Período de tempo que comprende os tres días antes da cuaresma.
Chámaselle na Asturias de fala galega antroiro, entroiro ou entroido.
Pode referirse a este período de tempo ou solo al martes. Deste xeito un vello dito refire: “Sábado filloleiro, domingo lardeiro,(*)
É úa Festa tradicional con mázcaras, baile, música etc., que se celebra nese período de tempo.
Fíanse nas casas úas búas piladas de cereixolos ou filloas, guardábase pra esas fechas a cabeza del cocho pra comella con patacas, cimois, chourizo, botelo, toucín con febra (domingo lardeiro) e cómese chocolate.
Os nenos enmazcáranse con roupas vellas e van de porta en porta pra que lles den algún llamberete ou cuartos. Os nenos procuraban non falar pra que non se soubese quen eran; pedían xesticulando e os maiores fíanlles de rabiar, preguntándolles si querían cereixolos, si eran de tal familia … pra ver si conseguían que barullasen e dese xeito reconocellos e adivinar de que casa eran.
Tamén se fai un muñeco chen de palla, con cabezas feitas de nabos, pelo de vaca, roupas de farrapos e zapatos vellos, que se queima (queimar el antroiro). Nas aldeas xuntábanse pra queimar os antroiros el martes de antroiro e divertirse rindo e bromiando mentras os nenos rabincaban. Ás veces competían por ver quen llevaba el antroiro máis chamadeiro.
Por referencia, dícese antroiro a úa enchentuada grande e, ás veces, dícese antroiro por daquén que tá mui gordo.
Era úa tradición mui potente na zona del Eo-Navia e inda perviven muitas das tradiciois. Na aldea de Sanzo solen fer os antroiros al estilo antiguo.
Outra tradición importante que pervive é “Mechar el Antroiro”: Decirlle a daquén que che mandadou recordos pra él/ella ou que lo viche, ou que che dixo… Se lo/la engañas e pregunta que a quén viche ou quén che mandou recordos díceslle:
-El antroiro!!!!!!
A burlla intenta devolverse así que todo el mundo anda buscando a mentira coa que poder engañar aos outros e que che pregunten: Quén?
(“) Lardeiro/a. adx. Aplícase a lo que ten grasa ou manteiga. 2. Dícese del domingo, sábado, lluis ou martes de Entroiro, segun distintas zonas del Eo-Navia, condo xa se pode comer carne según a relixión católica.
(**) Lardo. s. m. Parte grasa que ten el toucín.