A lingua materna

A lingua materna

Chámaselle lingua materna á primeira que úa persoa aprende a falar.

Al nacer, el feito de chegar al mundo é traumático, pero ese trauma atenúase gracias entre outras cousas á presencia tranquilizadora da voz humana. Pasado algún tempo, a criatura empeza a mostrarse fascinada ante as palabras que se lle dedican, fascinación que continúa durante os primeiros anos, nos que se vai mergullando na lingua da comunidá na que vive, conectando coas persoas de distintas xeneraciois que ten al redor.

A comunicación coa madre e/ou con outras persoas adultas significativas pral bebé permite a construcción dun vínculo afectivo sólido (el apego) que lle transmite seguridá e aceptación, axudándolle  a adquirir autonomía  e animándolo a expresarse e tamén a explorar e descubrir el sou mundo. Neste sentido, a estimulación lingüística que recibe úa criatura e a enseñanza da lingua materna van ter un impacto grande nel plano socioemocional.

A importancia de conservar a lingua materna

Cada lingua tá asociada a un xeito de ver el mundo, de interpretar a conducta humana e as emociois: a úa cultura, en suma. 

Por exemplo, nel idioma cheroqui non hai palabra pra despedirse. Dícese unicamente “volvereite a ver”. Tampouco existe término ningún pra decir “síntolo”. Pero tein expresiois das que carecen outras linguas, que lles sirven pra denotar emociois mui específicas. Así, a palabra “oo-kah-huh-sdee” representa a dulce sensación que nos produce el ver un cachorro ou un gatín pequeno.

Por outra parte, cada lingua contén un corpo acumulado de conocementos, que según os casos pode abarcar campos tan variados como astronomía, botánica, navegación, meteoroloxía, zooloxía, xeografía, matemáticas e muito máis.

Hai pois un depósito de sabiduría asociado a cada idioma. Pero actualmente 10 linguas engloban casi á mitá da población mundial. Solo el 57% dos idiomas del mundo tein agora mismo abondos falantes pra que poda considerarse asegurada a súa supervivencia, mentras que se estima que hai us 2500 que tan en peligro de desaparecer. Un dato importante é que aproximadamente 2/3 das linguas permanecen na oralidá, non se rexistran por escrito, de xeito que non contan cun Corpus literario nin úa normativa gramatical, lo que acentúa a amenaza que pesa sobre a supervivencia de muitas delas.

A desaparición acelerada de linguas maternas débese a varios motivos:

  • Con frecuencia, esas linguas son minoritarias ou convertíronse en linguas minorizadas debido a factores económicos, a imposiciois políticas, ocupaciois militares, desplazamentos de población por razois climáticas ou bélicas…
  • Outra causa significativa é el rechazo da lingua materna por parte dos sous propios falantes, que non dan continuidá á transmisión familiar e interxeneracional por medo a ser excluidos, ridiculizados, apartados, ou simplemente perder oportunidades por causa da súa lingua e as súas tradiciois.

  • Utilizándola (en primeiro lugar,  na casa, pero tamén nel ámbito público).
  • Aprendendo sobre a súa orixe e recopilando información, tanto oral como escrita.
  • Traducindo textos de outras linguas  á lingua materna.
  • Promovendo el sou uso nas novas tecnoloxías, en particular dándolle presencia nas redes sociales.
  • Acolléndose á opción de facerse NEOFALANTE.

Vexamos en qué consiste el Neofalantismo:

Un comportamento mui significativo que se vén observando desde finales del siglo XX en diversos territorios de Europa onde existen linguas minorizadas é el das persoas neofalantes: aquelas que nun determinado momento da vida deciden mudar desde a súa primeira lingua cara a úa Lingua minorizada que quixeran ter recibido como lingua materna ou que elixen por outras circunstancias. Esta muda, que representa un compromiso que vai máis aló del simple plurilingüismo, pode ser relevante prá pervivencia de algúas linguas especialmente amenazadas debido á escasa presencia de falantes tradicionales ou á falta de protección efectiva por parte dos poderes públicos.

A decisión de facerse neofalante implica pasar da primeira lingua de uso a úa segunda Lingua minorizada, ben seña pra expresarse solo ou predominantemente nela, ou pra utilizala en determinados espacios. Neste sentido, tense constatado que hai entornos ou momentos de cambio persoal que resultan máis propicios prá adopción del Neofalantismo (chegada á universidá, relación nel ambiente de traballo, uso de redes sociales…).

