Os prexuicios lingüísticos

É mais fácil disolver un átomo que desfer un prexuicio.

Condo se perde úa lingua pérdese todo el saber que lleva incorporado.

Saber idiomas é un valor pero preservar as linguas minoritarias é un deber porque perder a lingua que legaron os antepasados emprobece aos depositarios e convírtelos , como decía el poeta siciliano Ignacio Buttitta “en escravos” condenados a desaparecer.

Lluitar contra os prexuicios require de un traballo de divulgación, de evitar conclusiois anticipadas, de ter empatía, valorar a cultura como enriquecedora, conocer xente diferente, viaxar e, sobretodo, ter a mente aberta a reconocer os propios prexuicios.

Os prexuicios llingüísticos son sentimentos negativos que algúas personas tein sobre úa lingua ou os sous falantes.

El prexuicio sole ir acompañado de desconocemento sobre a existencia de variedades lingüísticas ou incluso da realidá idiomática e provoca rechazo al atoparse con esa variante (incluso condo perteneza al propio idioma) ou coas distintas entonaciois que las acompañan. Esto supón que se tán puendo úas variantes dialectales ou us idiomas por encima de outros.

Aquí nunca se dixo“

É úa das frases máis repetidas. Pensar que un sabe todas as palabras del sou idioma ou que as que aparecen en dicionarios ou son habituales noutras zonas, son palabras extrañas.

A quen se lle ocurriría decir que úa palabra que non conoce e aparece nel Quijote non é úa palabra del castellano?

Non merece a pena invertir na conservación de linguas faladas por mui pouca xente”

Todas e cada úa das linguas sirven pra dar forma a un xeito de ver el mundo. Todas son valiosas e contribúen a enriquecer el Patrimonio cultural da humanidá. Precisamente el feito de que algúas delas señan faladas xa por pouca xente, failas incluso máis estimables e xustifica el esforzo por que sigan vivas e continúen sendo útiles pra poñerlles nome, al sou xeito, ás cousas, ás ideas, sentimentos e soños das persoas que einda las falan e das que chegarán a facelo gracias precisamente a esa dedicación de recursos.

Se nos parece ben evitar a extinción dun animal ou a ruina dun monumento, non nos ha parecer ben evitar a extinción de úa lingua?

Xa sabemos abondo”

Ás veces, os falantes tradicionales refugan el estudio e aprendizaxe da súa lingua materna (minorizada), porque pensan que xa saben abondo. Pero curiosamente non alegan lo mesmo en referencia al castellano, lingua que tamén conocen. Del mismo xeito, aceptan que nel aprendizaxe del castellano exista un Estándar normalizado, patrón que non sempre reflexa el castellano que ellos mismos falan, mentres que condo se trata da propia lingua materna, este tipo de interferencias nel Estándar fai que lo tachen de “artificial” e non lo reconozan como sou.

É como se esixiran que as formas usadas por elos cotidianamente na súa fala local fosen as únicas válidas prá Lingua minorizada, mentras que asumen que lo contrario resulta lóxico e admisible condo se trata da lingua maioritaria (castellano). Este prexuicio tá mui extendido, sendo propio das primeiras etapas dos procesos de Normalización lingüística, e súmase ás outras dificultades que amenazan a supervivencia das linguas minorizadas.

Non somos galegos”

Xuntar idioma con sentimentos de identidá é algo frecuente e tá ligado a conceptos políticos que xuntan el concepto de Estado-nación coa idea de un poblo, un idioma único.

El concepto estado-nación surxe del proceso de construcción del Estado moderno que crea un novo orden social liberal que vei sustituindo as antiguas monarquías feudales.

Pero a utilización desfasada desos conceptos choca con lo que é normal: a diversidá lingüística que existe en muitos países nos que ter varios idiomas oficiales non supón ningún problema.

En España mesmo, son millois os falantes de idiomas propios distintos al castellano e pensar que esos idiomas non son tamén un patrimonio de todos os españoles é un fracaso colectivo.

Reconocer a existencia de asturianos de fala galega é algo imprescindible nel proceso de normalización dos idiomas minorizados de Asturias si é que se quere resolver el dilema da súa protección con rigor e acerto.

En Asturias fer deste tema un problema estigmatiza dun xeito irreal el idioma, pois a fronteira occidental de Asturias ten case mil anos de antigüedásen que exista nel Eo-Navia ningúa aspiración de pertenencia a Galicia. Existe, por el contrario, un forte sentido de pertenencia a Asturias.

A asturianidá desta comarca non pode significar a negación ou terxiversación da súa realidá lingüística. E pasa por asumir con orgullo que a “nosa fala” é úa variante del galego-portugués.

Non é un idioma, son muitas falas e hai que conservalas todas”

Trátase aquí de negar el saber da ciencia lingüística e a necesidá de estándares lingüísticos que permitan al idioma ser rentable e ter oportunidades al hora de entrar nos modelos educativos, na edición de material escolar, literario, audiovisual e todo tipo de recursos.

Negar el Estándar é negar a posibilidá dun proceso de recuperación dos idiomas minorizados sometidos a situaciois de poder asimétrico con outros idiomas.

Todas as comunidades lingüísticas que tuveron voluntá de revitalizar as súas linguas seguiron el camin da estandarización del idioma pra conseguir que el idioma ocupase esos espacios necesarios na familia, na educación, na literatura, na música, nos medios de comunicación, en internet…

Sobrevivir sin Estándar non é posible.

Inda que podan existir subestándares, que facilitan el aprendizaxe aos falantes de certas variantes dialectales, hai que atopar un equilibrio entre lo tradicional e lo moderno, entre continuidá e apertura, entre seguir sendo lo que se foi e a capacidá de adaptación a lo moderno.

Contar cun Estándar lingüístico é un esforzo necesario que úa comunidá lingüística ten que afrontar si tá disposta a seguir creando vida.

EL “Darwinismo lingüístico”

Hai quen afirma que entre as linguas existe un proceso de “selección natural”: prevalecen as máis dotadas e desaparecen aquelas que non tán preparadas pra competir. Pero non hai tal selección natural, porque esta teoría, conocida como “darwinismo lingüístico”, esqueice algo mui importante: el poder.
El latín impúxose porque eran as lexiois as que lo traguían consigo; el inglés é hoi a lingua franca porque ten detrás importantes poderes; el español e el portugués chegaron a América tras a conquista dos colonizadores; el castellano foi introducido en Galicia durante a época dos Séculos Escuros (despós del esplendor da Edá Media) e foi a lingua empregada por os nobles castellanos que se asentaron nesa comunidá, fendo desaparecer el galego dos rexistros oficiales, da literatura…, de xeito que a preservación desta lingua se debe en gran medida al sou uso por as clases populares. Algo parecido pasou en Asturias coel asturleonés, condo el reino de Castela desprazou al de León (S. XIII).
Se valoramos as linguas como un patrimonio mui especial da humanidá, doleranos ver desaparecer aquelas que resultaron desafortunadas nel reparto del poder nel mundo, e trataremos de contribuir -se podemos, e mentras seña posible- á súa supervivencia.

Solo ten sentido el aprendizaxe de linguas importantes, como el inglés”

Tendo como temos úa lingua propia na nosa Comarca, compartida e transmitida desde hai mil anos por úa larga estirpe de falantes, por qué renunciar a ella? Interrumpir esa cadena non deixa de ser úa (ir)responsabilidá… da que tal vez non somos abondo conscientes.

Einda temos cerca muitas persoas que nola poden ensinar; seguramente sabemos máis de lo que pensamos; igual somos “falantes pasivos/as” que temos as preciosas palabras da nosa lingua, tantas veces escuitadas, durmindo nas nosas cabezas e corazois á espera de que las despertemos.

Aprender a nosa lingu é hoi compatible con aprender inglés, mandarín ou cualquera outra das consideradas importantes. Ademais, quén decide cuáles son importantes e por qué? É razonabe dar por sentado lo que escuitamos sempre sobre este asunto?

Temos a gran sorte de que a nosa lingua, el galego de Asturias, forma parte del tronco lingüístico del galego portugués. Eso permítenos úa fácil comunicación con toda a comunidá galego-lusófona. Enriquece as nosas experiencias condo femos turismo, pon al noso alcance a oportunidá de acceder a postos de traballo acolá, amplía as nosas redes sociales, permítenos conocer nel sou formato orixinal literaturas e músicas mui interesantes de países de todos os continentes… E, á inversa, sitúanos tamén nel mundo, permitíndonos compartir e dar a conocer lo noso.

Jesús Tusón (1939-2017)

Profesor de Lingüística Xeneral na Facultá de Filoloxía da Universidá de Barcelona, escribiu as seguintes obras:

Lingüística: una introducción al estudio del lenguaje (1984), Los prejuicios lingüísticos (2003), El luxe del llenguatge (1986), Mal de llengües (1988), L’escriptura (1996), ¿Com és que ens entenem? (1999), Una imatge no val més que mil paraules (2001), Patrimoni Natural (2004), Això és (i no és) Allò (2008), Paraules en la corda fluixa (Tria llibres, 2009).

Sobre as linguas e os prexuicios lingüísticos que contribúen á súa desaparición, Jesús Tusón comenta que -inda confesándose antes optimista que apocalíptico- debe alertar de que: “Si algún día utilizamos una misma lengua empobrecida, el homo sapiens se convertirá en el homo insipidus”.

Podedes ler aquí un interesante artigo del sou libro Los prejuicios lingüísticos, Editorial Octaedro 2003.

E aquí, el libro completo en pdf.

Máis cousas sobre os prexuicios:

Suso F. Acevedo

Se entrades aquí, podedes ler un artigo del blogue “El toupo que fuza”  (https://eltoupoquefuza.blogspot.com/) de Suso F. Acevedo sobre os prexuicios en torno al galego normativo, considerada lingua propia de Galicia e cooficial da comunidá desde a aprobación del Estatuto de Autonomía (1981). En dito Estatuto responsabilízase aos poderes públicos da súa normalización en todos os ámbitos. Na Lei de Normalización lingüística, aprobada por unanimidá el 15 de xunio de 1983 nel Parlamento de Galicia, garantízanse e regúlanse os deretos lingüísticos, especialmente os referidos aos ámbitos da Administración, á educación e aos medios de comunicación.

Juan Carlos Moreno Cabrera

Un referente na crítica da discriminación lingüística é el libro de Juan Carlos Moreno Cabrera, La dignidad e igualdad de las lenguas. Alianza Editorial, 2ª edición, Madrid 2016.

Úa das facetas máis interesantes desta obra é que se trata dun compendio brillantemente razonado e documentado de refutación de afirmaciois  relativas ás linguas, afirmaciois tan extendidas que muitas veces se tein por certas sen máis… inda que non se basan senón en prexuicios, erros ou cuestiois ideolóxicas.

A modo de exemplo, a continuación resaltamos solamente algús dos prexuicios que desmonta el autor, indicando a páxina da 2ª edición da obra na que se poden consultar.

  • Consideraciois sobre a  implantación internacional del idioma inglés: p. 33 e ss.
  • Sobre a suposta existencia de linguas de ciencia e de pensamento (e de outras que non lo son): p. 61 e ss.
  • Sobre as diferencias entre lingua e dialecto: p. 71 e ss.
  • Sobre a suposta necesidá de que exista úa lingua común “dominante” pra poder entenderse: p.91 e ss.
  • Sobre os dialectos. El caso da subordinación del andaluz al Estándar castelán: p. 109 e ss.
  • Sobre el orixen humilde das linguas importantes: p. 231 e ss.
  • Sobre a política lingüística en relación coas linguas en peligro: p. 249 e ss. A esta cuestión dedícalle el autor un capítulo completo, que inclúe (p.257 ) interesantes reflexiois relativas al desprecio e al odio á propia lingua.

PODES CONTARNOS ALGÚN OUTRO PREXUICIO LINGÚÍSTICO? Xa sabes: asociacion@axuntar.eu

Esperamos a túa colaboración!

Comparte

1 comentario en “Os prexuicios lingüísticos”

  1. Pingback: A nosa lingua – axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *