A Academia de la Llingua Asturiana publica úa colección dedicada á enseñanza del galego que se fala en Asturias: Segundas foyas. Cuaderno d´actividades d´eonaviego. Pero a institución utiliza el Glotónimo 1 eonaviego, sen ter por lo menos a deferencia de informar que é galego de Asturias e, por si eso fora pouco, utilizase úa normativa que separa, en lo necesario -pero sobretodo en lo innecesario- a nosa fala galega das normas ortográficas e morfolóxicas del idioma galego acordadas por a Real Academia Galega.
Que as fronteiras lingüísticas non coinciden coas administrativas é de sobras sabido e sucede en muitos idiomas. Por eso a política desta institución (ALla), creada pra cuidar, tutelar e estudiar el idioma asturiano, é desde el empezo, respecto al galego, non sirve engañarse, a de invisibilizar que en Asturias, ademais de asturiano tamén se fala galego e deste xeito traballa sen descanso, con recursos públicos, na xeira de desligar un dos idiomas de Asturias del tronco al que pertenece -el galego-, da súa relevante tradición literaria e das posibilidades de futuro que lle dá ser parte dúa comunidá de falantes máis grande e tamén da lusofonía. Non se acepta pral galego esa falta de coincidencia entre fronteiras administrativas e lingüísticas.
Por suposto van obviar incluso que nesta lexislatura un dos idiomas propios de Asturias poderá utilizarse nel Congreso dos Diputados por ser un dos idiomas declarados oficiales del Estado e, al cabo, llevan trinta anos pretendendo convertir un idioma núa fala local que esmorece nel sou “ámbito territorial.” El traballo da ALla é deslexitimar al noso galego da súa dignidá idiomática. Que tein filólogos? Teinlos. Que estos traballos los fai xente preparada? Fainlos. Pro parece que neste asunto, en Asturias, se queres traballar nel campo del enseño das linguas propias ou na súa normalización lingúística teis que pasar por el aro ou coincidir coa postura ideolóxica e programática imposta. Queda fóra del camín el que non comulga. Non queda outra.
Este libro pra el alumnado de 1° da ESO podería e debería ser úa búa e necesaria ferramenta pró é un paso máis pra desenseñar e propiciar a inmersión nel olvido e na ignorancia dos falantes sobre a realidá idiomática da que son depositarios.
Procúrase efectivamente a ignorancia e el desconocemento dos falantes empadronados na zona, a confusión de tod@s os asturian@os e tamén a dos miles de falantes que viven noutros lugares de Asturias (Uviéu, Xixón, Avilés…) e de paso a dos miles de nativos galegos que se desplazaron a vivir e traballar en Asturias e que atopan nel galego de Asturias un cachín prestoso del mesmo idioma materno que elos aprenderon nas súas casas. Realmente ocúltase e ta mal visto admitir algo que todo el mundo sabe.
Na mía humilde opinión, como me dixo úa amiga veiguense, a razón será a gasolina que acabará movendo el asunto e, fagan lo que fagan, este idioma milenario resitirá, inda que lo mal escriban seguindo a normativa del asturiano ou castellanizándolo e intentado ocultar a súa alma; porque as cousas son reversibles mentras el idioma teña falantes, e saberemos esperar el momento propicio nel que en Asturias os cargos políticos e institucionales decidan abandonar preconceitos e chamen as cousas por el sou nome, e el Glotónimo imposto de eonaviego seña sustituido por el de galego ou galego de Asturias, dándonos permiso aos asturianos que falamos este galego a ser lo que xa somos: asturianos al noso xeito, sen meternos en cuestiois identitarias absurdas e sen tratar a nosa variante lingüística con criterios acientíficos e carentes de futuro.
Considero que non debemos esqueicer que el galego é un patrimonio importante. Pra empezar é úa porta aberta pra dominar a variante lingüistica internacional, el portugués, falado por máis de 200 millois de persoas en América del Sur, 30 millois en África, 15 millois en Europa, 5 millois en América del Norte e 0,33 millois en Asia e Oceanía. Pra seguir, el galego xa é un idioma oficial nel Estado español, en Galicia -incluída Negueira de Muñiz unde tamén falan a variante del Eo-Navia.
Deixar e nosa variante de Asturias sen poder beneficiarse das muitas ventaxas que a pertenza a un dominio lingüístico tan relevante lle dá é simplemente un suicidio ou un sinsentido lingüistico e cultural por non falar de outras cousas como el colonialismo cultural que supón deixar morrer un idioma e, con él, a cultura que articula.
A política da ALla vén sendo neste asunto a dos que chaman menorquín al catalán de Menorca; Ibiense al galego de Ibias; bable de Tineo al asturiano de Tineo; vascongado al euskera; fabla, al aragonés de Aragón; ou Lapao (lengua aragonesa del área oriental) al catalán de úa comarca de Aragón. A Academia de la Llingua asturiana trata el galego como se fose úa variedá lingüística del occidente. Al cabo eonaviego é úa denominación, basada nun circunloquio, nun dar reviravoltas que evitan chamar á lingua galega por este nome.
El desprestixio que acompaña a esas palabras, ás veces ditas con cariño, como son bable ou fala é un feito. Pero claro, a ALla escolle referirse á Llingua asturiana e al eonaviego dun xeito diferente. Al asturiano como el idioma propio de Asturias e al eonaviego como úa modalidá lingüistica dentro del sou ámbito territorial, como a lingua dun gueto dentro de Asturias, úa fala xebrada da poderosa comunida de falantes da que el galego de Asturias é parte. Podemos decir que el eonaviego é el lapau de Asturias. Eso si, a Administración transmite que a súa decisión nos fai máis poderosos, máis asturianos, que vale a pena perder dignidá idiomática a cambio de acabar sendo nada.
Hoi muita xente é consciente que saber idiomas é, ademáis dun dereto lingüistico, un saber que suma e non ocupa lugar. Ese conocemento e algo que pode ser útil pra ganarse a vida; por exemplo, se na empresa que un traballa ten clientes de Galicia, de Portugal ou del Brasil é fácil que un asturiano del Eo-Navia teña xa muito camín andado.. E sinón miren ustedes en que idiomas tan escritas as informaciois de muitos dos productos que compran, por exemplo, nel supermercado… Por algo será.
Somos e seremos asturianos al noso xeito.
Enrique González Álvarez
Glotónimo:
1 Palabra que provén dos étimos gregos GLOTTA (“lingua”) e ONOMA (nome) e é el nome que se lle dá a úa lingua. Ás veces se fala de autoglotónimo -ou endónimo- como a denominación que os falantes dan á súa propia lingua; e heteroglotónimo -ou exónimo-, como el nome que os estranxeiros dan á lingua dun determinado grupo humano.