Detrás desa decisión pode haber distintas motivaciois:

  • Pode responder á voluntá de preservar úa herencia cultural que se ve abandonada, amenazada ou despreciada. Úa política lingüística existente nominalmente pero desatenta con úa Lingua minorizada pode xenerar nun sector da comunidá este compromiso individual pra evitar a desaparición dúa lingua que, anque  non se recibira nel sou momento como materna, é considerada como propia e valiosa. Trátase, pois, dun intento de revitalización e visibilización da lingua coa aspiración de ter un efecto dinamizador.
  • Nun sentido distinto, tamén pode tar influida por úa política lingüística normalizadora que, entre outras medidas, anime e fomente a existencia de neofalantes.
  • Incluso pode obedecer á voluntá de incorporar al uso habitual úa nova lingua coa expectativa de mellorar a propia inserción social (caso de persoas inmigrantes) ou de ampliar as perspectivas laborales (caso de linguas próximas a outras que contan cúa implantación mui extensa a nivel internacional, como pasa coel galego e a lusofonía).

En cualquera caso, a presencia de persoas neofalantes activas axuda a visibilizar a Lingua minorizada, reforza a súa deseabilidá social e supón un contrapeso que pode inducir cambios nel tratamento que recibe desde as Administraciois públicas, os medios de comunicación e as instituciois.

2. EL DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Celébrase desde el ano 2000. Foi instituido por a UNESCO pra chamar a atención sobre a importancia de preservar a diversidá cultural e lingüística frente á alarmante e acelerada desaparición de linguas a nivel mundial.  Neste sentido, a UNESCO recomenda especialmente que a educación basada na lingua materna empece xa nos primeiros anos de escolarización, por ser a primeria infancia a etapa clave del sou aprendizaxe.

https://es.unesco.org/commemorations/motherlanguageday

A lingua materna na literatura

Guapos poemas e textos de diversos autores que escribiron deste tema, que esperamos que vos gusten. E se daquén quere aportar algún outro texto sobre a lingua materna, será ben recibido. Xa sabedes: axuntar@asociacion.eu

El que sigue a continuación é un testimonio recollido en “La niña que creó las estrellas: relatos orales de los bosquimanos |xam” (Editorial Lengua de Trapo, 2004). Nel preséntase úa selección de mitos e tradiciois dos bosquimanos |xam de África del Sur. Cóntase igualmente cómo entre 1870 e 1884, úa familia europea e dúas familias bosquimanas xuntaron esforzos pra salvar todo lo que puideron úa lingua e úa cultura que poucas décadas despois acabarían sendo arrasadas por os colonizadores. Bleek (de orixen alemán) e a súa familia transcribiron a mao, inventando todo un sistema de escritura, lo que lles contaban os sous informantes, convictos bosquimanos levados a Ciudá del Cabo pra facer traballos forzados.

¿Cómo te chamas?

Cuál é el tou nome |xam? Cómo te chamas? Dime el tou nome |xam, pra que poda ouguir cómo sona. ¿Cuál é el tou nome, el tou nome |xam? Dimo, porque me gustaría escuitar el tou nome, el sonido del tou nome.Non me contes nada. Simplemente, fálame en |xam, pra que poda ouguirche falar en |xam. Parece que me tas contando úa historia. A terra de onde veis, cómo se chama? Dime de onde veis; a túa xente, onde tá? Dime onde viven os tous. Pronuncia pra min el lugar onde vives, el sou nome, porque creo que ouguirei el lugar nel que vives.” (Narrado por Diä!kwain, recollido durante a visita a úa indígena |xam núa prisión de África del Sur en 1875).

Según palabras del traductor: “El dos bosquimanos foi un exterminio planificado: a acción dos comandos foi atroz e chegou a plantearse como batidas de caza. Eran considerados úa plaga e matábanlos como a animales. Condo en 1985 a arqueóloga surafricana Janette Deacon visitou a rexión dos |xam, nel Alto Karoo, encontrou unicamente úa persoa que aínda soubera algúas palabras en |xam, e eran: ‘Ei vein os bóers, escapemos’. Paréceme necesario recordar ese xenocidio. Os relatos dos |xam son un baluarte contra el esqueicemento”.

(Entrevista al traductor, J. M. de Prada Samper)

Á NOSA FALA
Tan esqueicéndoseme as palabras
de non usallas,
de non pensallas.
Tan esqueicéndoseme as palabras
de non acariñallas,
de non chuchallas.
Condo las necesito
intento remexer
nalgúa carpeta del disco duro del meu cerebro.
Sei que tan ei.
Sei que taban ei.
Seguramente enfurruñadas,
dolidas,
rancorosas
del sou abandono.
Ellas nunca me deixaron por propia voluntá.
Sempre argutes
pra cumprir el sou cometido.
Pero eu
castigueilas de cara á parede
cos brazos en cruz,
aguantado us llibros
nos que nin siquera aparecían.

