fala local que lle “da gusto” ouguir e que utilizamos ”con naturalidá”, fendo uso dun argumento paternalista e folclórico que ta completamente fóra de lugar.

Esqueice el Presidente que el noso galego carece de   presencia institucional EN ASTURIAS, e por suposto de oficialidá; que ta núa situación  vergonzosa de falta de rigor na escolarización; que é inexistente a  súa presencia mediática; que é tratado neglixentemente, descuidando a súa dignidá idiomática… que é denominado a voluntá, cos máis variados glotónimos, con tal de evitar a palabra galego/gallego, con lo que prexuiciosamente se estigmatiza el propio Glotónimo e se cuestiona insidiosamente a asturianidá dos e das falantes que non digan amén ás políticas negacionistas.

As palabras de Barbón son un maltrato cultural e un canto á intolerancia, mostrando ousadamente un  terraplanismo cultural insólito a estas alturas del siglo XXI nun representante político que se supón progresista.

Este xoves 21/09/2023, en Madrid, os deputados e deputadas  acaban de dar el visto bon á reforma del regulamento del Congreso que vai reparar úa anomalía histórica, profundizando na dignificación de todos os idiomas de España al permitir que os representantes de cada territorio del Estado se expresen na lingua das persoas que lles votaron: que a pluralidá lingüística que viven nel sou día a día millois de ciudadanos e ciudadanas españolas poda reflexarse nel sou Parlamento.

El noso galego pónnos nel mundo e visibiliza a nosa Comarca del Eo-Navia, e con ela a Asturias, dentro de España, gracias a ser depositarios dun dos idiomas xa oficiales nel Estado. Lo certo é que partir de agora, cada vez que un parlamentario/a del PSOE , de SUMAR, del BNG, e mesmo del PP, usen el galego (porque lo fairán) tarán usando  un dos idiomas propios de Asturias.

Chamamos al noso Presidente a que abandone el terraplanismo e deixe  as campañas negacionistas, porque mentras dende a sede del goberno político de Uviéu se sigan  criterios identitarios, fanatismos e demagoxia, non avanzaremos como sociedá.

Dende  Axuntar damos a benvida aos aires novos que chegan da capital política del Estado e de Europa, e devecemos por que esa modernidá e ese compromiso cos idiomas propios de Asturias  cheguen tamén á nosa Comunidá Autónoma.

Xunta Directiva  de Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *