Naceu en Serantes, Tapia (Eo-Navia, Asturias) en 1963, núa familia dedicada á labranza. Economista de formación e funcionaria de profesión, é autora de poemas e relatos en galego de Asturias, entre os que se inclúen os recollidos na plaquette ilustrada +/-Fugaz (2020). É coautora e ilustradora del libro-álbum de relatos Mar de cores (2004). En castellano ten publicada a novela Mientras haya días (2021).
Aquí us microrrelatos acompañados de acuarelas feitas por a propia autora dos textos:
Outro texto breve:
Se queredes escuitalo, na voz de Edita Nogueira Tallón, pinchade nel altavoz.
Busquei a súa boca.
Mergullei nela devecendo, arrastrada por a luz da súa sonrisa.
Fun devorada.
Agora devalo na máis fonda escuridade.
Foto de Paloma García
E aquí podedes ler outro relato, nel que Paloma escribe sobre a señardá das “súas” fontes:
Ás veces teño saudade das fontes.
A fonte de Suaviña. El manantial fluíndo por baxo da cerca del horta. Remansábase calado á beira del prado, nel fondo dúa gruta vertical, pedra sobre pedra. Había que encrequenarse pra encher a botella pouco a pouco, sempre a rentes, pra non turbiar el auga nin molestar ás sapalingresas que vivían alí.
A fonte del Capitán, secreta e caprichosa. Oculta na espesura entre brizas folgueiras, cómplices del sou escuro frescor. El auga esvaraba por riba da roca arregueirando el verdín, agás el pequeno chorro que brotaba, condo quería, del pipelo de madera.
Soño algúas noites coa fonte dos Rocíos, que nacía entre el herba, aberta al nordés. As súas augas avanzaban a xeito por as penas pizarrosas da vaguada pra acabar caendo núa greta, estreita e fonda presa asolagada ás veces por as ondas impetuosas e salgadas dun mar que se espurría asta dar con ela.
Renembro tamén certos pozos. Máis que os de arco, os de caperuzo. Caperuzo de pedra, mandil metido e brocal terciado. Nel medio da porta, as pequenas aberturas circulares, nariz por a que respira el pozo. Xirar a caravilla pra despois asomarse al abismo húmedo e sombrío, silencioso asta que collemos el balde, termamos da corda e lle deixamos ir por a roldana. En segundos, un trallazo sacudirá el auga, aló nel fondo. Énchese el balde, e súbese. Fóra espera a luz toda, e a garrafa que recibirá -de e pra nosoutros- a vital transfusión.
Gustaríame pedirlles perdón por telos esqueicido. Por telos abandonado, derribado, cegado, pechado ou ignorado, humildes fontes e pozos que nos quitaron a sede, nos lavaron, nos refrescaron, nos mantuveron con vida.
Recórdolos agradecida e invoco a Coventina, deusa celta das augas, pra que siga protexendo os nosos manantiales.
Pingback: Temos escritores/as – axuntar.eu
“Gustaríame pedirlles perdón por telos esqueicido. Por telos abandonado, derribado, cegado, pechado ou ignorado, humildes fontes e pozos que nos quitaron a sede, nos lavaron, nos refrescaron, nos mantuveron con vida.”
Que guapa homenaxe.
Pingback: Día del libro – axuntar.eu