Quique Roxíos
CORTAR/ COLLEITAR
Úa eixada que intenta fender a terra:
Párase
Reices de gancela que refugan ser cortadas
nin por a ferramenta máis afilada.
Reices que conectan a gaélicos e a lowlanders,
a pictos e a vikingos, todos
mesturados nel fondo da turbeira;
a pisada de cada paso dado nel páramo
a música de cada lingua que el vento trouxo a vela,
el calor de cada corazón que se asomou a través da historia
e descubriu alí el sou propio país.
Que vai ardendo.

Anne Frater (poeta escocesa de lingua gaélica).
ANAHORISH[1]
El meu “lugar de aguas claras” [2]
primeira pruída del mundo
onde as fontes bañaban
el herba relucente,
escurecendo el empedrado
de chapacuña del camín.
Anahorish, suave pendiente
de consonantes, pradeira de vocales,
imaxen retida de linternas
bailando nas corradas nas tardes de inverno.
Con caldeiros e carretois
os pobladores de castros
móvense coa nebla asta a cintura
pra romper el xelo fino
dos pozos e dos montois de cuito.

Seamus Heaney (poeta irlandés de lingua inglesa) 
INVOCACIÓN
Devólveme a mía lingua,
déixame falar na lingua que me enseñache.
Direi as grandes mentiras nel tou honor,
chufándote sen nombrarte,
obedecendo as leises da escuridá e da métrica.
Solo déixame falar na mía lingua
en alabanza túa, silencio dos vales,
ribeira norte dos ríos,
terceira cara avesía,
baleiro!
Déixame falar na lingua materna
e cantarei tan forte que
as recén casadas e as vellas
bailarán al son del meu canto
e as ovellas pararán de pacer e as
máquinas xuntaránse pra oguir
en ciudades silenciosas
como un círculo de pedras erguidas:
Ouh, déixame tumbar as paredes cantando, Madre!

Ursula K. Le Guin 
SOÑO

Nun puñado de terra
enterrei todos os acentos
da mía lingua materna.
Alí quedaron
como agullas de pino
reunidas por as fornigas.
Pode que algún día el choro
atatexado
de outro vagabundo
las incendie
entonces calente e consolado
ouguirá toda a noite
a verdá como úa nana.

[1] É el nome (en gaélico irlandés) da primeira escola á que foi el poeta.
[2] É a súa traducción.

John Berger 
Teño acento

condo vou á tenda
e me preguntan se atopei todo lo que me fía falta
e contesto “si”.
Dícenme: “Teis acento!”
Este acento é mía avola cosendo pra os ricos,
esperando que meu avolo volvera de Venezuela.
Condo pido un café largo descafeinado con leite de almendras
e soletreo el meu nome,
dícenme: Teis acento!
Ese acento é mía madre limpiando casas
pra que eu puidera ir a Inglaterra mellorar el meu inglés.
Condo leo un Poema
e as vosas caras cambian tratando de entender
lo que digo e
pensades: Ten acento!
Ese acento son as súas maos entrelazadas tendo conta da fruta
que eu deixarei nel voso cesto, einda baleiro.

Loli Molina Muñoz 

(Este Poema de Sechu Sende, recollido extractado, está dedicado á súa filla Maré nel momento del sou nacemento):

Falarás a nosa lingua (…)

Falarás a nosa lingua
e as túas palabras formarán parte
da naturaleza.
Serán estrelas nos dentes,
fráxiles vermes da luz,
sementes de algo
que inda non conocemos.
Atravesarán el celo del tou paladar
os nomes dos páxaros,
medrarán os nomes dos árboles
na reiz da túa língua
e un día despois da tormenta
salirá das túas palabras
el arco da vella.
E falarás a nosa lingua.
(…)
Recollerás as palabras que abandona algúa xente
nel camín
e axudarás a outra xente a recuperar
as palabras perdidas.
(…)
Falarás a nosa lingua.
Perguntarás qué significan as palabras desconocidas
porque che gustan as aventuras dos dragois,
dos carozos das mazás,
dos volcais en erupción, dos coscos.
(…)
Falarás a nosa lingua
e as túas palabras abrirán
os camíos da vida.

Séchu Sende 

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *