Un libro de versos pra nenas e nenos

Paxarín de papo amarelo é un libro de poemas que nos regala Xoán Babarro (que podedes ler completo pinchando nel título e tamén escoitar algún Poema recitado por Edita Nogueira pinchando nel altavoz).

El paxarín de papo amarelo é el nome que se lle dá al paporrubio, paporroibo, papo colorado, papo rubio, ferreirín… na nosa zona (petirrojo en castelán), un paxarín que ten os ollos e el pico negros e un tono avermellado nel peito. El sou nome científico é ERITHACUS RUBECULA (diminutivo de RUBEUS, rubio, colorado).

E que nos conta Xoán Babarro neste librín de 60 páxinas?

Erguerse

Levántase á alba
con chifros e chelos
e esperta cos chirlos
durmidos paxelos,
decora con soles
toxeiros… –imperios–
e vén a contarche
noticias…, misterios...

–E a ti quen cho dixo?  
–Papín Amarelo.
–Que máis che contou?
–Se les este libro, xa podes sabelo.

Entre outras cousas descríbenos un chucho; fala da curuxa “que fai as compras on line desde as alturas”; del magosto de Rato Pérez; del Pirata Pésigo que “aló por Trelles mercou un campo…”; das folerpas que son “asteriscos nas altas cimas”; da lingua materna: “Materna, paterna, /filial, fraternal… /A nosa lingua /é fenomenal!“; de tres poetas da terra: “Calvín trobaba en Pardiñas,/Antolín en Piantón,/Benxamín daba sentido/ás linfas de Miñagón”; del xogo da oca: “De Navia a Navia,/tiro, porque me sobra labia”; das amoras maduras que son caramelos; das App das nubes…

Que gran libro de poemas pra seren lidos nas escolas del Eo-Navia e aprender topónimos, lendas, autores, contos, palabras e historias!

Paxarín de papo amarelo bordado en cartulina por Begoña Martín

Aquí ta el libro completo, bordado.

É tan bonito que merecía algo que lle dese color e vida.

Oxalá lle guste al autor! E a todas as persoas que entredes na nosa web.

Comparte

4 comentarios en “Un libro de versos pra nenas e nenos”

  1. Noraboa.
    Unha pequena xoia pra levar ás inexistentes aulas infantiles onde deberían poder re-linguarse os nosos pequenaxos, hoi des-linguados porque ese forno escolar, vaiche boa, non ta pra bolos patrimoniales. Hai que enfornar de novo.

Responder a Suso Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *