Reunión de Axuntar con Antón García

Nel día de hoxe Axuntar mantuvo úa reunión con Antón García, Director Xeral de Política Lingüística del Principado de Asturias, al que lle entregamos as nosas propostas e recabamos información da posición da Administración ante a reforma estatutaria.

AXUNTAR é úa asociación constituida na comarca asturiana del Eo-Navia  coel obxeto de dar voz e representar  en pé de igualdá os deretos  lingüísticos dos falantes del idioma galego de Asturias como lingua propia de Asturias que é.

Deste xeito, ante a tramitación da reforma estatutaria que vai impricar a oficialidá dos idiomas propios de Asturias, el galego e el asturiano, fixemos  constar que ante el feito evidente e cada vez menos discutido, salvo por posiciois fanatizadas de orde identitario, de que en Asturias se fala úa variedá dialectal del idioma galego, propoñemos que é el momento de comenzar úa nova política que abandone el tratamento desta lingua propia de Asturias como fala menor e se empece un verdadeiro proceso de normalización que harmonice lo que sempre foi el idioma coas posibilidades de entrar na modernidá e actualizarse. Esto, evidentemente, imprica un tratamento como lo que é, el idioma galego propio de Asturias e del territorio Eo-Navia.

Temos que manifestar que salimos satisfeitos del encontro. Expresámoslle al Director Xeral de Política Lingüística que defendemos el feito indiscutible de que en Asturias tan idioma propio é el galego como el asturiano, e tamén a nosa preocupación por conseguir que nel texto del estatuto, e nel sou posterior desenvolvemento lexislativo a lingua da comarca asturiana del Eo-Navia, pero tamén a de muitos/as asturianos que viven noutras zonas del Principado, reciba el tratamento digno que lle corresponde.

En representación de Axuntar acudiron:

Moisés Cima Fernández, Presidente de Axuntar, Mediador Comunicativo na Lingua de Signos de profesión e natural de Uviéu pro criado en Orbaelle, Mouguías (Coaña). Poeta en asturiano (Premio Fernán Coronas, 2015) e tamén escritor en galego de Asturias con colaboraciois en revistas como Trabatel, Suplemento literario de El Comecio e varias participaciois en publicaciois galaico-Lusas.

Natalia Jardón Pérez, natural de Boal, Máster en Lingüística Teórica y Experimental pola Universidá del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) e investigadora predoctoral na Universidá de Tromso ( UiT) The Arctic University of Norway.

Ramiro Xavier Barcia López, natural de Eilao, Doctor pola Universidá de Uviéu coa tese “El gallego-asturiano desde los trabajos de campo de Dámaso Alonso hasta la actualidad,”, 2016.

Enrique González Alvárez, natural de Boal, Licenciado en Dereito pola Universidá de Uviéu, e poeta en galego que firma baxo el pseudónimo de Quique Roxíos. I Premio poesía G. Teijeiro de As Figueiras, Castropol, Premio XVII Anduriña Voandeira de Euskadi, 2017, Premio V Certame Vilariñas 2021. Participacipou en varias obras colectivas galaico-lusas. Poemas sous foron lidos en Oiartzun, Gipuzkoa nos actos que cada ano se fain en homenaxe Kontxa Murguía.

Propostas de Axuntar prá Normalización lingüística del galego de Asturias

Por parte da Administración ha utilizarse el termo galego de Asturias, xa que este designa mellor a filiación del idioma, e con ela consíguese evitar úa interpretación del mesmo como “fala de transición”.

A dignificación del idioma requer a normalización del mesmo e eso é algo que non se pode conseguir sen superar os estigmas que sufren os propios falantes aos que, mediante as políticas desenvolvidas durante os últimos 30 anos, se intentou convencer de que non falan úa variedá del galego senón úa fala de transición. Os estudios recentes da Universidá de Uviéu e a tradición dialectolóxica non deixan sito prás dudas, e esconder a verdá leva namais al abandono da lingua como algo que se percibe problemático e non compatible coa identidá asturiana. Se el Goberno non actúa contra el prexuicio, lo que fai é alimentalo e condenar al idioma a separarse del sou tronco lingüístico, collendo un camín que acentúa el proceso de Sustitución lingüística.

Creación dúa institución dedicada al estudio, protección e promoción del galego de Asturias, independente e coel mesmo nivel orgánico que a Academia de la Llingua Asturiana no referente al idioma galego de Asturias.

Esixencia de que as persoas que ocupen cargos relacionados coel galego de Asturias acrediten conocemento del idioma, tanto nos mesmos órganos como nel Consello Consultivo das Linguas de Asturias (a Secretaría Lingüística del Navia-Eo estuvo e aínda está ocupada por persoas que non falan el idioma, daqué insostenible dafeito).

Creación dun servicio de Normalización lingüística praos concellos de idioma galego de Asturias.

El Centro de Estudios ou Academia del Galego de Asturias ha aprobar úas normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias novas, con arreglo a criterios científicos e históricos, que han sustituir ás actuales normas promovidas pola Academia de la Llingua Asturiana. As normas actuales gozan dúa oficialidá de feito (que non de iure), e alonxan el galego de Asturias del tronco común galaico-portugués al que pertence. Transitoriamente, han adoptarse as normas publicadas pola MDGA en 1990, que están avaladas por un equipo prestixioso de lingüistas.

Creación, na Comarca Eo-Navia, dun centro educativo del idioma, permitindo a obtención dos certificados acreditativos correspondentes.

Plan de cursos de formación pra funcionarios e empreados públicos que estean en postos de atención al público.

Revisión da toponimia oficial nos concellos del Eo-Navia e elaboración dun plan de traballo concertado coa Universidá de Uviéu prá preservación da toponimia menor.

Presencia dun representante de Axuntar nel Consello Consultivo das Linguas de Asturias.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *